Organización da Biblioteca de Secundaria
Horario
A Biblioteca de Secundaria está aberta todos os recreos (de 12:05 a 12:25). Ademais, podedes facer uso dela cando o profesorado vos leve dentro do horario lectivo.
Normas de uso
-
A Biblioteca é un lugar de lectura e estudo, polo cal é importante que todos/as gardemos silencio e respectemos aos demais usuarios.
-
Na Biblioteca pódense consultar libros, revistas, utilizar os postos de ordenadores e tamén facer préstamos de libros, filmes e CD-ROM.
-
Lembra que debes deixar o mobiliario colocado no seu sitio. Para consultar libros, temos unhas fichas de cores que podes utilizar para sinalar o sitio do libro e logo atopar máis facilmente onde volvelo.
-
Os préstamos e devolucións fanse en horario de recreo.
Onde atopo o que necesito?
Os libros están organizados segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU) e logo alfabeticamente segundo o apelido do autor.
- Cada libro ten unha etiqueta que leva un número, e cada número indica a materia da que trata o libro. Así, por exemplo, se precisamos un libro de Bioloxía, hai que buscalo na estantería do número 5, de Literatura no número 8, etc.
- Logo, a etiqueta leva tres letras en maiúscula, que se refiren ao primeiro apelido do autor.
- E por último, outras tres letras minúsculas que se refiren ao título do libro (sen contar os artigos).
Por exemplo, se queremos buscar A esmorga de Eduardo Blanco Amor, miraremos na estantería de Literatura Galega e novela:
823-G
E logo polo apelido do autor:
BLA
E finalmente, polo título (sen contar os artigos):
esm
Este libro levaría no lombo unha etiqueta como esta:
823-G BLA esm |
CLASIFICACIÓN | ||
0- Dicionarios. Enciclopedias 01 Catálogos 03 Dicionarios. Enciclopedias A-Z. Enciclopedias temáticas 1- Filosofía. Psicoloxía 2- Relixións. Mitoloxía 26 Cristianismo 29 Mitoloxía. Outras relixións 3- Ciencias Sociais. Educación 32 Política 33 Economía 37 Educación 39 Etnografía. Folclore. Usos e costumes. Vida social |
5- Ciencias Puras e Naturais 504 Ciencias do Medio Ambiente 51 Matemáticas 52 Astronomía 53 Física 54 Química 55 Xeoloxía 56 Paleontoloxía 57 Bioloxía 58 Botánica 59 Zooloxía 6- Ciencias Aplicadas. Tecnoloxía 61 Medicina 62 Tecnoloxía 63 Agricultura 64 Economía doméstica 67 Industria. Comercio. Oficios diversos 7- Arte. Música. Deportes 72 Arquitectura 74 Debuxo 75 Pintura 77 Cinematografía 78 Música 79 Deportes/Xogos |
8- Lingüística e Literatura 81 Lingüística e Teoría Literaria 82F Lit. en Francés 82I Lit. en Inglés 82G Lit. en Galego 821-G Poesía 822-G Teatro 823-G Novela. Contos. Lendas 829-G Cómic. Outros xéneros 82C Lit. en Castelán 821-C Poesía 822-C Teatro 823-C Novela. Contos. Lendas 829-C Cómic. Outros xéneros 9- Xeografía. Biografía. Historia 91 Xeografía 929 Biografía 94 Historia 944-E Historia de España 944-G Historia de Galicia |
»
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com