NOVAS
Agregador de novas
Resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” durante o curso 2024/25
Anuncio principal:
Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Profesorado CentrosResolución do 25 de setembro de 2024 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 11 de marzo de 2024 de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+
Xúntase a Resolución do 25 de setembro de 2024 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 11 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2023/24 (código de procedemento ED322A).
Anuncio principal:
Convocatoria de axudas de mobilidade complementarias Erasmus+ para as ensinanzas artísticas superiores, curso 2023/24Tema:
Bolsas Programas e plans ErasmusEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoRomán Rodríguez dá a benvida a 665 auxiliares de conversa de 24 países dos 5 continentes que traballarán nas aulas galegas este curso
Summary:
O número de auxiliares de conversa alcanza un récord histórico, reforzando o apoio á aprendizaxe de linguas en Galicia
Galicia destina máis de 4,7M€ a esta iniciativa no marco da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingüe 2030
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu hoxe a benvida a 665 auxiliares de conversa de 24 países dos cinco continentes nun acto celebrado na Cidade da Cultura. Este evento serviu como punto de encontro para os novos auxiliares que durante o curso 2024/25 apoiarán a aprendizaxe de inglés, francés, portugués, alemán e chinés nas aulas galegas.
A xornada reuniu a cifra máis alta dos auxiliares de conversa que se incorporan a 511 centros educativos de todo o territorio galego. Isto permite que o 75% dos centros educativos sostidos con fondos públicos poidan desenvolver programas plurilingües en diversas etapas: Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
O representante do Goberno galego, que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, destacou a importancia deste programa plurilingüe, subliñando o impacto que terá a “presenza destes profesionais no sistema educativo, xa que non só colaboran no ensino de linguas estranxeiras, senón que traen consigo unha visión internacional que enriquece o noso alumnado e abre as portas ao mundo”.
Durante a xornada, realízase unha presentación detallada do programa de auxiliares de conversa e varias sesións informativas, nas que se abordaron aspectos prácticos como os trámites de estranxeiría e a vida en Galicia. Estas actividades axudan aos novos auxiliares a adaptarse ao seu novo entorno e ás súas responsabilidades.
De Singapur a BrasilCos 665 auxiliares de conversación, Galicia continúa consolidándose como líder na promoción do plurilingüismo, fortalecendo a educación e abrindo novas portas ao futuro do alumnado galego. Estes profesionais proceden de cinco continentes distintos e dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Canadá, China, Estados Unidos, Filipinas, Francia, Hungría, India, Irlanda, Italia, Lituania, Marrocos, Nova Zelandia, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Singapur e Tunisia.
Liderado en auxiliares de conversa de alto perfilRomán Rodríguez resaltou o compromiso da Xunta coa aprendizaxe de idiomas nos centros educativos galegos. Así, este curso aprobáronse acordos co Ministerio de Educación, a Comisión Fulbright, a Hanban (entidade académica chinesa) e o Instituto Camões de Portugal. Os catro convenios permiten a incorporación de auxiliares de conversa.
De feito, o titular de Educación destacou que a semana pasada asinou o convenio coa Comisión Fulbright, o cal posiciona a Galicia como a comunidade autónoma con maior número de auxiliares estadounidense de alto perfil académico. Este acordo permite que 40 auxiliares impartan nas aulas galegas este curso, unha cifra destacada dentro do conxunto de 184 auxiliares repartidos por todo o Estado.
Aposta decidida polo plurilingüismoA incorporación de auxiliares de conversa no ensino galego inscríbese na Estratexia Edulingüe 2030, que busca consolidar os logros acadados na última década no ensino de linguas estranxeiras. Un dos puntos clave desta estratexia é a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira en centros de educación obrigatoria, modelo iniciado no curso 2010/11. A partir do 2017, este sistema foi ampliado a Infantil, Bacharelato e Formación Profesional, alcanzando os 511 centros plurilingües no curso 2024/25. O éxito destas políticas queda reflectido nos resultados do alumnado galego, que figura entre os mellores de España en nivel de inglés, segundo o ranking internacional EF EPI.
Alta satisfacción e renovación do programaOs auxiliares de conversa non só enriquecen a aprendizaxe das linguas, senón que tamén son valorados como unha ferramenta fundamental para achegar a cultura e realidade dos seus países de orixe ao alumnado galego. Segundo as valoracións das persoas coordinadoras nos centros educativos, o 99% considera moi positivo este apoio. Ademais, o 33% dos auxiliares solicita renovar a súa estadía en Galicia para o seguinte curso. Durante a súa estancia, recibirán unha axuda económica e contarán co apoio dun profesor titor que os guiará nas súas tarefas de apoio á docencia.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta de Galicia e o Concello do Carballiño cooperarán para mellorar os centros educativos a través dun convenio
Summary:
Román Rodríguez pon en valor as actuacións realizadas no municipio, por máis de 2,5 millóns de euros, dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica 2021-2024
Construirase un pavillón e un patio cuberto no CEIP Calvo Sotelo do municipio
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, para analizar as necesidades en materia educativa da localidade ourensá e avanzar nun convenio de colaboración.
O representante da Xunta de Galicia puxo en valor o traballo realizado no municipio do Carballiño nos últimos anos dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica 2021-2024, no que se realizaron obras de mellora por valor de máis de 2,5M€. Concretamente, levouse a cabo a ampliación do IES Manuel Chamoso Lamas, a substitución da cuberta de fibrocemento, a mellora da funcionalidade dos baños para infantil e a substitución da iluminación e colocación do falso teito do CEIP Calvo Sotelo, e a instalación fotovoltaica no IES Nº1. Ademais, durante o verán tamén se acometeron pequenas obras de mellora no colexio Calvo Sotelo e no instituto Nº1.
Durante a reunión, na que tamén estiveron presentes o secretario xeral técnico, Manuel Vila; o tenente de alcalde, José Rafael Castro-Gil, e a concelleira de Educación, Lorena Castro, acordaron a sinatura dun convenio de colaboración para levar a cabo melloras nos centros educativos do concello. “A colaboración entre Administracións é fundamental para acadar mellores servizos”, sinalou Román Rodríguez.
Neste sentido, e a través do futuro convenio entre Xunta e Concello, a Consellería de Educación comprométese a atender novas necesidades dos centros. Entre elas destaca a solicitude do Concello de acometer a obra do peche do pavillón do CEIP Calvo Sotelo, así como a construción de vestiarios, baños e gradas no mesmo recinto e poder abrir, deste xeito, a infraestrutura ao uso público. Ademais, tamén se valorará a posibilidade de facer un patio cuberto no mesmo colexio.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalXunta e Concello de Silleda reúnense para analizar melloras nos centros educativos
Summary:
Román Rodríguez pon en valor as actuacións realizadas no municipio, por case un millón de euros, e compromete melloras no CEIP Plurilingüe de Silleda
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, para valorar diversas actuacións neste municipio de cara a mellora dos centros educativos.
Na reunión, na que tamén estiveron presentes o secretario xeral técnico, Manuel Vila, e a concelleira de Educación, Ángela Troitiño, o representante da Xunta puxo en valor os investimentos realizados no concello de Silleda estes últimos anos e ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica 2021-2024.
Concretamente, realizáronse tres grandes obras por case 1M€. Son melloras sectoriais e cambios de luminarias no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro; melloras da cuberta, falsos teitos e aseos no CEIP Ramón de Valenzuela, e obras de reforma de aseos, substitución de cubertas e ampliación da aula de música no CEIP Plurilingüe de Silleda. Ademais, este verán a Consellería de Educación tamén acometeu pequenas obras de mellora no Instituto Pintor Colmeiro.
Tal e como foi comprometido xa con anterioridade coa comunidade educativa realizaranse melloras nos centros educativos do municipio. Entre elas destacan varias actuacións no CEIP Plurilingüe de Silleda, onde se cambiarán as fiestras para a mellora da eficiencia enerxética e se analizarán as posibilidades de facer un patio cuberto en colaboración coa Administración local. Así mesmo, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP tamén valorará a posibilidade de ceder unha parte do patio do centro educativo para mellorar as instalacións da escola infantil.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta destaca o traballo a prol da investigación biomédica do CICA, o que apoia cunha inxección de 2 M€
Summary:
O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan o centro, que conta con máis de 200 investigadores
Idioma GallegoO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), da Universidade da Coruña, para coñecer o seu funcionamento e liñas de investigación a prol da biomedicina. Este centro, que a Xunta de Galicia apoia cunha achega de 2M€, vén de incorporarse este ano á rede de Centros de Investigación de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia, conformada por 13 centros.
Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, no marco das visitas conxuntas que están realizando aos centros de investigación e tecnolóxicos para coñecer o seu funcionamento e atender as necesidades que xurdan no eido da investigación biomédica, destacaron o traballo dos máis de 200 investigadores do CICA co obxectivo de afondar nas causas das principais enfermidades e traducir os resultados da investigación básica en aplicacións médicas en eidos como a neurociencia, as enfermidades crónicas e infecciosas ou a medicina rexenerativa.
O centro está tamén especializado no estudo de como a contaminación, a xestión da auga ou do cambio climático, unha alimentación adecuada e a utilización dunha produción primaria responsable, inciden na mellora da saúde humana.
Nanociencia e retos industriaisJosé Alberto Díez e Carmen Cotelo coñeceron outras áreas de traballo prioritarias como a nanociencia e os materiais avanzados, con iniciativas para o desenvolvemento de ferramentas biomédicas como plataformas de diagnóstico ou multiterapéuticas, ou ben para abordar novos retos industriais.
Durante a visita, púxose en valor o apoio do Goberno galego a este centro de investigación que, ademais dos 2M€ que recibiron por parte da Xunta este ano, no período 2020-2023 captou 12,7M€ en convocatorias competitivas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalConvocatoria do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día internacional contra a Violencia de Xénero”
Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.
O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.
Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.
Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.
Participación: Os traballos poderán realizarse individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.
Categorías:
-
1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
-
2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
-
3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.
Modalidades de participación:
-
Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).
-
Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).
Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de novembro de 2024, ás 15:00 horas.
Indicacións para para os envíos:
-
enderezo postal: Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
-
enderezo electrónico:premios25n.igualdade@gmail.com
Pódense consultar as bases completas no documento anexo. Para resolver dúbidas podedes dirixirvos a: 881 997 598 e 981 545 361.
File:
Convocatoria do concursoTema:
Igualdade ConcursosEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Formación Profesional Básica Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínO conselleiro de Ciencia reivindica a figura do Matemático Rodríguez logo do achado da súa sepultura
Summary:
Destaca que o ‘matemático do Bermés’ foi un dos “maiores xenios científicos” de Galicia que a colocou “no mapa da ilustración, da ciencia e do progreso”
Conmemóranse os 200 anos do pasamento do nomeado Científico do Ano 2024 pola Real Academia Galega de Ciencias
A Xunta súmase á celebración cunha exposición itinerante para divulgar e dar a coñecer a figura e obra do lalinense
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na descuberta da placa que identifica por primeira vez o lugar onde se atopa a tumba do nomeado Científico do Ano 2024 pola Real Academia Galega de Ciencias, José Rodríguez, coñecido como Matemático Rodríguez. Este recoñecemento vai permitir á cidadanía render homenaxe á súa figura no lugar exacto onde foi sepultado e que ata o momento non estaba localizado, na igrexa de San Agostiño, en Santiago de Compostela.
O titular do departamento de Ciencia da Xunta reivindicou a figura do Matemático Rodríguez como “un dos maiores xenios científicos da Historia de Galicia”. Neste sentido, destacou a necesidade de poñer en valor os persoeiros “que contribuíron a situar a Galicia no mapa da ilustración, da ciencia e do progreso”. “Como mestre, como galego e mesmo como lalinense síntome orgulloso de poder colaborar nesta homenaxe”, afirmou.
Neste sentido, o representante da Xunta puxo en valor o papel do catedrático de Astronomía da Universidade de Santiago de Compostela, José Ángel Docobo, promotor da colocación da placa, coa colaboración da igrexa de Santo Agostiño e do Colexio Maior de San Agustín. Carmen Villanueva, autora dunha tese de doutoramento na Universidade de Vigo sobre este ilustre persoeiro, foi quen pescudou no libro de enterramentos dos agostiños en Madrid o lugar exacto onde foran depositados no seu día os restos mortais.
Participaron tamén no acto, entre outras autoridades, o arcebispo emérito de Santiago Julián Barrio; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema; o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o alcalde de Lalín, José Crespo.
Exposición itineranteA descuberta da placa enmárcase nas celebracións que homenaxean ao longo deste ano ao Matemático Rodríguez no bicentenario do seu falecemento, nas que a Xunta vai participar impulsando unha exposición itinerante baixo o título José Rodríguez, o matemático do Bermés, coordinada pola Real Academia Galega de Ciencias.
Esta iniciativa, a través das consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias, ten como obxectivo de divulgar e dar a coñecer a figura e a obra do científico galego José Rodríguez, nado en Lalín e mestre de Domingo Fontán, coincidindo co 200 aniversario do seu falecemento.
A mostra comezará o seu percorrido en Santiago de Compostela para despois viaxar ata Lalín -municipio que o viu nacer- e a Madrid. José Rodríguez, o matemático do Bermés pretende achegar ao público xeral o legado dun dos matemáticos máis relevantes de Galicia, que destacou no século XIX polo seu traballo en diferentes ramas das Matemáticas e pola súa contribución ao desenvolvemento científico da súa época.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución definitiva da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023
Xúntase a Resolución do 30 de setembro de 2024 da Comisión designada no procedemento, convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023, para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserta definitivamente a convocatoria de integración no corpo de profesorado de ensino secundario e publica a relación definitiva de persoas que se exclúen de xeito definitivo convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 (período comprendido entre o 21 de maio e o 20 de agosto de 2024).
O persoal interesado, que figura no anexo da citada resolución, poderá presentar recurso administrativo obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "recurso de reposición" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido dun mes dende o seguinte á publicación desta resolución no portal educativo
Non se admitirán as recursos que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
Anuncio principal:
Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023Tema:
OposiciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoPrograma Educativo Talentos Inclusivos 2024-2025
Resolución do 1 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a V edición do programa educativo Talentos Inclusivos dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024-2025.
File:
Convocatoria Anexo ITema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletínRomán Rodríguez subliña o crecemento xeneralizado da matrícula de FP no conxunto do territorio e en todas as familias profesionais
Summary:
Destaca que a “revolución silenciosa” afiánzase “cun novo récord” de estudantes ata acadar os 68.823, o dobre que hai 15 anos, froito dunha “oferta reforzada” e a aposta pola innovación, a tecnificación e alta cualificación
A matrícula medra en todas as provincias, con especial forza nas áreas do Salnés, Deza-Tabeirós-Terra de Montes, A Mariña e Pontevedra
As familias profesionais que máis soben son Instalación e mantemento, Edificación e obra civil, Comercio e márketing, Sanidade e Fabricación mecánica
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, subliña o crecemento “integral” e xeneralizado da matrícula das ensinanzas de FP en todas as provincias e en todas as familias profesionais este curso académico 2024-25, onde “acadamos un novo récord histórico” con 68.823 estudantes, unha cifra que duplica a rexistrada 15 anos atrás.
Así o sinalou esta mañá en Pontevedra durante unha visita ao Instituto IES Luís Seoane, onde debullou os datos pormenorizados destas ensinanzas que, en palabras do titular de Educación, afianzan “a revolución silenciosa da nosa FP”. “Unha dinámica que non é froito da casualidade”, senón dunha aposta polo diálogo permanente cos centros e co tecido socioeconómico, co deseño dunha oferta ampla e variada que chega a todo o territorio e cunha “formación á carta que se adapta ás necesidades e aos intereses de cada persoa”, abondou. Esta tendencia alcista, cun 7% máis de matrícula que o pasado curso (4.235 estudantes máis), reflíctese de xeito xeneralizado en todas as modalidades de FP, en todas as familias profesionais e no conxunto do territorio galego.
Crecemento en todas as provinciasAsí pois, rexístrase un crecemento en todas as provincias, onde a de Lugo lidera a suba con case un 8% de aumento (6.998 matriculados, 517 máis que o pasado curso), seguida da provincia de Ourense con case un 7% (6.244 matriculados, 400 máis), A Coruña cun 6% (30.211 matriculados, 1.826 máis) e Pontevedra outro 6% de crecemento (25.370 matrículas, 1.510 máis).
En canto ás areas territoriais delimitadas no Plan FP Conecta (onde se deseñou unha oferta axeitada e axustada ás demandas territoriais e socioeconómicas de cada zona) cómpre destacar o dinamismo experimentado en zonas como as do Salnés (onde se rexistrou unha suba de matrícula do 18%), Deza, Tabeirós e Terra de Montes (un 13% máis), A Mariña (un 11% máis) e Pontevedra (un 9% máis).
Na variable rural-urbano, destaca o eido rural cun aumento de matrícula de case o 8%, o que fai que nesta parte do territorio haxa máis estudantes ca nunca, un total de 7.766, o que supón 553 máis que o pasado curso. No eido urbano o crecemento é do 6% ata acadar as 61.057 matrículas (3.700 máis).
Familias profesionaisNo que atinxe ás familias profesionais, das 24 que se poden estudar en Galicia, a matrícula medra en 22 delas. As subas máis destacadas danse en Instalación e mantemento (19% máis), Edificación e obra civil (18% máis), Comercio e márketing (10% máis), Sanidade (10% máis) e Fabricación mecánica (8% máis).
Doutra banda, Román Rodríguez subliñou a “excelente” resposta ante as novas propostas formativas da Xunta de Galicia, que fan fincapé na alta cualificación profesional. Referíase así ao incremento de matrícula de case o 60% nos títulos de alta especialización (con 347 matriculados, 129 máis que o pasado curso) e dos másteres de FP (que igualmente soben nun 60% ata acadar os 1.006 matriculados).
En palabras do conselleiro, estes datos “reflicten que imos polo bo camiño coa nosa aposta por propostas exclusivas de Galicia para atender demandas específicas do sistema produtivo”. Tamén destacar a FP Dual Intensiva, con 4.042 alumnos e unha suba do 36% (1.068 alumnos máis que o curso pasado).
Por modalidade formativa, neste curso hai 5.643 persoas matriculadas nun ciclo formativo básico (un aumento do 5,4%), 25.397 nun ciclo de grao medio (4,1% máis) e 37.783 persoas matriculadas nun ciclo de grao superior (un 8,5% máis).
Ampliación do IES Luís SeoaneO titular de Educación aproveitou a visita a Pontevedra para destacar especialmente o labor e a implicación dos centros educativos e do seu profesorado como “piar indiscutible” do éxito da FP e puxo como exemplo o IES Luís Seoane, que cualificou coma un “dos buques insignia” destas ensinanzas como avalan os case 900 matriculados este curso (un 10% máis), e que xunto con outros como os centros integrados de FP Carlos Oroza, A Xunqueira e Montecelo, exercen de “polos tractores” nunha cidade como Pontevedra que conta con 4.053 persoas matriculadas en FP. Tamén se referiu ao recén creado Centro Integrado de FP CIFP Escola de Cantería de Galicia en Poio, onde a matrícula se multiplicou por catro.
Román Rodríguez explicou que o reforzo da oferta esixe tamén da necesidade de infraestruturas axeitadas e a isto responde a obra de ampliación do Luís Seoane acometida pola Consellería cun investimento de 723.000 euros, coa cal o centro dispoñe de 1.000 metros cadrados máis de superficie ao servizo do alumnado, con cinco novas aulas, unha aula-taller e unha aula de informática ademais de novos espazos para servizos comúns como vestíbulos, almacéns , aseos, vestiarios e cuartos de instalacións.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta incrementa un 8% a colaboración coa ONCE para atender ao alumnado con discapacidade visual
Summary:
O conselleiro de Educación e o delegado territorial da ONCE asinan un convenio para a mellora da atención educativa do alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave
Destinarase 341.175€ para a contratación de sete profesores especializados
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asinou hoxe co delegado territorial da Organización Nacional de Cegos Españoles (ONCE), Manuel Martínez Pan, un convenio co obxectivo de mellorar a atención educativa do alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave en Galicia. Este acordo, a través do cal se incrementa un 8% a partida orzamentaria con respecto ao anterior ata acadar os 341.175€, permitirá a incorporación de sete profesores especializados que traballarán en centros.
Durante a sinatura no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, destacou que esta sinatura renova o compromiso do Goberno galego coa inclusión educativa, poñendo énfase na atención á diversidade e na eliminación das barreiras que poidan dificultar o acceso á ensinanza do alumnado con discapacidade visual.
O representante da Xunta tamén subliñou que esta colaboración “reforza a nosa aposta por un sistema educativo inclusivo, que aporta os recursos necesarios para garantir a mellor educación ás persoas con discapacidade e lograr a súa integración”. “Galicia lidera a atención á diversidade, hai estatísticas do propio Ministerio que constatan que temos o sistema máis inclusivo, xa que ningunha comunidade autónoma ten un sistema de ponderación do alumnado con necesidades educativas, que conta por dous e tres”, recalcou.
Adaptación de materias didácticosGrazas a esta acción, recibirán apoio un total de 319 estudantes con discapacidade visual escolarizados en calquera ensino de réxime xeral e especial. Nesta liña, o titular de Educación explicou que o convenio “non só permite a dotación de profesores especializados, senón que tamén inclúe a adaptación de materiais didácticos a formatos accesibles, empregando plataformas dixitais”.
Ademais, promoverase a adaptación a braille ou a gravación dos libros e materiais curriculares, así como a realización de formación básica para profesores e titores das etapas obrigatorias que traballan con este alumnado.
Por parte da ONCE, a entidade comprométese a poñer a disposición dos estudantes e das súas familias os seus centros e servizos especializados, así como a proporcionar os recursos humanos e materiais necesarios. Tamén promoverá actividades de sensibilización nos centros educativos galegos, co fin de facer visible a realidade das persoas con cegueira e favorecer a súa plena inclusión na contorna escolar.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalUnha vintena de alumnos dos CIFP Compostela e Politécnico de Santiago cursaron FP dual intensiva con bolsas da Fondation Amigo
Summary:
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, reúnese con representantes da fundación para facer balance do éxito da iniciativa, que se renova e amplía no presente curso
Destaca a boa valoración da experiencia que fan tanto alumnos como empresas colaboradoras, que xa ofreceron traballo a algúns dos titulados
Idioma GallegoA directora xeral de FP, Eugenia Pérez, reuniuse hoxe con Nathalie Chaix, Juan Carlos Hergueta e Manuel Montesinos, representantes da Fondation Amigo, para facer seguimento do acordo establecido entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e esta entidade para a formación de alumnos dos centros integrados de FP Compostela e Politécnico de Santiago. No encontro participaron tamén os directores dos centros, Ramiro Esparís e Nicolás Espasandín, respectivamente.
En concreto o curso pasado 19 alumnos destes centros puideron cursar os ciclos de grao medio en Atención a persoas en situación de dependencia e de grao básico en Carpintería e moble na modalidade de FP Dual Intensiva con bolsas da Fondation Amigo. Parte deles obtiveron ofertas de emprego nas empresas nas que fixeron a formación, pero a maioría dos alumnos optaron por seguir completando os seus estudos na FP galega.
A directora xeral enmarcou este acordo na aposta do Goberno galego por estender a modalidade dual intensiva a cada vez máis alumnos e agradeceu a colaboración da Fondation Amigo, que se fai cargo dos custes de contratación dos bolseiros por parte das empresas. Ademais, destacou a boa valoración da experiencia que fan tanto alumnos como empresas colaboradoras. De feito, dado o éxito da iniciativa, esta colaboración ampliarase este curso á familia de Artes Gráficas do CIFP Compostela.
Atención a persoas en situación de dependenciaNo caso do CIFP Compostela beneficiáronse do acordo oito alumnas do ciclo de grao medio en Atención a persoas en situación de dependencia. Todas elas acadaron o título e seis recibiron proposta de contrato por parte das empresas nas que complementaron a súa formación.
Participaron na formación como empresas colaboradoras o centro ocupacional e de día Aspas, o Centro de día Salgueiriños-AGADEA, a Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Noia (MISELA) e as delegacións de Servisenior Santiago, Brión e Brión I.
Carpintería e mobleNo que atinxe ao CIFP Politécnico de Santiago, participaron na iniciativa 11 alumnos do ciclo de grao básico en Carpintería e moble, dos que titularon 10 e un non puido por enfermidade. Tres deles conseguiron unha oferta de traballo na empresa na que realizaron a formación.
Neste caso as empresas participantes foron Carpidiser, Carpintería Marquéz y Vilela, Carpintería Senin, Carpintería y montaje O Sixto SC, Togar Cocinas, Estudio Sangiovanni, JSeoane Design, Jorge Gato Gómez e Ángel Otero Fernández.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta inviste 6 M€ no CiTIUS como centro de referencia na investigación da intelixencia artificial
Summary:
O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan o centro por ser “referente de Galicia na investigación da intelixencia artificial”
Idioma GallegoO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron esta mañá o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), da Universidade de Santiago de Compostela, que puxeron en valor como un dos centros referentes de Galicia na investigación da intelixencia artificial, especialmente no eido das tecnoloxías lingüísticas, o ámbito de maior impacto actual neste eido.
Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, no marco das visitas conxuntas que están realizando aos centros de investigación e tecnolóxicos para coñecer o seu funcionamento e atender as necesidades no eido da investigación, coñeceron de primeira man os ámbitos de traballo do CITIUS.
Guiados polo director científico do centro, Senén Barro, afondaron nas investigacións que xiran arredor dos dispositivos e a computación verde e intelixente, así como nos fundamentos da intelixencia artificial. Ademais, o centro traballa as tecnoloxías intelixentes tendo en conta o marco ético, social, económico e cultural que os engloba para facer da intelixencia artificial unha ferramenta confiable.
A Xunta de Galicia está a investir case 6M€ neste centro, un dos 13 que compoñen a rede de Centros de Investigación de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia. Grazas a este apoio, os máis de 100 investigadores que traballan no CITIUS están a desenvolver iniciativas como o Proxecto Nós para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais. Entre outras actuacións destacadas, tamén traballan en proxectos arredor da monitorización preditiva e causalidade para rehabilitación cardíaca ou de observación e predición da calidade do aire a escala urbana.
Cómpre destacar a estratexia de transferencia do CITIUS baseada na cooperación co sector industrial a partir dos seus resultados científicos. No ano 2023, asinou 13 novos contratos, por un valor de máis de 2,6M€ con empresas como Avensis, Finsa ou Repsol. Ademais, no período 2020-23 captou 16,5M€ en convocatorias competitivas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalProxectos de formación do profesorado de Formación Profesional e de ensinanzas de réxime especial 2024-2025
Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de Formación Profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van implantar no curso 2024-2025 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:
- 1º fase: ata o 11 de outubro de 2024.
- 2º fase: ata o 26 de outubro de 2024.
Tema:
Proxectos de formación do profesorado de formación profesionalEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado CentrosConvocatoria do programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25
Xúntase a Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.
- O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.
File:
Convocatoria Instrucións para a solicitudeTema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Familias CentrosSección:
Boletín Portada de boletínA formación profesional acada un novo récord histórico con 68.823 matrículados este curso en Galicia e un crecemento do 7% nun ano
Summary:
Rueda destaca a “revolución silenciosa” destas ensinanzas que xa teñen “o dobre” de alumnos que no curso 2008-2009
Asegura que estes datos acreditan que “imos polo bo camiño” no traballo da Xunta por modernizar, mellorar e adaptar a FP ás necesidades do tecido produtivo
As titulacións de alta especialización, exclusivas de Galicia, así como os másteres de FP, lideran o incremento de matrículas cunha suba do 59% en ambos os casos
O éxito da FP afiánzase de xeito xeneralizado nos distintos niveis e modalidades e no conxunto do territorio, cunha medra de case o 8% no eido rural, onde hai máis alumnos ca nunca
Confírmase a potencialidade dos 28 centros que forman a Rede de centros integrados de FP, que aglutinan case o 49% dos estudantes destas ensinanzas en centros públicos
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que as ensinanzas de formación profesional en Galicia volven rexistrar este curso “un novo récord” con 68.823 alumnos, o que supón “un incremento dun 7%” (4.235 estudantes máis) con respecto ao ano pasado, e “o dobre” que no curso 2008/09 (34.766 matriculados).
Rueda salientou que isto amosa a “revolución silenciosa” que a FP está a vivir en Galicia nos últimos anos e é froito do traballo feito polo Executivo autonómico para mellorar, modernizar e adaptar estes estudos ás necesidades do tecido produtivo galego. “O crecemento é xeneralizado en todas as modalidades de FP e en todo o territorio da comunidade”, sinalou o presidente, quen apuntou que “estes datos acreditan que imos polo bo camiño”.
Tal e como se reflicte nun informe da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP elevado ao Consello da Xunta, este crecemento de matrículas é xeneralizado en todas as modalidades de FP, así como no conxunto do territorio, e deriva principalmente do deseño dunha oferta ampla, variada e actualizada que chega a todas as áreas xeográficas e que se viu reforzada este ano no eido da tecnificación e a alta cualificación, garantindo así unha formación á carta que se adapta aos intereses e ás necesidades de cada persoa, tal como marca a Estratexia da FP Galicia 2030.
Aposta pola alta cualificaciónNeste sentido, Rueda destacou especialmente o crecemento da matrícula nos títulos de alta especialización, “unha formación exclusiva da nosa comunidade autónoma”, cun 59% de suba entre as 24 titulacións deste tipo ofertadas para este curso. Trátase de titulacións exclusivas de Galicia que foron deseñadas atendendo a unha demanda específica por parte do sistema produtivo, co deseño de propostas ad hoc e que este ano foron especialmente reforzadas por parte da Consellería.
O mesmo acontece cos másteres de FP, cuxa matrícula se volve incrementar este ano tamén cunha suba da demanda do 59% así como a modalidade de FP dual intensiva, que acada un incremento de matriculados do 36%.
Neste curso hai 5.643 persoas matriculadas nun ciclo formativo básico (un aumento do 5,4%), 25.397 nun ciclo de grao medio (4,1% máis) e 37.783 persoas matriculadas nun ciclo de grao superior (un 8,5% máis).
Nestes momentos, tendo en conta a evolución demográfica, estímase que se está acadando o teito de matrícula de FP polas vías convencionais cunha estabilización de cara aos vindeiros anos. Dado este contexto, a Xunta de Galicia está traballando en abrir un novo paradigma da FP a través do Plan FPGal360, explorando fórmulas innovadoras de aproveitamento do potencial destas ensinanzas que permitan seguir atraendo persoas á FP galega.
Demanda alcista no ruralAsí pois, con estes datos, a formación profesional galega afianza o seu éxito cun crecemento xeneralizado de matrículas en distintos niveis e modalidades, así como no conxunto do territorio.
Cómpre destacar que o reforzo da oferta de FP no rural -co maior número de prazas dispoñibles ata o de agora- tamén se reflicte nun aumento da demanda neste eido, cun aumento de matrícula de case o 8% e con máis alumnos ca nunca. Esta suba vai parella co deseño dunha oferta obxectiva, realista, actualizada e axustada ás necesidades do eido rural, onde este ano os estudantes puideron escoller entre un total de 7.631 prazas, un 11,5% máis (789 prazas máis) que o pasado ano.
Galicia avanza así na consolidación dun modelo educativo propio onde a igualdade de oportunidades, independentemente de onde se viva, é un dos seus sinais de identidade.
O impulso da Rede de centros integrados de FPNeste éxito de matrícula cómpre destacar o papel que desempeña a Rede de centros integrados de FP (CIFP), que non parou de medrar nos últimos anos, ao pasar dos 9 que había en 2009 aos 28 actuais tras a recente incorporación dos Audiovisual de Vigo, Montecelo de Pontevedra e Vilamarín de Ourense, en 2023, e da Escola de Cantaría de Galicia (Poio), en 2024.
Non en balde, estes 28 centros que conforman a Rede incrementaron este ano o número de matriculados en case un 9% e concentran o 49% do total de alumnado de FP matriculado en Galicia.
Unha oferta axeitada ás demandasO crecemento xeneralizado da matrícula reflicte unha resposta positiva á oferta ampla e variada de ciclos de FP deseñada pola Consellería de Educación para este curso, con 46.714 prazas de novo ingreso que foron deseñadas logo dun proceso de diálogo coa comunidade educativa e cos sectores socioeconómicos galegos.
Neste sentido, os matriculados puideron escoller entre 214 titulacións diferentes -17 delas de nova implantación- repartidas en 153 ciclos de grao medio, básico e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.
Esta planificación da oferta é o resultado final da aplicación das conclusións do Plan Conecta FP Galicia, onde, en coordinación e colaboración cos eidos socioeconómicos e territoriais, se deseñou unha proposta de formación á medida das necesidades e demandas dos sectores produtivos, e que se seguirá enriquecendo nos vindeiros anos.
Os datos analizados hoxe no Consello da Xunta fan fincapé nas principais cifras de matrícula de FP neste curso, das cales o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional informará mañá martes de xeito máis detallado.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta inicia unha nova edición de xornadas formativas dirixidas á prevención do suicidio en adolescentes
Summary:
Nesta edición incorpóranse un total de 21 instrutores que impartirán os seus coñecementos en máis de 100 centros educativos galegos
Esta iniciativa, na que Galicia é pioneira, está dirixida ao alumnado de 3º de Educación Secundaria e nela participaron xa 1.400 estudantes
Idioma GallegoA Xunta de Galicia comezou esta semana, na sede da Escola Galega de Administración Pública, as novas xornadas de formación YAM (Youth Aware of Mental Health). Nelas, 21 instrutores formáronse para impartir os seus coñecementos en preto dun centenar de centros educativos galegos ao longo do curso 2024-2025. Entre os asistentes atópase persoal docente e sanitario co fin de crear equipos multidisciplinares.
Ao acto de inauguración asistiron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; a subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde, Almudena Díaz; e o coordinador asistencial de Saúde Mental, Manuel Arrojo.
O Proxecto YAM é un programa de prevención do suicidio dirixido ao alumnado de 3º de Educación Secundaria, recoñecido polas recomendacións da OMS e Save the Children como o modelo de intervención máis eficaz. O seu obxectivo é reducir as condutas suicidas e ampliar os recursos do Plan de Prevención do Suicidio en Galicia.
Este proxecto é un traballo colaborativo entre a Consellería de Sanidade e a de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e atópase cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa FSE+ de Galicia 2021-2027. Trátase dunha iniciativa na que a comunidade foi pioneira e ata agora participaron nela máis de 1.400 estudantes.
Un ano máis, o Goberno galego segue a traballar na promoción da saúde mental na infancia e a prevención do suicidio na mocidade galega.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta de Galicia convoca ata o 28 de outubro os Premios fin de carreira das ensinanzas artísticas superiores
Summary:
Van dirixidos ao alumnado que rematou estudos de Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens Culturais, Deseño e Música o pasado curso nos centros dependentes da Xunta de Galicia
Cada galardoado recibirá 3.500€ e un diploma acreditativo
Idioma GallegoA Xunta de Galicia ten aberta a convocatoria dos Premios fin de carreira das ensinanzas artísticas superiores, en concreto para o alumnado que rematou no curso 2023/24 os seus estudos artísticos superiores de Música, de Deseño, de Arte Dramática ou de Conservación e Restauración de Bens Culturais en centros públicos de Galicia.
En total, poderán concederse ata seis premios, a razón de dous para as ensinanzas artísticas superiores de Música, outros dous para as de Deseño, un para as de Arte Dramática e outro para as de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Para poder acceder a este recoñecemento, os candidatos deben contar cunha puntuación media no expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos.
Os interesados deberán formular as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro. As persoas galardoadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo do recoñecemento.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional instaurou estes premios por primeira vez no ano 2020, co fin de que o alumnado destas ensinanzas artísticas superiores estea en igualdade de condicións e de oportunidades que os titulados universitarios, que xa contan con galardóns deste tipo desde hai anos. O seu obxectivo é recoñecer a excelencia no rendemento académico e o esforzo, traballo e dedicación dos alumnos destas ensinanzas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalMáis de 350 estudantes participan este curso nos programas de intercambio da Xunta entre Galicia e Francia
Summary:
Estas mobilidades realízanse ao abeiro dos programas EduFrance, EduMob e PicassoMob nas rexións Hauts-de-France, Bretagne, Académique, Grand Est e Bourgogne-Granche Comté
Idioma GallegoUn total de 350 alumnos participan este curso en programas da Xunta de Galicia de intercambio de estudantes con institutos franceses. Concretamente, estas mobilidades realízanse ao abeiro dos programas EduFrance, no que participan 150 alumnos galegos e outros tantos franceses; EduMob, ao que se suman 20 mozos de cada rexión, e PicassoMob, un programa que naceu no 2023 e no que participarán este ano cinco estudantes galegos e outros cinco de Francia.
O obxectivo destes intercambios escolares é propiciar o coñecemento mutuo das culturas e linguas de ambos países mediante a asistencia do alumnado a centros educativos e a convivencia en familias doutro país. A Estratexia Edulingüe 2030 de linguas estranxeiras da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP promove este tipo de accións como chave para achegar ao alumnado galego a un contexto internacional real, tanto no ámbito académico como no da convivencia diaria.
No caso do programa EduFrance, serán 150 os alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato de 10 centros públicos galegos que participarán nun intercambio cultural e lingüístico con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France e Bretagne, ambas no país galo.
Durante o período de intercambio, o alumnado galego participante –de 15 escolares por cada centro– deberá asistir ás clases no lycée ou collège que lle fose asignado pola Région Académique correspondente e aloxarase na casa dunha familia francesa, e viceversa no caso da viaxe dos estudantes franceses en Galicia. A estancia do alumnado galego en Francia terá unha duración dun máximo de 10 días naturais e poderá desenvolverse en calquera momento do curso 2024/2025. No que respecta ao programa EduMob, un total de 20 alumnos de 1º de Bacharelato procedentes de nove centros educativos residirán coa familia do seu homólogo estranxeiro e asistirán as clases no instituto ao que este matriculado o seu anfitrión na rexión académica de Grand Est. No caso do alumnado francés que veña a Galicia, tamén residirá na casa da familia dun alumno galego e asistirá ao mesmo centro deste.
Os cinco alumnos galegos de 1º de Bacharelato participantes no PicassoMob proceden dos institutos IES Canido de Ferrol e IES de Rodeira de Cangas. Comezaron a súa estadía o pasado 16 de setembro e estarán aloxados ata o 11 de outubro nun domicilio dun estudante francés da rexión Bourgogne-Granche Comté, acudindo a clase ao seu centro de ensino. En réxime de reciprocidade, acollerán no seu domicilio e no seu centro de estudos o alumnado francés do 14 de outubro ao 8 de novembro.
A relación de centros que participarán nestas tres experiencias, cos gastos de viaxe cubertos pola Xunta, é a reflectida na seguinte táboa:
CONCELLO
CENTRO
REXIÓN ACADÉMICA
PROVINCIA DA CORUÑA
Arzúa
IES de Arzúa
Hauts-de-France
Betanzos
IES Francisco Aguiar
Grand Est
Boiro
IES A Cachada
Bretagne
Brión
IES Brión
Grand Est
Brión
IES Brión
Bretagne
Ferrol
IES Canido
Bourgonge-Franche Comté
Ferrol
IES Canido
Bourgonge-Franche Comté
Ferrol
IES Canido
Bourgonge-Franche Comté
Ferrol
IES Sofía Casanova
Grand Est
Santiago de Compostela
IES Arcebispo Xelmírez I
Bretagne
PROVINCIA DE LUGO
Mondoñedo
IES Plurilingüe San Rosendo
Bretagne
Rábade
IES Río Miño
Grand Est
PROVINCIA DE OURENSE
Viana do Bolo
IES Carlos Casares
Hauts-de-France
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
A Guarda
IES A Sangriña
Grand Est
Caldas de Reis
IES Plurilingüe Aquis Celenis
Hauts-de-France
Cangas
IES de Rodeira
Bourgonge-Franche Comté
Cangas
IES de Rodeira
Bourgonge-Franche Comté
Gondomar
IES Auga da Laxe
Grand Est
Meis
CPI de Mosteiro-Meis
Hauts-de-France
Nigrán
IES Val Miñor
Bretagne
Poio
IES de Poio
Grand Est
Salceda de Caselas
IES Pedras Rubias
Grand Est
Vigo
IES República Oriental de Uruguai
Grand Est
Vilagarcía de Arousa
IES Castro Alobre
Hauts-de-France
Incremento dos coñecementos de francés
Galicia continúa mellorando os resultados nas probas lingüísticas de francés Delf escolar, no que a nosa Comunidade ocupa o 4º posto en España no que se refire ao número de candidatos ás probas, só superado por Cataluña, Andalucía e Madrid -todas con moita máis poboación-.
Neste 2024, os resultados desta proba experimentaron unha alza do 1,4% no número de inscritos en Galicia, mentres que a nivel nacional apréciase unha baixada dun 3%. Do total das 986 persoas de 119 centros educativos galegos que se presentaron, a taxa de aprobados supera o 90% en todos os niveis. Concretamente, o nivel A2 conta cun 95,65% de aprobados; o B1, con 94,02%, e o B2 logra o 91,12% de aprobados.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11