Novas da Biblioteca de Secundaria
Formación de usuarios na Biblioteca de Secundaria
08/10/2019
Estes días estamos levando a cabo xornadas de formación dos novos usuarios da Biblioteca de Secundaria. Hoxe foi a quenda do alumnado de 1º ESO-A. Na primeira parte da sesión, os rapaces reciben información sobre a organización dos fondos existentes e o funcionamento da sala, e na segunda parte da sesión, deben poñer en práctica o que acaban de aprender para resolver dúas actividades de manexo de bibliografía.
Grazas!
18/06/2019
O curso está a piques de rematar e hoxe despedimos ao grupo de voluntarias que traballaron na biblioteca de Secundaria durante estes meses. O seu labor e ilusión foron moi importantes para poder levar a cabo actividades e organización de material. Moitas Grazas!! (na foto non están todos os que formaron parte deste grupo).
17 de maio, día das Letras Galegas
16/05/2019
Mañá celébrase o Día das Letras Galegas. Na biblioteca de Secundaria organizamos unha selección representativa da boa literatura que existe na nosa lingua. Por suposto non poden faltar os libros que recollen o traballo etnográfico do homenaxeado este ano, Antonio Fraguas, así como unha biografía deste autor publicada polo escritor Héctor Cajaraville, quen hai pouco visitou o noso centro para falar da súa novela A caixiña dos rancores.
Grazas ao alumnado da ESO que sempre está disposto a colaborar no que lle demandamos. Agora a disfrutar da lectura nestes días de descanso!!
Día do Libro
16/05/2019
Con motivo do Día do Libro, que celebramos o 23 de abril, o grupo de voluntarios da biblioteca estivo a facer unhas enquisas a diferentes membros da comunidade educativa para ver cales eran os seus libros favoritos.
No taboleiro da biblioteca están publicadas as diferentes recomendacións.
Novidades da biblioteca
30/04/2019
Na biblioteca escolar tratamos de atender as demandas de usuari@s e a miúdo incorporamos novos fondos, tanto bibliográficos como de material audiovisual.
Podedes ollar os nosos expositores para coñecer as novidades. Esta semana destacamos dúas das películas máis aclamadas da temporada, así como novelas xuvenís solicitadas polo alumnado.
Nova maleta viaxeira
24/04/2019
Dentro do programa de Bibliotecas Escolares, a Xunta ofrece a posibilidade de acoller no centro diversas maletas viaxeiras. Recibimos a segunda maleta do curso. Neste caso contén 38 libros agrupados baixo o lema "por unha biblioteca inclusiva". Este material pode ser útil nas aulas, ou para lectura particular. Estará a disposición da comunidade educativa na biblioteca de Secundaria ata o 13 de maio (para consulta directa ou levar en préstamo).
Falamos dos románticos
22/02/2019
Rematamos o mes de febreiro coa lembranza de Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer, poetas representativos do chamado Post-Romanticismo. Curiosamente, ambos naceron neste mes tan amoroso.
Do luns 25 e ata o xoves 28, o alumnado que o desexe pode pasar pola biblioteca e participar no concurso proposto sobre estas dúas figuras que deixaron versos cheos de amor e desamor.
Títulos con Amor
14/02/2019
Noa Romero e Sara Vázquez, alumnas de 2º de ESO que forman parte do grupo de voluntariado da biblioteca, organizaron esta mañá unha pequena exposición de libros en distintos idiomas que conteñen a palabra amor no seu título. Estes exemplares quedan a disposición do público máis romántico.
O mes do Amor
Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria
11/02/2019
Febreiro é, por excelencia, o mes do Amor. Dende a biblioteca propoñemos un concurso de Mensaxes Amorosas, dirixido a todo o alumnado. Podes consultar aquí as bases, ou nos carteis que están na entrada do centro.
Premiados no concurso "Frases da Ciencia"
11/02/2019
Xa temos gañadores do concurso “Frases da Ciencia”!
- 1º de ESO: Iara Leal Cendán
- 3º de ESO: Iván Ferreira Galego
- 4º de ESO: Noa Filgueira Piñeiro
PARABÉNS!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com