Skip to Content

Agregador de novas

A Xunta reforza este curso a formación do alumnado no uso responsable das tecnoloxías e as redes sociais con programas específicos de benestar dixital

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-31 14:13

Summary: 

Educación impulsa un abano de iniciativas neste eido, entre as que se atopa o ‘Navega con rumbo’ en coordinación co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática

Porase en marcha un novo programa para favorecer o correcto uso das novas tecnoloxías entre o alumnado de Primaria, cun orzamento de 2 M€

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia reforza este curso a formación do alumnado con programas específicos dirixidos a acadar un maior benestar dixital a través de un abano de accións neste eido co fin de promover un uso seguro e responsable das redes sociais e internet. Neste obxectivo, enmárcase o programa Navega con rumbo renovado hoxe polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Galicia, Fernando Suárez.

Navega con rumbo, que cumpre a súa 13º edición, realizará un total de 240 charlas de duración dunha hora. Estas xornadas están dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, 1º de ESO e 1º de FP Básica para guialo cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede. Por outra banda, faise partícipe a profesorado e familias das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado. Ademais, o convenio tamén recolle a elaboración dunha Guía de Boas Prácticas en Internet que estará dispoñible en soporte dixital na web asociada ao proxecto, como en formato impreso nos propios centros.

O convenio asinado hoxe enmárcanse na aposta do Goberno galego polo benestar dixital do alumnado, a adquisición por parte dos estudantes das competencias pedagóxicas axeitadas para o emprego das ferramentas tecnolóxicas e que sexan coñecedores dos riscos asociados ao ciberacoso. Esta prioridade recóllese na Estratexia Educación Dixital 2030 e no novo Plan integral contra o acoso e o ciberacoso, co obxectivo de que o desenvolvemento tecnolóxico sexa un medio de apoio ao proceso de aprendizaxe.

Prohibición do móbil e guía de uso

Ao abeiro deste compromiso, tal como avanzou o conselleiro de no Parlamento, a Xunta está actuando para adiantarse nos desafíos das novas tecnoloxías. Por iso, este curso vaise lanzar un novo programa dirixido ao alumnado de Educación Primaria para favorecer o correcto uso das novas tecnoloxías, cun investimento que superará os 2 M€. Así mesmo, a Xunta vén de poñer a disposición do alumnado a Guía de uso seguro de internet e as redes sociais, un documento da Axencia para a  Modernización Tecnolóxica de Galicia que aborda, desde unha linguaxe sinxela e directa, efectos e riscos. Forma parte do programa Pegada dixital que se desenvolve en centros educativos desde hai dous cursos con 250 obradoiros.

No que atinxe á prohibición dos teléfonos móbiles nos recintos escolares, que opera desde o curso pasado a través dunha instrución remitida aos centros, o resultado da medida avalíase como moi satisfactorio en xeral entre a comunidade educativa, con boa repercusión na convivencia escolar. Non obstante, para garantir aos centros o máximo soporte xurídico na súa aplicación e ofrecer todas as certezas aos equipos directivos, vaise modificar o decreto 8/2015, de convivencia, a través da Lei de medidas para reforzalo.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Galicia presenta en Canarias o éxito do seu modelo de FP en materia de inserción laboral

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-31 13:20

Summary: 

A directora xeral de FP participa no II Congreso da Industria de Canarias para explicar a estreita conexión entre a oferta formativa galega e o tecido socioprodutivo

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participa no II Congreso da Industria de Canarias (CICAN), onde foi convidada polo Goberno de dita Comunidade para presentar o éxito do noso modelo de Formación Profesional en materia de inserción laboral dos titulados, que en Galicia supera o 85%.

No marco da mesa redonda Formación para a empregabilidade, a representante da Xunta destacou a estreita conexión que existe entre a oferta de ciclos e másteres de FP en Galicia e as necesidades do tecido socioprodutivo. “A través do Plan Conecta FP recollemos as demandas de profesionais cualificados que nos presentan as empresas para deseñar unha oferta formativa que lles dea resposta e que, ademais, estea moi apegada ao territorio”, explicou.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP detallou tamén o proxecto InnovaTech FP, unha iniciativa galega que promove a resolución de retos empresariais por parte de estudantes de FP. Así mesmo, salientou que se está a dotar aos centros de FP de tecnoloxías innovadoras e recursos de simulación, realidade virtual e intelixencia artificial para que os estudantes estean cualificados no uso das ferramentas de vangarda que empregan as empresas.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Román Rodríguez anuncia a rehabilitación integral do Colexio CEIP A Igrexa-Calo, en Teo, por case 1 M€

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-30 15:46

Summary: 

Tamén está prevista a reparación da cuberta do Colexio CEIP Plurilingüe dos Tilos

A Xunta dá así resposta ás dúas principais necesidades da comunidade educativa deste concello coruñés

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou hoxe que o seu departamento vai acometer a rehabilitación integral do Colexio CEIP A Igrexa-Calo, en Teo. Fíxoo nunha visita ao centro, onde presentou o proxecto desta actuación que, cun orzamento de case 1M€, está incluída nos Orzamentos do Goberno galego para 2025.

O titular do departamento educativo da Xunta explicou que está prevista, así mesmo, a reparación da cuberta do Colexio CEIP Plurilingüe dos Tilos, cun investimento estimado de 350.000€. “Con estas dúas actuacións imos dar resposta ás dúas principais necesidades da comunidade educativa de Teo, cun investimento que vai superar os 1,3M€”, destacou o conselleiro. “Estas actuacións -subliñou- dan boa conta do compromiso do Goberno galego con este concello no que desde a Consellería levamos colaborando desde 2009”.

Román Rodríguez sinalou que ambas as actuacións teñen como finalidade principal mellorar o día a día dos alumnos e docentes destes colexios, incrementando o confort térmico das instalacións e, en xeral, a súa practicidade. Así mesmo, detallou que este tipo de actuacións redundan nunha mellora da eficiencia enerxética dos edificios e, como consecuencia, na redución do consumo. 

Estas novas intervencións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta para a modernización dos centros educativos, que inicia unha segunda fase cun investimento de 200 M€ durante os próximos catro anos, logo de ter executado xa máis de 2.700 obras desde 2021.

Reforma completa

A rehabilitación integral do CEIP A Igrexa-Calo permitirá renovar as instalacións do centro, solucionando os problemas derivados da súa antigüidade, de máis de 50 anos. Segundo indicou o conselleiro, en breve procederase á licitación desta rehabilitación e a previsión é que as obras, cun prazo de execución de cinco meses, arranquen no segundo trimestre de 2025.

Os traballos a realizar consistirán na substitución da cuberta existente por outra de panel de sándwich illante con lá de roca, a renovación das ventás por outras con rotura de ponte térmica e dobre acristalamento e o cambio deas luminarias por luces LED de baixo consumo en todas as áreas do colexio e no patio cuberto.

Tamén se levará a cabo unha optimización de espazos, renovación dos canlóns e baixantes do edificio, instalación de falsos teitos con protección acústica nas aulas, despachos e distribuidores de acceso, a renovación dos mesados da cociña coa substitución dos existentes fabricados en ladrillo por outros de aceiro inoxidable, a renovación do chan da escaleira principal con pavimento antiescorregadizo e a sinaléctica do centro.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta sitúa a educación emocional como un reto que esixe a implicación de toda a sociedade e evidencias científicas

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-30 14:36

Summary: 

O conselleiro de Educación participa no acto de presentación do monográfico ‘Educación emocional en tiempos de crisis global’ impulsada desde a Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, situou hoxe a educación emocional como unha necesidade que precisa da implicación de toda a sociedade, coas familias en primeiro plano, e de evidencias científicas. Fíxoo no Vicerreitorado do Campus de Lugo, onde participou na presentación do monográfico Educación emocional en tempos de crise global, publicado na revista Relieve co impulso da Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica.

O conselleiro agradeceu a implicación dos investigadores neste asunto a través desta publicación, que permite reflexionar e ofrecer solucións innovadoras para mellorar o sistema educativo e para atender situacións que poidan afectar á convivencia nas aulas.

No acto, participaron tamén o vicerreitor de Organización Académica, Francisco Fraga; o presidente da Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica, Jésus Miguel Muñoz, e a profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela, María Dolores Fernández, coordinadora do monográfico xunto a Raquel-Amaya Martínez, catedrática da Universidade de Oviedo.

Novas accións de mellora na convivencia

A Xunta ten en marcha a Estratexia galega de convivencia escolar para dotar aos docentes de ferramentas en educación emocional e para promover unha contorna de respecto e integración nos centros escolares. Nela enmárcanse iniciativas como o Plan integral contra o acoso escolar e o ciberacoso e a Guía de benestar emocional. Tamén medidas como a prohibición do uso do móbil nos centros educativos, que será reforzada agora a través da Lei de medidas.

De cara ao vindeiro ano, a Consellería está a preparar tres novidades neste ámbito, en concreto unha ferramenta de sondaxe para a medición do clima de convivencia, un Plan de coeducación que fomentará a igualdade nas aulas e a renovación do protocolo de identidade de xénero.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Galicia e País Vasco comparten o reto da atracción e retención de talento como unha das claves de futuro dos sistemas de investigación de ambas comunidades

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-30 13:59

Summary: 

O secretario xeral de Universidades cualifica de “moi positivo” o intercambio de experiencias para abrir reflexións conxuntas e analizar posibles liñas de cooperación e aproveitamento de sinerxías entre os centros punteiros de ambas comunidades

A delegación integrada por representantes da Xunta, das tres universidades públicas galegas e dos dez centros de investigación da Rede CIGUS pecha en San Sebastián unha visita de tres días para afondar nas potencialidades conxuntas no eido científico

Idioma Gallego

Galicia e País Vasco comparten o reto da atracción e retención de talento científico como unha das claves de futuro dos sistemas de investigación de ambas comunidades autónomas, así como a posibilidade de abrir liñas de cooperación entre ambos modelos.

Así se puxo de manifesto nos distintos encontros mantidos ao longo de tres días no marco dun intercambio de experiencias e aproveitamento de sinerxías entre os centros de investigación punteiros galegos e vascos que concluíu hoxe en San Sebastián e nos que participou unha delegación galega integrada polo secretario xeral de Universidades, vicerreitores de investigación das tres universidades públicas galegas e representantes dos dez centros que integran a Rede CIGUS da Xunta.

O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, José Alberto Díez, cualificou de “moi positivo” estes encontros na medida en que “permiten abrir reflexións conxuntas” para implementar accións “que supoñan un mellor aproveitamento do noso potencial científico”.

Políticas de gobernanza

Ademais de amosar a Rede CIGUS da Xunta, o encontro permitiu contrastar e poñer en común as distintas estruturas de gobernanza, políticas de funcionamento e esquemas de financiación que coexisten en ambos modelos e, deste xeito, poder afondar nas súas fortalezas e atallar as debilidades.

Os dez centros da Rede CIGUS que participaron neste intercambio son pola Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), o Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS), o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS); pola Universidade de Vigo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicacións (AtlantTTic), o Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIM), e pola Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).

Ademais de encontros bilaterais entre centros de investigación homólogos de ambas comunidades, durante tres días incluíronse visitas á Fundación para a Ciencia (Ikerbasque), o Instituto Biofisika- Fundación Biofísica Biskaia, Achucarro Basque Center for Neuroscience, Tecnalia, CICbioGuUne, CIGNanoGUNE, Basque Center on Cognition Brain and Language (BCBL) e Basque Research and Technology Aliance (BRTA).

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Convocatoria programa educativo EduReferentes 2024/2025

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-30 09:30
Idioma Gallego

Resolución 29 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo “EduReferentes” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/25.

 

File: 

Convocatoria Solicitude

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional Básica

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

A directora xeral de FP destaca a aposta da Xunta polas ensinanzas artísticas a través da nova gratuidade da matrícula

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-29 19:14

Summary: 

Eugenia Pérez reuniuse cos directores das escolas de arte e superiores de deseño e de conservación e restauración de bens culturais, co obxectivo de coordinar o desenvolvemento do curso e as actividades culturais

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, reuniuse esta mañá cos directores das catro escolas de arte e superiores de deseño de Galicia e da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, aos que agradeceu o seu traballo á fronte destas escolas, “que constitúen un dos piares fundamentais do ensino superior en Galicia”. Neste sentido, destacou a aposta da Xunta por estas ensinanzas, reforzada este ano pola posta en marcha da nova gratuidade de matrícula.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou, así mesmo, a incorporación do plurilingüismo a estas escolas hai dous cursos, co obxectivo de internacionalizar estas ensinanzas e mellor as competencias en linguas estranxeiras do alumnado. “Hoxe son xa catro as que se imparten en inglés no marco do programa PluriArt, ademais dunha sección bilingüe”, explicou.

Neste encontro, primeiro do curso dedicado aos centros de ensinanzas artísticas, os centros coordinaron o desenvolvemento do curso e as actividades culturais e de promoción das titulacións que imparten ao longo do ano académico, entre outras cuestións. Ademais dos representantes da Consellería, participaron no encontro os directores das escolas de arte e superiores de deseño Pablo Picasso (A Coruña), Elena Pardo; Mestre Mateo (Santiago de Compostela), Juan Adrio; Ramón Falcón (Lugo), Ramón Manuel Cabarcos; Antonio Failde (Ourense), Xosé Manoel González Rivera, e da Escola  Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (Pontevedra), Carmen Lorenzo.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Xunta e concello de Arteixo exploran novas vías de colaboración para o impulso da FP

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-29 19:10

Summary: 

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o alcalde, Carlos Calvelo, reúnense para estudar a reedición dun convenio que permitiu a posta en marcha de novos ciclos

Farase fincapé na orientación laboral integral do alumnado a través do Plan FPGal360

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, reuníronse esta mañá para explorar novas vías de colaboración para o impulso da FP neste concello e o fomento da orientación profesional integral a través do Plan FPGal360, que busca seguir reducindo o abandono temperá e favorecer que os alumnos acaden a maioría de idade cunha titulación.

Entre outros asuntos, estase a estudar a reedición do convenio asinado no ano 2017, a través do que se puxeron en marcha varios proxectos de FP Básica. Así mesmo, abordáronse as posibilidades que ofrece o procedemento de acreditación de competencias profesionais, polo que persoas que carecen  dunha cualificación recoñecida oficialmente poden acceder á mesma, demostrando as competencias adquiridas ao longo da vida tanto pola vía da experiencia laboral como pola vía da formación non formal.

Tanto a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP como o alcalde de Arteixo coincidiron na necesidades de reforzar todas as vías para ampliar as posibilidades formativas e profesionais do alumando deste municipio, aproveitando ademais as posibilidades de inserción laboral que o tecido produtivo da súa contorna lles ofrecen.

Neste momento o groso da oferta de FP no concello de Arteixo concéntrase no Instituto IES de Sabón, un referente na posta en marcha de proxectos innovadores e motivadores para o alumnado de FP Básica. Conta con máis de 200 alumnos matriculados nos ciclos de grao básico de Cociña e restauración, e de Electricidade e electrónica; nos de grao medio de Guía no medio natural e de tempo libre, Instalacións eléctricas e automáticas e Xestión administrativa, e no ciclo de grao superior de Administración e finanzas.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Resolución da Secretaría Xeral de Universidades pola que comunica o resultado da avaliación do rendemento das persoas investigadoras contratadas no Programa de axudas para a atracción e retención do talento investigador

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-29 14:17
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades pola que comunica o resultado da avaliación do rendemento das persoas investigadoras contratadas no Programa de axudas para a atracción e retención do talento investigador na categoría de personal investigador distinguido nas universidades del Sistema universitario de Galicia.

 

Anuncio principal: 

Axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593 e 594)

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-29 14:10
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 593100 Tecnoloxía musical e 593476 Jazz-contrabaixo do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria de elaboración das listas de interinidades e substitucións en especialidades de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593) e (594), e de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/2025 do corpo de mestres, Orientación (597039)

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-29 13:50
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/25 correspondentes á lista de Orientación do corpo de mestres.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso potestativo de reposición á lista definitiva ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Recurso de reposición” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo dun (1) mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional, ou directamente un recurso contencioso administrativo no prazo de dous (2) meses, a contar dende a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa..

Prazo de presentación de recurso: do día 30 de outubro ao día 29 de novembro de 2024, ambos incluídos.

A listaxe definitiva de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

Anuncio principal: 

Publicación das listaxes provisorias de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/2025 do corpo de mestres

Tema: 

Programas e plans Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións nas especialidades 590107, 590206 e 590227 do corpo de profesores de ensino secundario (590)

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-29 11:46
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 590107 Informática, 590206 Instalacións electrotécnicas e 590227 Sistemas e aplicacións informáticas do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Formación Profesional Básica Educación de persoas adultas Bacharelato de adultos Ensinanzas de educación secundaria

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Convocatoria do Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2024

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-29 09:14
Idioma Gallego

Resolución do 28 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2024 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2023/24.

A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional , vén de convocar a segunda edición do Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2024. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 30.000 euros.

Este galardón nace co obxecto de recoñecer aquelas actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo que implicaran un alto grao de compromiso coa loita contra situacións contrarias á convivencia escolar. Este premio enmárcase do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar estando financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través do Programa de Bienestar Emocional en el ámbito educativo.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederase para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

 

A

1º premio

8.000€

2º premio

4.000€

3º premio

2.000€

Mención de honra

1.000 €

 

 

B

1º premio

8.000€

2º premio

4.000€

3º premio

2.000€

Mención de honra

1.000 €

 

Os centros premiados nesta convocatoria recibirán o distintivo de “Tolerancia 0 fronte ao acoso escolar 2024 ”

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na web da consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/).

 

File: 

Convocatoria

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Atención á diversidade e orientación Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

A Xunta convocará en 2025 como mínimo 1.600 prazas de profesorado malia a baixada do alumnado para seguir mellorando un dos mellores rateos de España

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-28 15:20

Summary: 

Román Rodríguez detalla uns orzamentos que superan por primeira vez os 3.000 M€ nas áreas de educación e ciencia apostando claramente polo futuro de Galicia, o que volve situar á nosa Comunidade como unhas das que máis inviste por alumno

Sinala que o maior reforzo experiméntase na área de persoal para avanzar “nun camiño de mellora imparable” grazas ao acordo coas organizacións sindicais

Salienta que Galicia conta hoxe con máis de 5.000 profesionais dedicados á atención á diversidade fronte aos 2.700 do 2009 e anima a seguir mellorando neste eido

Anuncia plans de mellora en comedores, intercambios educativos co estranxeiro, convivencia escolar ou uso correcto de novas tecnoloxías entre os máis novos

As universidades recibirán unha achega récord de 538 M€ que sitúan a Galicia a piques de ser a primeira comunidade en acadar o 1% do PIB en recursos públicos

A área de ciencia medra 78 millóns ata os 372, “un crecemento superior á media dos orzamentos da Xunta que demostra o compromiso co fomento do I+D+i”

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou hoxe que a Xunta convocará o vindeiro ano como mínimo 1.600 prazas de profesorado a través dunha nova oferta de emprego público, oposicións que se levarán a cabo nun contexto de baixada continuada da matrícula. Isto permitirá que Galicia siga mellorando o seu rateo de alumnos por profesor, que xa é a terceira mellor de España, con 9,8 fronte á media estatal de 11,4.

Así o manifestou na Comisión 3ª do Parlamento, onde compareceu co seu equipo para presentar os orzamentos do seu departamento para 2025, que medran e superarán por primeira vez os 3.000 millóns, o maior investimento realizado nunca polo Goberno galego en materia de ensino e investigación. Estas cifras van permitir que Galicia continúe sendo unha das comunidades autónomas que máis inviste por estudante, con 8.075 euros, é dicir, 1.000€ máis que a media estatal situada en 7.043€, segundo as últimas estatísticas oficiais publicadas polo Ministerio de Educación, FP e Deportes.

“Galicia vai dispoñer do maior orzamento da súa historia dedicado á Educación, á Ciencia, á Universidade e á Formación Profesional e o fai por quinto ano consecutivo”, explicou Román Rodríguez, quen cifrou en máis de 121 millóns de euros o incremento respecto ás anteriores contas, en termos de orzamento consolidado. É dicir, un aumento do 4,2%.

Salientou que o apartado de Educación é o de maior peso da Xunta despois de Sanidade e representa case un 20% do orzamento total. Isto é posible grazas a un reforzo de fondos propios ante a retirada progresiva dos fondos extraordinarios europeos. Mentres, a área de investigación medra globalmente 78 millóns ata os 372, “un crecemento superior á media dos orzamentos da Xunta que demostra o compromiso co fomento do I+D+i”, detallou o conselleiro de Ciencia, quen lembrou a aposta do presidente Alfonso Rueda por elevar a rango de Consellería esta competencia nesta nova lexislatura co obxectivo de “buscar novas solucións para mellorar o benestar e calidade de vida da cidadanía e xerar coñecemento aplicable ao desenvolvemento económico e social”.

Máis profesores para menos alumnos

Román Rodríguez repasou cada un dos capítulos dos orzamentos, comezando polo de maior magnitude, o dedicado ao profesorado. Neste apartado, reserva 1.780 millóns, o que supón 90 millóns máis que no 2024, unha suba do 5,3%. “Máis profesores nun contexto de forte caída continuada na poboación escolar”, reflexionou o conselleiro, quen vencellou este notable aumento co acordo asinado hai un ano coas organizacións sindicais e reforzado agora ao ser elevado á máxima categoría a través da Lei de medidas, o que garante e clarifica o seu cumprimento íntegro ao longo dos próximos cursos: “Este incremento fará posible continuar coa a aplicación das condicións de mellora retributiva pactadas e do resto de medidas de mellora na atención ao alumnado con necesidades especiais, a baixada progresiva de rateos e o reforzo do ensino rural”.

De aí que en 2025 vaian celebrarse novamente oposicións. Desde 2009 convocáronse máis de 18.500 prazas e a nova oferta elevará esta cifra por riba das 20.000. Galicia consolidarase así como a comunidade autónoma con menor taxa de interinidade.

“Fomos quen de adiantarnos, ninguén está facendo o que fai Galicia: partindo dunha moi boa situación a nivel organizativo e de resultados, avanzamos nun camiño de mellora imparable”, afirmou Román Rodríguez en alusión á “maior modernización do sistema educativo galego en 30 anos”, co que se elevou a cifra de docentes este curso ata os 31.603 malia ter 4.000 alumnos menos en Infantil e Primaria. A través do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, xa están en marcha tres dos seis programas de reforzo (Promociona, Proa+ e Centros Referentes) e trabállase nos restantes: lectura e Matemáticas e apoio ao alumnado estranxeiro. “Queremos seguir avanzando nesta liña, comprometidos coa mellora continua e a autoesixencia”, manifestou o conselleiro, quen lembrou que Galicia pasou en poucos anos de estar por debaixo da media de España e da OCDE en PISA a estar por riba e mesmo liderar en Ciencias e pensamento creativo.

Referencia en inclusión educativa

No apartado de persoal, detívose especialmente nos profesionais de atención á diversidade, en áreas como Audición e linguaxe e Pedagoxía terapéutica, entre outros, que hoxe superan xa os 5.000 fronte aos 2.700 do ano 2009. Isto é posible grazas a unha aposta decidida da Xunta, que estrea este curso unha medida pioneira coa que no conta ningunha comunidade autónoma: a ponderación especial deste alumnado por dous ou por tres en función da súa situación, o que leva aparellado un reforzo de profesorado.

As estatísticas tamén certifican que o ensino galego é o máis inclusivo de España, con case un 94% do alumnado integrado en ordinaria; que temos o mellor rateo de alumnos por profesor en centros e Educación Especial (2,6 fronte á media estatal de 3,4) e que temos maior capacidade de detección a través dun sistema robusto e implicado. Para afondar neste liña, anunciou que Galicia se dotará da ferramenta Galiorienta, que seguirá mellorando a xestións destes recursos da man dos centros educativos.

No capítulo II, dedicado aos gastos correntes e dotado de 111 M€, salientou os gastos de funcionamento para os 1.068 centros públicos existentes, cifra que consolida os aumentos dos últimos exercicios. Neste epígrafe non se inclúe agora o transporte escolar -que pasa a depender da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes-, un servizo que, unido ao de comedor, supón un investimento diario de 1 millón de euros. Co fin de manter o apoio ás familias, os comedores da Consellería seguirán tendo conxelados os prezos públicos. Ademais, Román Rodríguez avanzou un novo plan de comedores para mellorar o servizo, en coordinación con varios departamentos da Xunta.

Universidade máis accesible de España

Continuou o conselleiro co capítulo IV, dedicado ás transferencias correntes, que suman un total de 792 millóns de euros. Este apartado posibilitará achegar ás universidades máis fondos que nunca: 538 M€. “Galicia realiza un esforzo extraordinario no financiamento das súas universidades públicas e volvemos marcar un financiamento récord cun crecemento de case o 5%”, indicou. Por iso, avanzou que Galicia está xa moi preto de acadar o 1% do PIB en recursos públicos ás universidades e ser a primeira comunidade en logralo, con moita antelación sobre o obxectivo fixado para 2030.

Son os primeiros orzamentos que habilitan fondos para a gratuidade da matrícula iniciada este curso e que fai que Galicia teña a universidade máis accesible de España.  “Galicia xa é a primeira comunidade autónoma —e a única por agora— cun sistema educativo público gratuíto desde a primeira etapa de Infantil ata os estudos superiores”, gabou o conselleiro sobre este compromiso electoral cumprido nos 100 primeiros días.

Enumerou tamén outras liñas de traballo como o Plan de infraestruturas, que permitirá mellorar diversos edificios en todos os campus galegos e a construción, entre outras actuacións, da nova Facultade da Farmacia en Santiago, ou o impulso do programa de especialización dos campus periféricos nas cidades de Ferrol, Lugo e Ourense.

Plan Galemundo de internacionalización

O capítulo IV complétase coas transferencias aos centros concertados, cuxo profesorado recibirá un incremento retributivo en termos semellantes aos restantes colectivos, así como todo o programa de apoio ás familias a través das axudas de libros de texto e material escolar, que manterán os incrementos realizados durante os últimos anos. Son medidas que contribúen a que o ensino galego sexa o máis equitativo de España ao favorecer a igualdade de oportunidades, segundo as avaliacións do informe PISA.

Tamén se duplicarán as bolsas para o retorno da mocidade no exterior que desexa cursar ciclos de FP. E, no ámbito da internacionalización, Román Rodríguez avanzou a posta en marcha do Plan Galemundo “para fomento dos intercambios e a formación educativa e lingüística no exterior” para darlle máis oportunidades aos máis novos, que segundo o estudo internacional de EF teñen o mellor nivel de inglés de España.

Construción de modernización de centros

Por último, en canto ao capítulo VI, disporase de máis de 136 millóns de euros. Deste xeito, afondarase na renovación de colexios e institutos co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que inicia unha segunda fase cun investimento de 200 M€ durante os próximos catro anos, logo de ter executado xa máis de 2.700 obras desde 2021.

Grazas a este investimento, realízanse ampliacións de centros educativos en concellos como Santiago de Compostela, Caldas de Reis, Arteixo, Vilagarcía de Arousa ou Redondela, entre outros; rehabilítanse outros na Coruña, Lugo, Carballo, Ourense ou Cambados e un longo etcétera e constrúense novos centros, caso do futuro Colexio CEIP Milladoiro en Ames, en fase de adxudicación por preto de 10 M€; o Instituto IES Domingo Villar de Navia, próximo a súa licitación por 14 M€, ou o futuro IES de Pereiro de Aguiar, en fase de redacción do proxecto cun investimento previsto de 9,3 M€.

Formación Profesional innovadora

Tamén este apartado acolle as accións máis relevantes no ámbito da Formación Profesional, unha prioridade para o Goberno autonómico. Esta Dirección Xeral compensa con fondos propios a finalización dos fondos europeos para ofrecer unha formación excelente adaptada ás necesidades da mocidade e dos sectores produtivos, que apostan masivamente por estas ensinanzas e marcan un novo récord de matrícula.

Este curso porase en marcha o decreto pioneiro para regular o rexistro de patentes e propiedade industrial neste tipo de ensinanzas; continuarase desenvolvendo InnovaTech FP para favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais co uso de tecnoloxías innovadoras, e apostarase por dotar aos centros con recursos de simulación, realidade virtual e intelixencia artificial para estar plenamente adaptados ás novas demandas, procurando así as elevadas cifras de inserción laboral, que superan xa o 85%.

Ademais, comeza a desenvolverse o Plan FPGal360, de orientación profesional integral, que busca ampliar de facto a idade de escolarización ata os 18 anos, para que ningunha persoa chegue á maioría de idade sen unha cualificación. Galicia aspira así a seguir reducindo o abandono escolar, que pasou en 15 anos de case o 26% a un 9%.

Transformación dixital e coeducación

Tamén a transformación dixital do ensino ten un rol relevante para garantir un modelo híbrido onde papel e tecnoloxía se complementan. Encádranse aquí programas de innovación educativa como cREAgal ou Ágora Dixital. Ademais, Román Rodríguez anunciou a posta en marcha dun programa dirixido ao alumnado de Primaria para favorecer o correcto uso das novas tecnoloxías cun investimento que superará os 2M€.

No ámbito contra o acoso escolar, avanzou tres novidades: unha ferramenta de sondaxe para a medición do clima de convivencia, un Plan de coeducación que fomentará a igualdade nas aulas e a renovación do protocolo de identidade de xénero.

Reforzo da aposta pola investigación

O conselleiro rematou a súa intervención cun repaso ao capítulo VII, onde ten especial protagonismo a Axencia Galega de Innovación, integrada nestes orzamentos por primeira vez na Consellería de Educación e Ciencia coa súa nova configuración.

Contará cun orzamento de case 120 millóns de euros para ser “a punta de lanza á vangarda da investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica” xunto ás universidades (que acadan récord en investigación con 106 M€), o sistema sanitario e iniciativas doutras consellerías. Precisamente, unindo forzas coa Secretaría Xeral de Universidades, reforzarase a Rede CIGUS que agrupa aos centros de I+D+i máis punteiros da USC, UDC e UVigo, así como dos centros tecnolóxicos vencellados a sectores produtivos (con apoios extraordinarios nos casos de CTAG e Aimen no Porriño, Gradiant en Vigo e CETIM en Culleredo) e dos novos centros de investigación empresarial en construción por parte de BorgWarner en Nigrán e de Mestrelab en Santiago.

Román Rodríguez marcou como obxectivos prioritarios a atracción e retención de talento científico, a nova fundación para a captación de investigadores de alto nivel internacional anunciada recentemente, o novo plan de I+D+i ante un ecosistema con máis de 12.000 profesionais ou o reforzo da supercomputación e o avance na cuántica a través do novo Cesga, un proxecto aprobado cun investimento de 56 millóns de euros.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Resolución provisional de centros admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2024/25

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-28 15:10
Idioma Gallego

A Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa publica a resolución provisional de centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2024/25. Poderán facer as súas reclamacións ou renuncias, tal e como consta no apartado décimo da resolución da convocatoria, por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto co modelo que se facilita.

Os centros disporán de 5 días hábiles a partir da publicación desta resolución no Portal Educativo.

Anuncio principal: 

Resolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos durante o curso 2024/25

Tema: 

Programas e plans Plan Proxecta

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Innovación
Categorías: Novas

Convocatoria do concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-28 14:04
Idioma Gallego

Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o concurso de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2024/2025.

A Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan o concurso de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2024/2025.

Concurso:

Establécense catro categorías, con cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria
  • Categoría 4: destinada a curtas realizadas con alumnado de quinto e sexto de educación primaria

Ademais, poderá concederse, a xuízo da Comisión de Selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de Accésit.

Aos colexios entregaráselles, ademais dun lote de libros, un contrasinal de entrada a unha plataforma de contidos dixitais en galego para poder acceder aos álbums ilustrados, sen necesidade de manipulalos, durante o curso 2024-2025.

Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os outros centros de titularidade pública que non estean en Proxecta, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoriaA data límite de envío das curtametraxes será o 30 de abril de 2025.

 

File: 

Convocatoria Anexos

Tema: 

Lingua galega Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Entidades autonómicas

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Resolución definitiva Programa Talentos Inclusivos 2024-2025

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-28 09:46
Idioma Gallego

Resolución definitiva do 24 de outubro pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar na V edición do programa educativo Talentos Inclusivos durante o curso 2024/25, conforme ao disposto na Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a V edición do programa educativo Talentos Inclusivos dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/25.

 

Anuncio principal: 

Programa Educativo Talentos Inclusivos 2024-2025

Tema: 

Información xeral Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado
Categorías: Novas

Galicia potencia a súa rede de centros de investigación universitaria cun intercambio de experiencias e aproveitamento de sinerxías co Pais Vasco

Novas eduxunta - Dom, 2024-10-27 14:49

Summary: 

Unha delegación integrada por representantes da Xunta, das tres universidades públicas galegas e dos dez centros de investigación da Rede CIGUS participarán esta semana nunhas xornadas en Biscaia sobre o papel que xogan estes centros no eido científico

Idioma Gallego

Galicia potencia os seus centros de investigación universitaria que conforman a Rede CIGUS de excelencia científica cun intercambio de experiencias e aproveitamento de sinerxías con centros de investigación do País Vasco que comezará mañá. 

Unha delegación galega integrada polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, vicerreitores de investigación das tres universidades públicas galegas e representantes dos dez centros de investigación universitaria que integran a 
Rede CIGUS da Xunta participarán durante tres días nunhas xornadas para afondar no papel que xogan estes centros como axentes científicos de primeiro nivel. 

As xornadas, que arrancan mañá luns e se desenvolverán ata o xoves, servirán para que ambas delegacións intercambien experiencias sobre o ecosistema de investigación, a xestión organizativa e científicos destes centros e identifiquen boas prácticas e iniciativas inspiradoras e atopar oportunidades de networking.

O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP participará na apertura das xornadas xunto co conselleiro de Ciencia, Universidades e Investigación do Goberno Vasco, Juan Ignacio Pérez, e co general manager da Fundación Vasca para a Ciencia Ikerbasque, Miguel A. Arocena.

Dez centros punteiros en Galicia

Os dez centros da Rede CIGUS que participan neste intercambio son pola Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), o Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS), o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS); pola Universidade de Vigo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicacións (AtlantTTic), o Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIM), e pola Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).

Na visita ao País Vasco, a delegación galega visitará a Fundación para a Ciencia (Ikerbasque), o Instituto Biofisika- Fundación Biofísica Biskaia, Achucarro Basque Center for Neuroscience, Tecnalia, CICbioGuUne, CIGNanoGUNE, Basque Center on Cognition Brain and Language (BCBL) e Basque Research and Technology Aliance (BRTA).

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas
Distribuir contido


by Dr. Radut