Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Secundaria

Mensaxes de amor

Premiados no concurso de mensaxes de amor 2023Preme para ampliar a imaxe

17/03/2023

No mes de febreiro, a biblioteca celebrou o seu tradicional concurso de mensaxes de amor. Tras a deliberación do xurado, publicamos a lista dos premiados: o próximo luns recibirán o seu agasallo. Grazas pola participación.

Reto de lectura

Reto lector (24/01/2023)Preme para ampliar a foto

24/01/2023

A biblioteca de Secundaria comeza o ano con novos propósitos: o primeiro, conseguir que tanto o alumnado como o profesorado, adique máis tempo á lectura. Nestes tempos tan tecnolóxicos e virtuais, non debemos esquecer o pracer de coñecer as historias plasmadas nas follas dun libro. Para iso propoñemos un reto lector: de xaneiro a xuño deberás coller en préstamo, e ler, unha obra que cumpra coa temática sinalada.

Anímate a participar! Pasa pola biblioteca para coñecer a gran oferta bibliográfica que temos e na que poderás somerxerte para desconectar da rutina.

E tamén, para estrear este 2023, abrimos unha conta de Instagram, na que poderás seguir todas as actividades e novas relacionadas coa biblioteca. Síguenos en bibliodofeal.

Concurso de relatos de terror na ESO

Relatos de terror 2022Preme para ampliar a foto

18/11/2022

Con motivo do Samaín, o equipo de Dinamización da Lingua, organizou un concurso de relatos de terror. Foron moitos os traballos presentados polo alumnado da ESO. Grazas a todos pola participación. Tras a deliberación do xurado, esta mañá fíxose entrega dun agasallo aos rapaces premiados en cada categoría.

  • Categoría 1º-2º de ESO: O primeiro premio foi para Tania López Pazos (2º C), o segundo premio correspondeulle a Zeltia Freire Varela (1º B) e  Carla Hermida Valledor (1º B) recibiu o terceiro premio.
  • Categoría 3º-4º de ESO: Primeiro premio para Lucía Pereira Pena (3º C), o segundo premio foi para Manuel Freire Cagiao (3º A) e o terceiro premio concedéuselle a Sergio Calvo Meizoso (4º A).

Parabéns a todos os premiados!

Novidades na biblioteca

Novidades na bibliotecaPreme para ampliar a foto

14/02/2020

Durante as últimas semanas foron moitas as peticións dos nosos usuarios. Xa tedes á vosa disposición o material solicitado. Esperamos que lle saquedes bo partido.

O mes do Amor

Ciencia do amor

02/02/2020

Febreiro é, por excelencia, o mes do Amor. Dende a Biblioteca Escolar propoñemos un concurso de mensaxes amorosas, dirixido a todo o alumnado. Podedes consultar as bases neste enlace ou no taboleiro da entrada do centro, onde estará a caixa para depositar os textos participantes.

Equipo de voluntarias da biblioteca

Voluntarias da Biblioteca de Secundaria

29/01/2020

Un ano máis, o noso centro está adherido ao proxecto de Voluntariado na biblioteca escolar, que forma parte do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, incluído no plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe).

Nesta convocatoria son 16 alumnas as que participarán nas tarefas de organización e dinamización da biblioteca.

O pasado luns tivo lugar unha reunión de presentación do grupo e, tras un xantar de convivencia, realizamos unha actividade de formación para que coñezan as tarefas que deben asumir no que resta de ano. O seu labor será recoñecido cun diploma oficial de colaborador de biblioteca.

Grazas a todas elas pola súa boa disposición.

Novembro, mes da ciencia en galego

Novembro de 2019

09/12/2019

Durante a segunda quincena de novembro, na biblioteca organizamos un concurso relacionado coa temática da ciencia.

O mércores 5 de decembro fixemos entrega dos agasallos a todas as finalistas (aparecen na foto), con especial mención a Zeltia Dopico e Lola Filgueira que resultaron gañadoras desta proba de investigación.

Grazas a todas polo entusiasmo amosado!!

Día das bibliotecas

Día das bibliotecas 2019

11/11/2019

Un libro es una aventura era o lema agochado tras as pistas do xogo que desenvolvemos durante estes días.

O pasado venres fixemos entrega dun agasallo ás alumnas que participaron e resolveron esta proba. Grazas a todas polo voso entusiasmo.

Lembrade que nesta semana comezará un novo xogo de investigación, esta vez relacionado coa Ciencia, á que se lle adica o mes de novembro.

24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas

21/10/2019

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación española de Amigos do libro Infantil e Xuvenil (apoiada polo Ministerio de Cultura) en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

A iniciativa xorde para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.

Na biblioteca do CPI do Feal propoñemos estes días un xogo para que o alumnado sexa consciente da importancia deste espazo e da lectura.

Do 22 ao 28 de outubro cada recreo atoparás na biblioteca unha pregunta, que ten como resposta unha sola palabra. Fai a túa investigación e cando desveles as cinco palabras, forma unha frase (lema) relacionada coa lectura.

O día 30 entrega a túa papeleta. Entre o alumnado que descubra o lema agochado, faremos un sorteo de agasallos.

Día das escritoras

Día das escritoras 2019

15/10/2019

Mujeres, amor y libertad é o lema elixido na IV Edición do Día das Escritoras, conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executiva, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas.

Coincidindo coa festividade de Santa Teresa de Jesús, na biblioteca recollemos unha selección de obras de diferente temática escritas por mulleres ao longo da historia.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido