Novas da Biblioteca de Secundaria
Samaín 2024 na Biblioteca de Secundaria
04/11/2024
Achegamos unha presentación da Biblioteca de Secundaria que recolle as súas recentes actividades relacionadas co Samaín.
Celebracións do Día do Libro na Biblio de Secundaria
06/05/2024
Este ano 2024, para celebrar o Día do Libro, a Biblio de Secundaria trouxo a primavera ao Feal.
O noso alumnado e profesorado fixo preciosas rosas de papel para regalar xunto cun libro no posto de Secundaria da Feira do Libro. Pequenos e maiores levaron para a súa casa unha chea de libros de expurgo da biblioteca xunto coa súa rosa, celebrando así o San Xurxo do Feal.
Por outra banda, o alumnado de Lingua Castelá deu vida á unha árbore cubríndoa con preciosas follas de papel cheas de poemas e frases.
E como xa fixemos o ano pasado, os nosos corredores enchéronse de frases sacadas de grandes obras en galego, castelán, inglés e francés para que o alumnado puidese coller e regalar a quen quixese, xa que, en ocasións, non hai nada mellor que ofrecer que unhas bonitas palabras.
Entrega de premios do torneo de xadrez da ESO
02/04/2024
Durante o pasado mes de marzo tivo lugar na Bliblioteca de secundaria un apaixoante torneo de xadrez que chegou ao seu fin proclamando como campións a Iván López (4º B) como 1º clasificado, Xoel Durán (4º A) en segunda posición e completando o podio Xián Pena (4ºB).
Este torneo resultou unha experiencia interesante e enriquecedora onde alumnos e alumnas de diferentes cursos interactuaron, xogaron e animaron aos participantes, facendo que a Biblioteca fose un espacio de xogo e compañerismo. Moitas grazas a todos e todas as que participáchedes (alumnado e profesorado) e aos voluntarios da Biblioteca, en especial a Antía Picos, que estivo supervisando as partidas durante todo o mes.
Esperamos que disfrutárades do torneo, de seguro que faremos outro!
Comeza o torneo de xadrez na Biblioteca de Secundaria
06/06/2024
Ambientazo hoxe na primeira rolda do torneo de xadrez na Biblioteca de Secundaria. Ademais do éxito de participación, tamén hai que destacar a cantidade de xente que se achegou no recreo dun día soleado. Seguiremos informando!
Mes da Ciencia en Galego
12/12/2023
Durante o mes de novembro estivemos celebrando na Biblioteca de Secundaria o Mes da Ciencia en Galego. O noso alumnado pasou os tempos de lecer dándolle voltas ao coco intentado resolver unha chea de enigmas. O seu esforzo tivo tamén recompensa, xa que as profes de mate premiaron ao alumnado con positivos polo seu traballo.
Ademais fixemos unha pequena exposición con exemplares da biblio sobre ciencia en galego e algún atrezzo que tomamos prestado do laboratorio.
Gracias aos departamentos de Bioloxía e Matemáticas, e tamén ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega, pola súa colaboración.
Samaín 2023 na Biblioteca de Secundaria
10/11/2023
Durante esta pasada semana, a biblioteca tomou un aire máis tétrico gracias ao alumnado que participou no taller de manualidades de Samaín. Durante algunhas sesións no tempo de lecer a rapazada mostrou asúa creatividade facendo diferentes seres monstruosos que pasaron a ser hóspedes da nosa biblio por uns días. A biblio foi tamén o escenario perfecto para a entrega de premios do Concurso de microrrelatos terroríficos.
Concurso de microrrelatos terroríficos na ESO
06/11/2023
O alumnado da ESO participou nun Concurso de microrrelatos terroríficos co gallo da celebración do Samaín no noso centro. Aquí vos deixamos unha fotografía das gañadoras e gañadores. Parabéns!
Día Internacional do Libro
28/04/2023
O 23 de abril é a data proposta pola UNESCO para celebrar o Día Internacional do Libro, co que se busca o fomento da lectura e se fai un recoñecemento aos autores e ao mundo editorial. A elección dese día é un recordatorio do momento no que faleceron, en 1616, dous grandes xenios da Literatura: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Esta semana, a Biblioteca de Secundaria organizou diversas actividades para celebrar tan emblemático día: no taboleiro da biblioteca expuxéronse recensións de novelas galegas, feitas polo alumnado de 1º e 3º ESO.
Por outra banda, na entrada do centro colocouse un mural cunha grande árbore na que cada un podía aportar a súa "folla", expresando a razón que lle leva a ler (atopamos motivos moi convincentes). Esa árbore foi deseñada e pintada polas alumnas Sofía Martínez e Antía Picos (1º ESO-B), coa colaboración de Carla Hermida e Aroa Montero.
En cada corredor do colexio colocamos sonadas frases, escritas en diferentes linguas, que están a disposición de todos para agasallar cunha reflexión literaria.
Tivemos tamén a un grupo de alumnos e alumnas convertidos en reporteiros: realizaron unha enquisa sobre os libros favoritos. As respostas conseguidas estarán expostas na biblioteca de Secundaria e pode ser moi interesante esa lista das recomendacións que aportan os diferentes entrevistados. Estaremos ante un novo grupo de influencers?
Como reto, varios alumnos posaron como modelos de fotografía: de corpo enteiro e o rostro cuberto pola portada dun libro co que se identifican. O simpático resultado está subido no noso instagram, onde podes unirte a ese reto, etiquetando a túa foto.
Todas estas actividades continuarán a vindeira semana, así que animádevos a participar en calquera delas.
Agradecemos a implicación de toda a comunidade educativa nestas propostas e, principalmente, do noso equipo de voluntarios.
E, xa sabedes, LER SEMPRE É UN PRACER.
Entrega de agasallos
21/03/2023
21 de marzo, Día da Poesía, foi a data elixida para a entrega de agasallos aos alumnos premiados no concurso de Mensaxes de Amor. Grazas a todos por crear textos cheos de fermosos sentimentos.
Mulleres ao poder
16/03/2023
Coincidindo coa data do 8 de marzo, na biblioteca de Secundaria, organizamos unha exposición de libros que renden testemuña e homenaxe a mulleres destacadas en diferentes áreas: historia, matemáticas, literatura, ciencia.. Non deixes de visitar o noso espazo e gozar destas grandes historias.
E lembra que, dende xaneiro, tamén podes seguir as nosas actividades a través de Instagram.
Preme para ir ao Instagram da Biblioteca de Secundaria do Feal
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com