NOVAS
Agregador de novas
A Xunta dota o Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires dun Polo Creativo coma o que teñen os centros educativos galegos
Summary:
O conselleiro de Educación, que inaugurou o espazo, sinala que esta dotación contribúe a achegar a estes alumnos á realidade académica galega
Destaca o apoio do Goberno galego ao proxecto educativo do centro, que leva décadas contribuíndo á difusión da nosa cultura na diáspora
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, vén de inaugurar o Polo Creativo do Colexio Santiago Apóstolo, o centro educativo da diáspora galega en Arxentina. A nova dotación foi achegada pola Xunta de Galicia “para achegar aos alumnos deste centro á realidade académica dos colexios e institutos galegos, favorecendo que avancen en cuestións fundamentais para a súa vida diaria como a resolución de retos a través da creatividade e o traballo en equipo”, destacou o conselleiro.
O material enviado polo Goberno galego ao Colexio Santiago Apóstolo inclúe, ao igual ca o presente nos centros galegos, equipamento especializado de audiovisual e fotografía, electrónica e robótica, fabricación e construción e téxtil e informática, con kits adaptados aos diferentes niveis educativos.
Deste xeito, o Polo Creativo do colexio bonaerense conta con equipos de electrónica básicos e avanzados para diferentes idades, robots de chan e programables, placas microbit, microcontroladores, sistemas domóticos, circuítos de papel, escaneado e impresión 3D, tabletas, xogos de construción de pezas encaixables e sistemas para a creación de audiovisuais, entre outros.
Os Polos Creativos son espazos educativos innovadores a través dos que se fomenta a creatividade, a resolución de problemas en diversos campos do saber e o desenvolvemento de competencias dixitais, científico-tecnolóxicas e artísticas. Funcionan como un centro de actividades no que se traballa en equipo a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.
Apoio ao centroEsta nova contribución ao Colexio Santiago Apóstolo súmase ao apoio da Xunta de Galicia a este centro, tanto a través do profesorado como de materiais. De feito, o pasado ano inaugurouse a obra de renovación e ampliación do sexto andar do colexio, acondicionado para acoller novos servizos educativos como a biblioteca, salas de lectura e de informática e laboratorio de física e química, ademais de espazos de almacén e departamentos para os profesores. O Goberno galego achegou dotación para os laboratorios, pantallas dixitais e ordenadores, entre outras ferramentas, para estes novos espazos.
“O Colexio Santiago Apóstolo é unha parte fundamental da que é a maior comunidade galega no estranxeiro, a de Arxentina. Para o Goberno galego é moi importante apoiar o proxecto educativo deste centro, que leva décadas contribuíndo á difusión da cultura galega e dos valores da nosa identidade”, salientou Román Rodríguez.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA UNED súmase ao programa STEMBach, que a Xunta reforza con máis recursos para alumnado e docentes
Summary:
A directora xeral de Innovación Educativa dá a benvida aos 53 centros que este curso participan en STEMBach, programa no que xa titularon máis de 1.000 estudantes
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, deu hoxe a benvida aos participantes no encontro de centros STEMBach, cita onde se presentaron as principais novidades do programa para este curso escolar. Entre as melloras introducidas pola Xunta destacan a creación dunha nova Rede STEMBach para ofrecer apoio tanto ao alumnado como ao profesorado e a incorporación da UNED, que se suma ás tres universidades galegas no recoñecemento de créditos ECTS aos estudantes deste Bacharelato de excelencia.
Este ano, incorporase oito novos centros ata acadar un total de 53 que ofrecen STEMBach, unha acción que se implantou por primeira vez no curso 2018/2019 e no que xa se titularon máis de 1.000 estudantes. O programa enmárcase na Estratexia de educación dixital 2030, que busca consolidar os bos resultados de Galicia en áreas como as ciencias, onde, segundo o último informe PISA, o estudantado galego destaca como o mellor preparado en todo o Estado.
Con esta finalidade, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP sinalou que a nova Rede STEMBach estará configurada “como unha estrutura de apoio e reforzo con propostas que fomenten a colaboración para mellorar o rendemento do alumnado nas materias STEM”, co fin de intensificar a formación científica, fomentar a colaboración coas universidades e impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas.
Beneficios para os estudantesNo que atinxe ao alumnado, existen varios beneficios: recóllese no seu expediente oficialmente o feito de ter cursado esta ensinanza e teñen prioridade para participar en determinadas accións específicas das universidades, ademais de visibilidade do seu traballo en feiras científicas, entre outros. Neste senso, hoxe ábrese a convocatoria para premiar proxectos de investigación dos estudantes de STEMBach no curso 2024/25, que serán defendidos e expostos polo alumnado nun acto público ao final do curso.
En canto ao recoñecemento de créditos ECTS universitarios, os estudantes que superen o STEMBach e se matriculen nunha das universidades participantes verán recoñecido o seu mérito cun máximo de 6 créditos ECTS de libre configuración ao longo da súa traxectoria universitaria. A participación no Programa Mentoring STEMbach de cada universidade será un requisito para obter estes créditos. Para iso, ademais da colaboración coas tres universidades públicas galegas, a Consellería incorpora tamén a este proxecto o Consorcio Universitario Centro Asociado á UNED en Lugo.
Máis apoio aos docentes implicadosNo que respecta ao profesorado, poderán usar as instalacións do Centro de Innovación Educativa e Dixital, que ten a súa sede no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, para desenvolver proxectos, recursos especializados en STEM e un repositorio compartido de charlas, publicacións científicas e licenzas para formación continua. Igualmente, o programa promoverá encontros entre profesorado e alumnado do STEMBach para intercambiar experiencias e apoio mutuo e crearase un espazo virtual onde compartir recursos, guías de estratexias docentes e repositorios de charlas e actividades.
A directora xeral agradeceu o traballo dos docentes e a colaboración das universidades en STEMBach para “desenvolver competencias fundamentais como a creatividade, o emprendemento, a resolución de problemas e o traballo en equipo, elementos esenciais para a formación do alumnado”. Tamén destacou a importancia de “crear un contexto que fomente a excelencia académica e o interese pola investigación científica”.
Contacto coa Universidade en BacharelatoO STEMBach ten unha duración de dous cursos académicos e enfócase a alumnado de calquera modalidade de Bacharelato. No segundo curso, desenvolven un proxecto de investigación, relacionado cos ámbitos de coñecemento das materias cursadas, co-dirixido por docentes de departamentos universitarios ou entidades de investigación.
Así mesmo, estes estudantes cursan unha materia de afondamento extracurricular relacionada co ámbito STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría ou matemáticas) cunha carga lectiva semanal de dúas ou tres horas fóra do horario ordinario do alumnado. A maiores, realiza actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades centradas na investigación ou profesionais de recoñecida competencia neste eido, como conferencias, obradoiros ou proxectos.
CENTRO
CONCELLO
PROVINCIA DA CORUÑA
CPR Plurilingüe Alca *
Ames
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen
Betanzos
IES Brión
Brión
IES Afonso X O Sabio
Cambre
IES Punta Candieira *
Cedeira
CPR Plurilingüe Compañía de María
A Coruña
CPR Plurilingüe Liceo La Paz
A Coruña
CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha
A Coruña
IES Salvador de Madariaga
A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
A Coruña
CPR Plurilingüe Cristo Rey *
A Coruña
IES A Sardiñeira *
A Coruña
IES Agra do Orzán
A Coruña
CPR Plurilingüe Rías Altas
Culleredo
CPR Tirso de Molina
Ferrol
IES Sofía Casanova
Ferrol
IES Concepción Arenal
Ferrol
IES María Casares
Oleiros
IES de Ortigueira
Ortigueira
CPR Plurilingüe Compañía de María
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Santiago de Compostela
IES Lamas de Abade
Santiago de Compostela
IES Arcebispo Xelmírez II
Santiago de Compostela
IES de Cacheiras *
Teo
PROVINCIA DE LUGO
IES Lucus Augusti
Lugo
IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes
Lugo
IES Francisco Daviña Rey
Monforte de Lemos
PROVINCIA DE OURENSE
CPR Plurilingüe Miraflores
O Pereiro de Aguiar
CPR Plurilingüe Santa María
Ourense
IES Eduardo Blanco Amor
Ourense
IES As Lagoas
Ourense
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
IES Primeiro de Marzo
Baiona
IES Ramón Cabanillas
Cambados
IES María Soliño
Cangas
IES de Rodeira *
Cangas
IES Plurilingüe Aquis Celenis
Caldas de Reis
IES Ramón Mª Aller Ulloa
Lalín
IES Laxeiro
Lalín
IES Plurilingüe A Paralaia
Moaña
IES As Barxas
Moaña
IES Val Miñor
Nigrán
IES A Xunqueira II
Pontevedra
CPR Santiago Apostol
Soutomaior
IES San Paio
Tui
IES de Valga
Valga
CPR Plurilingüe Compañía de María
Vigo
CPR Plurilingüe Miralba
Vigo
CPR Plurilingüe Las Acacias *
Vigo
IES República Oriental de Uruguay
Vigo
IES Valadares
Vigo
IES Armando Cotarelo Valledor *
Vilagarcía de Arousa
*Centros de nova incorporación este curso
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)
Xúntase a Resolución do 13 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 590002, 590003, 590012, 590015, 590106, 590110, 590111, 590112, 590124, 590125, 590205, 590210, 590212, 590214 e 590231 do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
- Prazo: 18 a 20 de novembro de 2024 ambos incluidos.
Anuncio principal:
Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Formación Profesional Básica Educación de persoas adultas Bacharelato de adultos Ensinanzas de educación secundariaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
- Prazo: 18 a 20 de novembro ambos incluidos.
Anuncio principal:
Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións na especialidade 593084 Canto de jazz e 593086 contrabaixo de jazz do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593)
Publícase a resolución do 15 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade 593084 Canto de jazz e 593086 contrabaixo de jazz do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 18 de novembro ata o venres 22 de novembro ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o luns día 18 de novembro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
File:
Resolución apertura 593084 e 593086Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínResolución provisional de centros e alumnado de centros públicos de ensino non universitario de Galicia seleccionados para certificar o seu nivel de lingua portuguesa mediante a e-certificación de portugués lingua estranxeira (Camões Júnior), 2024/25
Anuncio principal:
Resolución do 8 de outubro de 2024 pola que se regula a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario de Galicia para obter a e-certificación de portugués lingua estranxeira (Camões Júnior), curso 2024/2025Tema:
Lingua estranxeiraEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Linguas estranxeirasResolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2024/25
Xúntase arquivo coa Resolución do 13 de novembro de 2024 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se resolve definitivamente o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Subdirección Xeral de Centros Servizo de Apoio Económico e Axudas ao EstudoColectivo:
Profesorado CentrosConvocatoria para participar no recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) no curso 2024/25
Achégase a Resolución do 14 de novembro do 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional pola que se convoca o recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2024/25.
- O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e remata o 24 de abril do 2025, inclusive.
File:
Resolución do 14 de novembro do 2024Tema:
Programas e plans EscolarizaciónEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Familias CentrosSección:
Boletín Portada de boletínRomán Rodríguez sinala o acordo con Arxentina como o primeiro paso para estender o modelo de títulos universitarios compartidos a outros países
Summary:
O conselleiro de Educación destaca a importancia de seguir internacionalizando a universidade galega e de promover a mobilidade dos seus estudantes
“Nunha sociedade cada vez máis globalizada é fundamental que as administracións traballemos nunha oferta académica que dea resposta a estas necesidades”, afirma
Visita as universidades de La Plata, Tres de Febrero, de Lomas de Zamora e San Martín para pechar acordos con USC, UDC e UVigo
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, sinalou hoxe os acordos con universidades arxentinas como o primeiro paso para estender o modelo de titulacións de grao, mestrado e doutorado compartidas a outros países. Fíxoo no marco da viaxe institucional ao país americano, na que estes días está a visitar as catro universidades nacionais de prestixio seleccionadas pola Comisión Nacional de Evaluación y Acreditación Universitaria para avanzar nos primeiros proxectos compartidos, en concreto as de La Plata, Tres de Febrero, de Lomas de Zamora e San Martín.
O titular do departamento educativo da Xunta destacou a importancia de seguir internacionalizando a universidade galega e de promover a mobilidade dos seus estudantes. Non en balde, os acordos que se están a asinar coas devanditas universidades arxentinas inclúen non só a impartición de titulacións compartidas, senón tamén o intercambio de estudantes, entre outros.
“Nunha sociedade cada vez máis globalizada é fundamental que as administracións traballemos nunha oferta académica que dea resposta a estas necesidades”, afirmou o conselleiro, sinalando que a internacionalización é un reto compartido coas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo e coa Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
“O tecido académico, o económico e o empresarial non teñen fronteiras. Conscientes desta realidade, queremos ampliar esta cooperación universitaria internacional pensando sempre en ofrecer a mellor formación aos estudantes, o que constitúe a nosa prioridade”, dixo.
Así mesmo, o representante do Goberno galego salientou o abano de oportunidades que este novo modelo de internacionalización vai supoñer para os titulados a nivel laboral, tanto a nivel inserción como para abrir as portas dos mercados laborais de diferentes países.
Na viaxe institucional a Arxentina participan, ademais do conselleiro, os reitores das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, Antonio López e Ricardo Cao; a secretaria xeral da Universidade de Vigo, María José Bravo; o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez, e o presidente e o director da ACSUG, Eduardo Pereira e Juan José Nieto.
Enriquecer o sistema e avanzar en cienciaRomán Rodríguez destacou tamén a oportunidade que esta iniciativa de colaboración supón para enriquecer os sistemas universitarios dos países que se vaian sumando a ela. Neste sentido, lembrou que o modelo proposto para impartir titulacións compartidas inclúe tamén accións a outros niveis, como o intercambio de persoal docente ou de materiais académicos, así como a celebración conxunta de seminarios e conferencias.
Tamén o impulso de accións conxuntas en materia de investigación, favorecendo tamén a mobilidade dos investigadores entre os países participantes, contribuíndo ao avance da ciencia.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta destaca no Congreso Enciga a importancia das ensinanzas STEM na formación cidadá do alumnado
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa participa na inauguración do Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencia de Galicia
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, participou esta tarde na inauguración do XXXVII Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencia de Galicia (Enciga), onde destacou a importancia das áreas matemática e científico‑tecnolóxicas na formación cidadá do alumnado. Neste sentido, sinalou a utilidade destas ensinanzas para facer fronte aos desafíos da vida diaria, cada vez mais complexos, así como ás noticias falsas no eido científico.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor, ademais, o peso crecente das mulleres e as nenas na ciencia e salientou a aposta da Xunta por diminuír a fenda de xénero nestas disciplinas a través do programas como o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no que predominan as alumnas.
“Proba deste papel feminino cada vez máis importante nestas áreas é que a xunta directiva de Enciga está conformada integramente por mulleres e a conferencia inaugural deste congreso é impartida por Begoña Vila Costas, enxeñeira principal de sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA”, incidiu a directora xeral.
Obradoiros e conferenciasDesde hoxe ata o vindeiro sábado, o Instituto IES Plurilingüe de Valga acolle as actividades deste congreso, que abranguen desde o intercambio de experiencias e boas prácticas de centros educativos, ata visitas culturais, pasando por obradoiros arredor da Bioloxía, a Xeoloxía, a Física, a Química e as Matemáticas.
Ademais da conferencia inaugural, A exploración espacial: ensinándonos o universo, de Begoña Vila, o profesor titular no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC Xabier Cid será o responsable do relatorio Cern: 70 anos de historia e ciencia. Pola súa banda, a enxeñeira e doutora en Informática e graduada en Matemáticas, investigadora do CITIC, Susana Ladra, amosará en Revolucionando a aula como a intelixencia artificial transforma a educación; mentres que o presidente da Fundación Rosalía de Castro e profesor da Universidade de Vigo, Anxo Angueira, impartirá a conferencia Rosalía, a ciencia e a modernidade.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalPublicación da Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas no procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25
Anuncio principal:
Publicación do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25Tema:
Inspección Educativa Destinos provisionais e outros concursosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoPublicación da comisión de avaliación do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25
Anuncio principal:
Publicación do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25Tema:
Inspección Educativa Destinos provisionais e outros concursosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoA FP galega avanza na aposta de rachar cos estereotipos na elección dos estudos superiores
Summary:
A directora xeral de FP participa no encontro ‘Mulleres na empresa actual e futura, liderando na Administración pública’ que organiza o Círculo de Empresarios de Galicia
Idioma GallegoA directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participou hoxe na mesa de debate Directivas liderando na Administración pública do encontro Mulleres na empresa actual e futura, unha xornada sobre o liderado feminino organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, que debateu coa directora da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, Begoña Mesejo, e coa directora territorial de Comercio e ICEX de Galicia, Patricia Pérez, deu a coñecer o seu papel no Goberno galego e puxo en valor o traballo que se está a realizar para rematar coa brecha de xénero na Formación Profesional galega. “É importante animar a mocidade galega a que estude o que de verdade lle guste sen estereotipos asociados as profesións”, sinalou Eugenia Pérez, quen afirmou que a través de campañas, programas e iniciativas estase incrementando a presenza feminina na FP: “Do curso pasado a este, hai un 9% máis de alumnas fronte a un 5% máis de alumnos”.
Este encontro tamén contou coa testemuña de alcaldesas galegas, de cargos directivos de servizos estratéxicos como son a Sanidade, a Universidade e os corpos de seguridade e forzas do Estado, así como cun coloquio entre os participantes e os asistentes para proporcionar as claves de liderar con perspectiva e empatía.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución definitiva do Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de educación secundaria obrigatoria de centros educativos concertados, 2024
Xúntase a Resolución definitiva da ORDE do 8 de agosto de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED301L).
Anuncio principal:
Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de educación secundaria obrigatoria de centros educativos concertados no curso 2024/25Tema:
Lingua estranxeira Plurilingüismo Programas e plans Inmersión lingüística Centros concertadosEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado Familias CentrosSección:
Linguas estranxeirasConcerto día da música
Como todos os anos, en novembro celebramos o día da música con música, como non pode ser doutro xeito.
Aquí tedes o cartaz deste ano. Preparádevos que imos bailar dende o comezo ata o final!!!
Galicia e Arxentina asinan un acordo para que as súas universidades poidan impartir títulos compartidos
Summary:
Román Rodríguez preside o acto no que as axencias de calidade universitaria de ambos territorios rubrican un acordo marco para promover esta cooperación
Posibilitará ofertar titulacións conxuntas de grao, mestrado e doutorado co obxectivo de impulsar a internacionalización das universidades galegas
Tamén poderán intercambiar persoal, estudantes e impulsar proxectos de investigación e actividades conxuntas, entre outras iniciativas
As tres universidades públicas galegas referendarán acordos de colaboración con catro universidades arxentinas de prestixio para avanzar nos primeiros proxectos
Idioma GallegoAs universidades públicas galegas e universidades arxentinas poderán impartir titulacións conxuntas de grao, mestrado e doutorado. Farao posible un acordo marco asinado entre ambos territorios, primeiro froito da viaxe de traballo que encabeza o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. O representante da Xunta de Galicia presidiu ao acto de sinatura entre a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e a Comisión Nacional de Evaluación y Acreditación Universitaria (CONEAU).
Esta decisión, impulsada desde o Goberno autonómico co consenso das universidades galegas e a supervisión das axencias de calidade de ambos sistemas, promoverá tamén o intercambio de experiencias, metodoloxías e ferramentas entre os sistemas de educación superior a ambas beiras do Atlántico. O director da ACSUG, Eduardo Pereira, e o presidente de CONEAU, Martín Strah, rubricaron esta acción de cooperación.
“A Xunta e as universidades públicas galegas coincidimos no obxectivo de estar máis abertos ao exterior e ser máis internacionais -afirmou o conselleiro-. Nada mellor para comezar esta senda que estar en Arxentina traballando con varias universidades de Bos Aires para abrir oportunidades e que os alumnos arxentinos poidan formarse en Galicia e tamén para que a nosa Comunidade poida enriquecerse co seu talento”.
Definición dos primeiros proxectosRomán Rodríguez puxo en valor a disposición das tres universidades públicas galegas para sumarse a esta iniciativa. De feito, xa están a analizar a oferta académica para poder definir as primeiras titulacións nas que desenvolver esta colaboración.
A Comisión Nacional de Evaluación y Acreditación Universitaria propón catro universidades de prestixio para avanzar nos primeiros proxectos compartidos. En concreto, as universidades nacionais de La Plata, Tres de Febrero, de Lomas de Zamora e San Martín. Con este fin, os representantes das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo desprazados a Arxentina referendarán estes días acordos-marco de colaboración coas devanditas institucións académicas arxentinas. A axenda da viaxe inclúe hoxe unha xornada de traballo, con visitas institucionais a La Plata e Lomas de Zamora, mentres que mañá será a quenda de Tres de Febrero e San Martín.
Nestas visitas participan, ademais do propio conselleiro de Educación en representación do Goberno autonómico, os reitores das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, Antonio López e Ricardo Cao; a secretaria xeral da Universidade de Vigo, María José Bravo; o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez, e o presidente e o director da ACSUG, Eduardo Pereira e Juan José Nieto.
Intercambios e investigaciónAo abeiro destes acordos, ademais da impartición de titulacións conxuntas, as universidades asinantes poderán tamén intercambiar persoal docente, investigador e administrativo, así como estudantes e diversa información académica e materiais.
Por outra banda, estas entidades académicas poderán impulsar proxectos de investigación conxuntos, ademais de conferencias, simposios, cursos e seminarios.
O representante da Xunta quixo agradecer o traballo da ACSUG e de CONEAU para establecer unha base sólida que permita poñer en marcha as primeiras iniciativas neste eido. “Non é doada unha colaboración deste tipo entre dous países que forman parte de continentes diferentes, pero estas dúas entidades de acreditación e supervisión da calidade das titulacións traballarán arreo para facelo realidade”, destacou.
“Con este acordo damos un importante paso para fortalecer as redes de cooperación entre as entidades académicas dos dous países e na estratexia de internacionalización do Sistema Universitario de Galicia que está a impulsar a Xunta”, explicou o conselleiro. “Aproveitaremos as sinerxías existentes entre as dúas partes, froito de décadas de estreita relación, moi vencellada á diáspora galega no país americano”, detallou.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalGalicia colócase líder de España en inglés e no nivel alto do mundo segundo o maior estudo internacional ao respecto
Summary:
Sitúase como a primeira comunidade autónoma con 564 puntos, 13 máis que a segunda e cinco máis ca o pasado ano
Obtén 26 puntos máis que a medida de España de 538 puntos, tal e como certifica o informe de EF sobre índice de dominio do inglés
Esta dinámica alcista referenda a aposta da Xunta de Galicia polo impulso da aprendizaxe de idiomas en Galicia
Idioma GallegoGalicia sitúase líder de España en inglés e no nivel alto do mundo, tal e como o corrobora o estudo máis amplo a nivel internacional que cada ano realiza Education First (EF).
Segundo os datos que veñen de facerse públicos hoxe, a comunidade autónoma galega obtén 564 puntos, o que a coloca no primeiro posto de España e 13 puntos por riba da segunda, que é Madrid (551 puntos), 18 puntos por riba de Cataluña (que está en cuarta posición con 546 puntos) e 19 máis ca País Vasco (en quinta posición con 545 puntos).
Ademais, Galicia colócase no nivel alto da táboa entre os 116 países analizados por EF-EPI, fronte ao nivel medio no que se sitúa España con 538 puntos, e á que lle saca 26 puntos de vantaxe. Tamén está moi por riba (87 puntos máis) da media mundial de 477.
A comparativa co estudo de 2023 tamén arroxa unha dinámica positiva de Galicia, xa que sube cinco puntos e escala da segunda á primeira posición estatal.
Os datos do estudo de EF-EPI é o resultado da realización de test a 2,1 millóns de persoas de 116 países e rexións de todo o mundo, dos cales o 54% foron mulleres e o 46% homes, cunha idade media de 26 anos.
Estes datos referendan as distintas accións da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP para a aprendizaxe de inglés enmarcadas na Estratexia galega de linguas estranxeiras como é a rede de centros plurilingües, que este ano acada os 511 centros e institutos atendidos por un total de 665 auxiliares de conversa de 24 países de cinco continentes, ou iniciativas como os campamentos de inglés e as estadías no estranxeiro, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA FP galega aborda con Telefónica o impulso da formación e a retención do talento en Galicia
Summary:
A directora xeral de FP reúnese coa representante da firma tecnolóxica para Asturias e Galicia co fin de abordar vías de colaboración en materia de ciberseguridade
Idioma GallegoA directora xeral de FP, Eugenia Pérez, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa directora de Telefónica para Asturias e Galicia, Paula Rodríguez, co obxectivo de abrir liñas de colaboración en materia de Formación Profesional e, en concreto, no eido da ciberseguridade, unha das áreas que rexistra unha maior demanda de profesionais cualificados a curto e medio prazo.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor este tipo de encontros na medida en que permiten escoitar “de primeira man” as necesidades do tecido empresarial e, deste xeito, “poder deseñar unha oferta formativa o máis pegada á demanda socioeconómica” ao tempo que “reter talento na nosa comunidade autónoma”.
Eugenia Pérez amosou a intención da Xunta en seguir reforzando a FP galega no eido da ciberseguridade, un compromiso que se reflicte en accións como a ampliación da oferta este curso con 14 másteres e 340 prazas neste eido repartidas en centros educativos das catro provincias. Nesta mesma liña, estase impulsando espazo de alta especialización en ciberseguridade no Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros para conseguir a máis alta formación e especialización do profesorado e a xeración de proxectos de I+D+i que sexan de transferencia directa ás empresas e institucións.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta comproba no CEIP Plurilingüe da Carrasqueira o éxito dos programas de inclusión e innovación educativa
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa coñece no centro algunhas das iniciativas candidatas á convocatoria do programa de impulso a Centros Referentes
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira en Vigo, onde salientou o éxito dos programas innovadores que fomentan no centro a educación inclusiva e emocional. Esta visita enmárcase dentro da iniciativa da Xunta de crear unha rede de Centros Referentes, recoñecendo o labor de promoción dunha educación accesible e innovadora.
No percorrido, a representante da Consellería de Educación coñeceu espazos do centro como os patios inclusivos e a aula sensorial, deseñados para proporcionar aos alumnos unha zona adaptada que fomente a convivencia e a saúde emocional. Estas iniciativas son candidatas á convocatoria do programa de impulso de Centros Referentes que ten aberta a Xunta no marco do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia.
A directora xeral subliñou que estas iniciativas son fundamentais para crear un clima escolar positivo e inclusivo, destacando o “compromiso sólido da Xunta coa educación inclusiva e emocional”. Recordou tamén que Galicia conta cun dos sistemas educativos máis inclusivos do país e reiterou que a Consellería está traballando para seguir mellorando nesta dirección.
Ademais, Judith Fernández recordou que a Consellería de Educación está a desenvolver novos instrumentos para fortalecer a inclusión e o benestar emocional nos centros galegos, como unha ferramenta de sondaxe para medir o clima de convivencia, un Plan de Coeducación que fomente a igualdade e a renovación do protocolo de identidade de xénero. Estas medidas reflicten a aposta da Xunta por unha educación que sexa inclusiva e emocionalmente segura para todos os estudantes.
Durante a visita, coñeceu tamén as diversas iniciativas que o centro desenvolve en materia de innovación. Trátase de actividades dirixidas a fomentar a aprendizaxe e o desenvolvemento integral do alumnado, potenciando competencias clave como a comprensión lectora e a competencia matemática, á vez que promoven a igualdade, a convivencia e o benestar emocional.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalConvocatoria do programa InnovaTech FP 2024-2025
Publicada a Resolución do 12 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa InnovaTech FP e se establecen as bases para a participación dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024-2025.
O prazo de presentación de solicitudes será do 14 ao 29 de novembro, ambos os dous incluídos.
Tema:
Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Coordinación co Sistema ProdutivoColectivo:
Profesorado Centros Empresas- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »