Skip to Content

Agregador de novas

A Xunta pon a disposición do alumnado a ‘Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais’

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-16 13:09

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o director da Axencia para a  Modernización Tecnolóxica de Galicia fan fincapé na necesidade de que os rapaces conten coas ferramentas necesarias para o uso responsable da tecnoloxía

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de poñer a disposición do alumnado a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais, un documento que aborda, desde unha linguaxe sinxela e directa, a pegada dixital, os seus efectos e os riscos que implica.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participaron esta mañá no instituto IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela na presentación desta guía que se enmarca dentro do programa Pegada Dixital, unha das accións da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 para unha convivencia dixital responsable.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP salientou a necesidade de “ofrecer aos alumnos información e ferramentas para a adquisición de competencias e destrezas para o uso responsable, útil, seguro e ético destas novas formas de comunicación e interacción”. Con esta guía trátase, por tanto, de axudar aos rapaces a que fagan un uso proveitoso das tecnoloxías e que xestionen con seguridade os seus perfís nas redes sociais.

Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sinalou que unha das prioridades da Xunta “é poñer á disposición da comunidade educativa todas as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles” e con ese propósito puxéronse en marcha iniciativas como Abalar ou E-Dixgal. Un proceso de dixitalización que vai acompañado de formación e concienciación no uso adecuado da tecnoloxía como “esta guía que forma parte do programa de 250 obradoiros sobre Pegada dixital e uso seguro das redes sociais, que desenvolvemos en centros educativos desde hai dous cursos”.

A guía conta con apartados específicos sobre pegada dixital, redes sociais e dispositivos móbiles. No primeiro dos apartados aborda como se constrúe a pegada dixital, os riscos dunha pegada negativa e pautas para construír unha pegada positiva.

No apartado das redes sociais faise fincapé no poder dos datos persoais e danse pautas para protexerse nas redes así como para a configuración de privacidade e de seguridade, ao igual que para o caso dos dispositivos móbiles.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Proxectos de formación. Resolución de avaliación. Curso 2023-2024

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-16 08:33
Idioma Gallego

Publicada a resolución de avaliación dos proxectos de formación para profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial presentados á convocatoria do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.
 
Contra a presente resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución do devandito recurso esgotará a vía administrativa.

 

Tema: 

Formación

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE)

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-15 19:08
Idioma Gallego

Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE),dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

  • O prazo de envío de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta Resolución en https://www.edu.xunta.gal/portal/ e rematará o día 13 de novembro de 2024.

 

 

File: 

Resolución do 15 de outubro de 2024: Convocatoria

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-15 18:39
Idioma Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

Esta resolución vén publicada ao abeiro do Plan MEGA e está dirixida aos centros educativos públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Neste programa ofértanse 4 modalidades relacionadas coa innovación educativa:

1. Mat-Lab: o centro educativo como promotor do razoamento científico e do uso das novas tecnoloxías, con especial fincapé na competencia matemática

2. Leo-Lab: o centro educativo como promotor da mellora da comprensión lectora da comunidade escolar

3. Inter-Lab: o centro educativo como promotor da competencia en comunicación lingüística, da competencia plurilingüe e da internacionalización do seu alumnado

4. Sosti-Lab: o centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

O prazo de solicitudes estará aberto dende o día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo ata o día 13 de novembro, ámbolos dous incluídos.

 

Acceso á aplicación

 

File: 

Resolución do 15 de outubro de 2024: Convocatoria

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

A Xunta reforza o plantel de profesorado en case 300 centros a través do programa PROA+

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-15 12:03

Summary: 

Publícase a resolución provisional do programa, cuxos docentes se incorporarán ás aulas nos vindeiros días, cumprindo o calendario previsto no marco do Plan MEGA

Mañá ábrese o prazo de presentación de solicitudes da terceira medida do plan, o programa de Centros Referentes, dotado con 2M€

A mesa sectorial analiza hoxe a proposta da Consellería de Educación para reforzar a Inspección Educativa

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Instituto IES de Cacheiras (Teo), onde anunciou que a Xunta vai reforzar o plantel de profesorado en case 300 centros a través do programa PROA+, a segunda das medidas do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia.

O departamento educativo do Goberno galego vén de publicar a resolución provisional deste programa, segundo o cal 298 centros terán este reforzo docente. Deles, 97 son centros da provincia da Coruña, 42 da de Lugo, 53 da de Ourense e 106 da de Pontevedra. Un dos centros beneficiarios desta segunda medida do Plan MEGA é, precisamente, o IES de Cacheiras que, ao igual ca o resto dos seleccionados, recibirá o novo profesor nos vindeiros días.

Tal e como explicou o conselleiro, “con esta nova incorporación de profesorado seguimos cumprindo co calendario previsto para este plan, que comezou coa incorporación en setembro dos primeiros docentes de reforzo, vencellados ao primeiro programa, o Promociona”, afirmou.

Rede de centros referentes

Román Rodríguez salientou que hoxe tamén se publica a convocatoria do programa de referentes, que ten como finalidade crear unha rede de centros educativos que destaquen en materia de inclusión e innovación educativa e supoñan un exemplo de boas prácticas para o conxunto da comunidade educativa e, especialmente, para que poidan influír positivamente noutros centros similares.

Os centros que desexen sumarse a este terceiro programa do Plan MEGA poderán solicitalo desde mañá ata o 13 de novembro. Poderán facelo en dúas modalidades diferentes, unha centrada nos proxectos de inclusión educativa e outra nos de innovación.

Poderán participar neste programa os centros públicos que impartan ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Deberán elaborar un proxecto educativo centrado nalgunha das oito áreas de mellora ou ámbitos presentados na convocatoria: igualdade, convivencia, inclusión, benestar emocional, competencia matemática, competencia lectora, internacionalización e sostibilidade. Os detalles de cada área de mellora poden consultarse no Portal Educativo.

Os centros seleccionados desenvolverán o seu proxecto ao longo do curso 2024/25, para o que contarán co apoio específico do departamento educativo da Xunta a través de asesoramento, formación específica e difusión de boas prácticas. Asemade, darase aos centros dunha asignación extraordinaria para o desenvolvemento dos proxectos, para o que a convocatoria está dotada cun orzamento de ata 2M€.

Iniciativas innovadoras en Teo

No transcurso da visita ao IES de Cacheiras, o conselleiro puido coñecer de primeira man varias das iniciativas innovadoras desenvolvidas por este centro. Así mesmo, houbo demostracións dos clubs de lectura, de ciencia, de debate e oratoria e de teatro e tamén se presentaron os proxectos de voluntariado, así como as diferentes iniciativas que o centro desenvolve en prol da igualdade e da inclusión educativa, entre outros.

Reforzo da Inspección Educativa

Por outra banda, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP levou hoxe á Mesa Sectorial a proposta para reforzar a Inspección Educativa e, en concreto, para cubrir de forma provisional as vacantes existentes neste corpo, ben sexa porque os titulares das prazas se atopan en situación de prestación de servizos especiais ou outras circunstancias excepcionais, ben por causa de xubilación.

Estas prazas cubriranse de forma provisional a través dunha proba de coñecementos. En calquera caso, será necesario que os aspirantes sexan funcionarios de carreira do corpo docente cunha antigüidade mínima de oito anos.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Concurso relatos Samaín

Novas do centro - Mar, 2024-10-15 09:59

Concurso literario para o alumnado  5º e 6º de EP e alumnado de toda a ESO  .  Temática. SAMAÍN O prazo de entrega remata o luns 28 de outubro.  O estilo pode ser o seguinte:  - Conto, narrativa, banda deseñada e teatro cunha extensión máxima de 2 folios (4 carillas). -  - Poesía, de temática e métrica libre, cunha extensión máxima de 1 folio (2 carillas).    - O relato non poderá elaborarse na aula.   Os textos serán manuscritos e íntegramente en galego. Deben ser orixinais, sendo excluidos aqueles que teñan fragmentos ou partes de outros textos.   En canto as premios, haberá un para os mellores relatos de cada Ciclo Educativo (3ºC de EP, 1ºC da ESO e 2ºC da ESO). A aula con máis participantes no concurso gozará dunha sesión de cine de terror.   Indicar ó principio de cada traballo: Nome completo, curso e centro
Categorías: Novas

Resolución provisional Programa PROA+ (FSE+)

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-15 08:30
Idioma Gallego

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+ FSE+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos cursos 2024/25 e 2025/26.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+)

Tema: 

Atención á diversidade Programas e plans PROA

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Atención á diversidade e orientación
Categorías: Novas

A Xunta eleva a case 20 M€ o orzamento do Plan reforza da investigación universitaria coa dotación de 12 tecnólogos máis para apoiar o labor científico

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-14 17:19

Summary: 

Rueda salienta que a medida se enmarca na aposta da Xunta por consolidar un sistema de I+D “forte e competitivo”

O Consello autoriza inxectar case 1 M€ máis ás tres universidades públicas para cubrir novas necesidades de soporte á actividade investigadora

Os campus xa contrataron 132 destes profesionais o ano pasado ao abeiro deste plan, un 20 % máis do inicialmente previsto

Trátase de especialistas en xestión de proxectos de I+D+i en prol dun mellor funcionamento do sistema e de maior transferencia á sociedade

O presidente lembra que antes de finais de ano estará en marcha o Plan galego de investigación e innovación e que, ao longo da lexislatura, se creará a Fundación para o impulso da ciencia

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello acordou “elevar ata os 20 millóns de euros” o orzamento inicial do Plan reforza da investigación universitaria -posto en marcha o curso pasado- para que “os campus contraten a 12 tecnólogos máis que lles apoien” na súa actividade científica.

Unha medida que se enmarca, segundo explicou, na aposta da Xunta por consolidar un sistema de investigación “forte e competitivo” e que se traduce en novas iniciativas coma “o Plan galego de investigación e innovación” que estará en marcha antes de que remate o ano ou “a futura Fundación para o impulso da ciencia” que se creará ao longo da lexislatura.

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dunha addenda ao convenio coas tres universidades galegas a través do cal se puxo en marcha esta iniciativa o ano pasado. Este novo acordo, por importe de case 1M €, permitirá contratar 12 tecnólogos máis para apoiar a actividade investigadora.

Serán catro profesionais para cada unha destas institucións académicas, que se suman aos 132 xa contratados polas universidades o ano pasado ao abeiro deste plan, un 20% máis do inicialmente previsto. Deste xeito, a Universidade de Santiago de Compostela conta xa con 58 tecnólogos contratados ao abeiro do Plan reforza, a Universidade de Vigo, 40, e a da Coruña, 34.

A nova ampliación supón dar un paso máis na aposta do Goberno galego por un sistema de investigación universitario forte e competitivo con apoio estrutural e estable no referido ás estruturas de investigación. 

O Plan reforza da investigación universitaria ten un orzamento de 19,7M € para o período 2023-2026 e establece como obxectivos básicos o desenvolvemento e consolidación dos servizos de apoio á investigación dentro do Sistema universitario de Galicia (SUG) ao tempo que axuda ás universidades a optimizar e incrementar as súas capacidades en investigación, captación de recursos (de talento e de fondos), transferencia de coñecemento e internacionalización. 

Transferencia á sociedade

O apoio económico da Xunta materialízase en fondos para que as tres universidades públicas galegas contraten tecnólogos especializados en materia de I+D+i co obxectivo de dar soporte á actividade científica que veñen desenvolvendo e facilitar a transferencia de coñecemento ao conxunto do tecido empresarial. 

Trátase de profesionais xestores de I+D+i especializados en cuestións como a xestión de proxectos internacionais, a negociación cos sectores produtivos, a protección da propiedade intelectual, a posta en valor de resultados de investigación, o aproveitamento das infraestruturas científico-técnicas ou a xestión de recursos humanos e de comunicación, entre outros. 

Os tecnólogos actúan de nexo nas relacións entre os organismos de financiamento da investigación e a comunidade científica, tendo en conta cuestións como as diferenzas culturais e xurídicas entre países e entre o mundo académico e a industria. Isto é, xogarán un papel clave na xestión do bo funcionamento dos proxectos de investigación liderados polos científicos que traballan nas tres universidades públicas galegas. 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta destaca as medidas para potenciar a carreira investigadora no Campus Terra

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-14 17:18

Summary: 

O secretario xeral de Universidades pon en valor o investimento de case máis de 8,8M€ na estratexia de especialización deste campus

Idioma Gallego

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participou hoxe en Lugo na inauguración do I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra: Raíces do Coñecemento. Alí, destacou que a Xunta ten en marcha medidas concretas para potenciar a carreira investigadora progresiva e estable neste campus.

Entre elas, sinalou os contratos predoutorais e postdoutorais, así como as puntuacións específicas na baremación nas convocatorias anuais de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia para os campus non centrais.

O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor o investimento do Goberno galego, máis de 8,8M€, na estratexia de especialización deste campus, o segundo campus galego en acadar a acreditación que o recoñece como especializado. “O Campus Terra ten como obxectivo converterse nun referente científico e social nos ámbitos do coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental dos recursos da terra. Supón, polo tanto, unha gran oportunidade para a provincia de Lugo”, afirmou.

I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra vai dirixido a estudantes e novos investigadores co obxectivo de crear un ambiente de encontro entre a mocidade investigadora, do que poidan xurdir diversas colaboracións.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Biblioteca Creativa para o curso 2024/25

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-14 11:46
Idioma Gallego

Xúntase arquivo coa Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Biblioteca Creativa nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.

Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncias.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do proxecto Biblioteca Creativa para centros públicos que acollan ensinanzas de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2024/25

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Centros
Categorías: Novas

Ampliación do prazo de solicitude dos programas do Plan Eduemprende 2024-2025

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-14 08:50
Idioma Gallego

Ampliado o prazo para presentación de solicitudes de participación nos programas do Plan Eduemprende 2024-2025 ata o 28 de outubro, inclusive.

 

Tema: 

Programas e plans eduemprende

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Orientación e Innovación Profesional

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

A Xunta promoverá en 97 centros de secundaria de toda Galicia charlas a prol da elección de profesión sen deixarse limitar por prexuízos de xénero

Novas eduxunta - Sáb, 2024-10-12 11:53

Summary: 

Trátase dos beneficiarios da 3ª edición do programa Que non te líen, ti elixes, impulsado polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Do total de centros, 33 pertencen á provincia da Coruña, 32 á de Pontevedra, 22 á de Lugo e 10 á provincia de Ourense

O obxectivo é seguir avanzando na presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o forestal, a construción, o marítimo-pesqueiro, o do metal ou as TIC, contribuíndo a unha sociedade máis xusta e equitativa

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria da 3ª edición do programa Que non te líen, ti elixes, a primeira deste curso 2024-2025. Así, no marco da iniciativa impulsada polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, un total de 97 centros de secundaria de toda a Comunidade acollerán charlas a prol de que as mulleres escollan profesión atendendo ás súas capacidades ou motivacións persoais, sen deixarse limitar por prexuízos ou estereotipos de xénero.

En concreto, 33 dos beneficiarios pertencen á provincia da Coruña, 32 á de Pontevedra, 22 á de Lugo e 10 á provincia de Ourense. Todos son centros educativos galegos sostidos con fondos públicos onde estuda alumnado de 3º e 4º da ESO. A finalidade do programa no que participarán é seguir avanzando na presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o forestal, a construción, o marítimo-pesqueiro, o do metal ou as TIC, contribuíndo a unha sociedade máis xusta e equitativa. 

Así, nesta nova andaina do programa Que non te líen, ti elixes, as charlas didácticas e debates promovidos nos centros seguirán estando dirixidos por persoal de asociacións, fundacións e clústeres de sectores con escasa representatividade feminina, que porán sobre a mesa cuestións como as condicións laborais dos diferentes ámbitos profesionais, que constatan maiores salarios para os empregos que soen estar ocupados por homes. Tamén porán en valor mulleres referentes de éxito en ámbitos profesionais con reducida presenza feminina, para que poidan servir de exemplo ás novas xeracións.

Balance das edicións anteriores

A resolución da 3ª edición da iniciativa mellora os datos acadados nas anteriores. Así, na estrea do programa percorréronse uns 75 centros de ensinanza que estaban -polo xeral- situados preto de institutos de formación profesional nos que se ofrece cualificación de familias de sectores tradicionalmente masculinizados, cun total superior ás 140 charlas. Mentres, na segunda edición foron case 90 os centros onde se desenvolveron case 200 accións. En total, beneficiáronse nestes casos case 11.000 alumnos. 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Román Rodríguez agradece á CIUG o traballo desenvolto nos últimos meses que converte a Galicia na primeira comunidade do Estado en ter publicados os modelos de proba de acceso á universidade

Novas eduxunta - Ven, 2024-10-11 17:50

Summary: 

Subliña que Galicia ten os deberes feitos desde agosto coa presentación dos modelos de exame “en tempo, prazo e forma”, o que dá certezas aos profesores e aos alumnos

Gaba que a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades se abra paso no resto dos territorios, cun acordo entre 12 CCAA que aglutinan o 70% do alumnado e apoiado pola Conferencia de Reitores

Destaca a importancia de, “sempre desde o marco legal”, acadar “sinerxías e converxencias” en canto ás datas, contidos, estrutura e criterios de avaliación

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá cos representantes da Comisión Interuniversitaria (CIUG), para avaliar o desenvolvemento da Proba de Acceso á Universidade (PAU) que estrea formato en 2025, fixada para os días 3, 4 e 5 de xuño.

O titular de Educación do Goberno galego gabou “o intenso traballo” desenvolvido pola CIUG nos últimos meses, o que posibilitou que Galicia sexa a única comunidade autónoma que xa coñeza desde o pasado verán os modelos e a estrutura.

“En Galicia temos os deberes feitos desde agosto coa publicación dos modelos en prazo, tempo e forma”, explicou o conselleiro logo da xuntanza na que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e na que participaron como representantes da CIUG María Teresa Flores pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedro Armas pola da Coruña e Iván Area pola de Vigo.

Así pois, o traballo realizado ata o momento permite aos docentes e aos estudantes abordar o curso de 2º de Bacharelato desde o principio coas normas claras no que atinxe aos contidos académicos e poder presentarse con tranquilidade á PAU.

Román Rodríguez expresou que a liña aberta por Galicia é un traballo recoñecido a nivel estatal ata o punto de que foi compartida por outras comunidades autónomas e mesmo avalado pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), polo que a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades entre todos os estudantes independentemente de onde vivan estase abrindo camiño no resto dos territorios pese á inoperancia do Ministerio neste asunto.  

Coordinación e sinerxías

Neste senso, explicou que o reto é, sempre dentro do marco legal, “buscar sinerxías e converxencias” cunha proba “o máis homoxénea posible” en canto a datas, contidos, estrutura dos exames e criterios de avaliación, que permita acabar coas desigualdades que se estaban dando ata o momento nun sistema que funciona como distrito universitario único “pero con 17 portas de entrada diferentes”.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia leva meses coordinándose coas tres universidades públicas galegas, a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia, e con outras 11 comunidades que gobernan en conxunto para o 70% do alumnado para establecer un sistema o máis homoxéneo posible, un traballo que lle correspondería ao Goberno do Estado.  

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta e a Asociación de Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia colaboran para impulsar a acreditación de competencias neste eido

Novas eduxunta - Ven, 2024-10-11 17:49

Summary: 

A directora xeral de FP reúnese con este colectivo no Centro Integrado de FP A Xunqueira, en Pontevedra, un dos centros de referencia de acreditación nesta materia xunto co CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña

Case 150 profesionais deste sector beneficiáronse xa da acreditación de competencias, unha vía pola cal un traballador pode certificar as habilitades e coñecementos específicos dun campo profesional, o que lle abre vías no mercado laboral

Idioma Gallego

O Goberno galego, en colaboración coa Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD Galicia), traballa para impulsar a acreditación de competencias profesionais neste eido, unha vía administrativa pola cal un traballador pode certificar as súas habilidades e coñecementos específicos dun campo profesional específico, o que lle abre vías no mercado laboral.

A directora xera de FP, Eugenia Pérez, e a devandita entidade reuníronse no Centro Integrado de FP CIFP A Xunqueira, de Pontevedra, para facer un seguimento do proceso de acreditación de competencias neste campo e darlle un novo impulso a este procedemento ao abeiro do Plan FPGal360.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicou que, a través deste plan, a Xunta ten como obxectivo potenciar a capacitación profesional da poboación en xeral e a vía da acreditación de competencias é unha delas. “O reto que nos marcamos é reducir o abandono escolar, mellorar a inserción laboral e incentivar a formación daquelas persoas que no seu momento saíron do sistema educativo”, abondou Eugenia Pérez.  Así mesmo, gabou a importancia da colaboración con este tipo de entidades e colectivos xa que permite “un resultado máis óptimo do proceso ao acadar un maior número de persoas acreditadas”.

Ao proceso de acreditación de competencias poden apuntarse os candidatos que reúnan unha serie de requisitos mínimos  en canto a número de horas traballadas e/ou cursadas en formación non formal e a superación do mesmo permite aos traballadores a adquisición de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións profesionais. Así pois, esta vía demostra que un profesional non só posúe certas habilidades, senón que as demostrou ante a Administración. Isto repercute de xeito positivo no mundo laboral xa que permite ao acreditado mellorar as súas condicións, unha mellor adaptación aos cambios do mercado ou un recoñecemento internacional das súas competencias profesionais.

Centros referentes

O CIFP A Xunqueira de Pontevedra xunto co Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña son referentes en Galicia en canto a certificación no eido de arquivos e bibliotecas. Desde que o pasado ano se iniciou a colaboración con esta asociación, 145 persoas puideron certificar un total de 676 unidades de competencia. No CIFP A Xunqueira fixérono 50 persoas con 240 unidades acreditadas mentres que no Ánxel Casal-Monte Alto foron 95 persoas e 436 unidades.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta mellora a confortabilidade do colexio da Lama, en Pontevedra, coa impermeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca

Novas eduxunta - Ven, 2024-10-11 14:15

Summary: 

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visita o centro, onde o Goberno galego vén de investir 60.000€

Idioma Gallego

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez, visitou o colexio CEIP A Lama, en Pontevedra, para supervisar o remate das obras de mellora da confortabilidade do colexio, onde o Goberno galego vén de investir 60.000 euros.

A intervención, enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, consistiu na impemeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca escolar, que acolle tamén o Polo Creativo do centro. Isto permitirá evitar filtracións e, ao mesmo tempo, mellorar o confort deste espazo que é un dos máis activos do colexio desde o punto de vista académico.

Cómpre lembrar que, desde principios do ano pasado, o centro conta cun espazo renovado de biblioteca escolar máis amplo e mellor equipado grazas ao apoio da Xunta que, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, investiu un total de 55.000€ na obra de remodelación e mellora que levou aparellado o reforzo do equipamento e mobiliario e adquisición de novos fondos bibliográficos.

Ademais de salientar o compromiso do Goberno galego na aposta polo ensino no rural con infraestruturas modernas, confortables e totalmente equipadas, o director xeral gabou o “dinamismo” da biblioteca escolar deste centro que desde o curso 2009-10 forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional

Novas eduxunta - Ven, 2024-10-11 08:52
Idioma Gallego

Normativa reguladora: RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

  • Persoas destinatarias: Persoal docente de centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
  • O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será dende o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo e ata o día 31 de outubro de 2024, incluído.

 

File: 

Resolución do 11 de outubro de 2024 Anexo I (Solicitude) Anexo II (Renuncia)

Tema: 

Formación OBSERVA_ACCIÓN Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs Centro de formación e recursos da Coruña Centro de formación e recursos de Ferrol Centro de formación e recursos de Lugo Centro de formación e recursos de Ourense Centro de formación e recursos de Pontevedra Centro de formación e recursos de Vigo

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Documento informativo correspondente á Fase 2 do programa Observa_Acción

Novas eduxunta - Ven, 2024-10-11 08:45
Idioma Gallego

Documento informativo correspondente á Fase 2 do programa Observa_Acción relativo á RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

 

Anuncio principal: 

Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional

Tema: 

Formación OBSERVA_ACCIÓN Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Servizo de Programas de Formación

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Innovación
Categorías: Novas

Resolución definitiva programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

Novas eduxunta - Ven, 2024-10-11 08:36
Idioma Gallego

Resolución definitiva do 10 de outubro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2024/25, conforme ao disposto no apartado 7 da resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Centros
Categorías: Novas
Distribuir contido


by Dr. Radut