Novas da Biblioteca de Secundaria
A Biblioteca sae ao recreo
06/06/2011
O pasado xoves día 26 a Biblioteca de Secundaria saíu ao recreo. Foi unha festa!
Había bastante intriga, e iso que xa o fixeramos o curso pasado!
Este ano houbo unha novidade: un concurso. Entre todos os acertantes sorteouse un premio que gañou Marta Trigo de 2º B. NORABOA, MARTA!!
Hai que felicitar a todo o alumnado pola súa participación na festa (as lambetadas axudaron algo!) e, en especial, aos alumnos e alumnas de 3º de ESO que colaboraron moi activamente na organización e no desenvolvemento da actividade. GRAZAS A TODOS!
Mochilas Viaxeiras
10/02/2011
Estas que vedes aquí son as mochilas viaxeiras da Biblioteca de Secundaria. De feito, xa iniciaron a súa viaxe e andan polas casas dun par de alumnos do centro. Van cheíñas de libros interesantes para toda a familia e ademais recollerán as impresións, opinións e demais ideas de calquera usuario ao que lle apeteza escribir algo.
¡¡BOA VIAXE!!
Novas revistas na Biblioteca de Secundaria
14/12/2010
Na Biblioteca temos xa á disposición de todas e todos as novas revistas EL MUNDO DEL CABALLO e o MUY INTERESANTE JUNIOR.
Achégate nun recreo e pregunta por elas!
Novas revistas na Biblioteca de Secundaria
14/10/2010
Na Biblioteca de Secundaria estamos pensando en cambiar algunha das subscricións que temos. Pensamos que unha revista de animais tería moi boa acollida entre todos, pero estamos dubidando entre unha sobre cans e outra sobre cabalos... ti que pensas? Cal preferirías ti? Vota nesta enquisa e axúdanos a elixir!!
Cal destas dúas revistas preferirías ter na Biblioteca de Secundaria?
A Biblioteca saíu ao recreo
22/06/2010
Seguro que xa sabedes de que falamos. Hai uns días compartimos un recreo diferente e moi agradable coa biblioteca fóra das súas paredes. Agradecemos unha vez máis a colaboración de todo o alumnado nesta actividade.
Agardamos repetir a experiencia o vindeiro curso... pero OLLO!!
HABERÁ NOVIDADES!!
Alumnas/os colaboradores da Biblioteca de Secundaria
03/06/2010
Este é o noso equipo de alumnos que colaboran na Biblioteca nos recreos. Xa sabedes que podedes consultarlles dúbidas se buscades algo que non atopades, para usar os ordenadores ou para facer suxestións. A todos eles, moitas grazas por participar desinteresadamente nesta actividade!
Música galega na Biblioteca 4
27/05/2009
Dios que te Crew é un grupo de hip-hop de Ordes (A Coruña) formado en 2003 da fusión dos grupos 5Talegos e Ghamberros. Hoxe en día forman un colectivo de grafiteiros, break dance, rap e DJs, e nas súas actuacións en directo é habitual ver grafiteiros pintando no fondo do escenario e actuacións de break dance. De feito o nome da banda é un xogo de palabras xa que Crew en inglés significa “cuadrilla”.
O seu primeiro disco, Xénese, é do 2006 e foi no seu momento o primeiro disco de hip-hop editado integramente en lingua galega. Neste disco destacan temas como “Dios ke te Crew”, “Herdeiros da ditadura” ou “Apagha a tele”. Algúns deles serviron como banda sonora para varias curtametraxes como “Mártires” e “O derradeiro”.
Esperamos que disfrutedes deste hip-hop con mensaxe!!
Música galega na Biblioteca 3
19/05/2009
Marful é un grupo de música galega formado por Ugía Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual. Todos eles proceden do mundo da música clásica de do jazz e ademais de en Marful, cada un deles participa tamén en moitos outros proxectos musicais en Galicia.
A súa música está inspirada nos salóns de baile e nos cafés cantantes dos anos 30 e 40, na introdución das primeiras jazz-band en Galicia e na súa fusión coa música folque.
Combinan ritmos americanos e europeos: twist, tangos, habaneras, pasodobres, fox… creando unha música elegante e unhas letras persoais e irónicas.
O seu primeiro disco, que se titula Marful, é do ano 2006 e actualmente están a traballar no 2º. Hoxe presentámosvos a primeira canción do seu álbum, esperemos que vos guste!
Música galega na Biblioteca 2
12/05/2009
Esta semana presentamos a Ruxe-Ruxe, unha das bandas de rock máis importantes de Galicia, formada en Aríns (Compostela) no ano 1996.
Mezclan o rock coa música tradicional galega e unha actitude descaradamente punk. Hoxe en día están considerados como unha das propostas de rock en galego máis serias e con mellor directo. O seu último disco chámase “Xigantes” e está grabado nos estudios de Casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío.
Esperamos que vos guste!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com