Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Secundaria

Concurso de declaracións de amor 2016

Declaracións de amor 2016

15/03/2016

No recreo do pasado venres, déronse os premios do concurso de declaracións de amor. Os traballos do alumnado premiado levan xa dúas semanas expostos na cortiza da biblioteca de Secundaria. Por categorías, @s premiad@s foron: Sara Díaz e Alba Fachal en prosa en castelán, Gabriel Pardo e Lara Beceiro en debuxo, Alicia Santos e Estefanía López en poesía en galego e Alba Guerrero en poesía en castelán. Moitas grazas a tod@s @s que participastes nesta actividade!

Declaracións de amor 2016

O Gran Reto da Biblioteca de Secundaria

 

Tux - Sherlock Holmes

16/11/2015

Presentamos o terceiro reto deste curso na Biblioteca de Secundaria. Os que estades participando na serie, tedes ata o 25 de novembro para entregar as vosas respostas.

The Hunger Games

Investiga no novo reto

Necesitamos voluntari@s para a Biblioteca de Secundaria

USA

13/10/2015

Colabora na Biblioteca de Secundaria. Só tes que anotarte na lista da mesa do profesor na Biblioteca. E lembra que todas as boas obras teñen a súa recompensa… Guiño

URSS

Carlos Negro: poesía para nós

25/05/2015

Este luns pola tarde foi un pouco especial. Recibimos na nosa biblioteca ao poeta Carlos Negro, autor de Makinaria e Penúltimas tendencias. Para moitos foi seguramente o primeiro achegamento a un libro enteiro de poesía; aínda que como el mesmo bromeaba, ben se poden ler calquera deles en pouco máis de media hora! Fixo unha presentación moi interesante e dinámica, sorprendéndonos cos seus recitados emocionantes ou cheos de humor e forza.

Ben seguro que moitos dos asistentes lle seguiremos a pista a partir de agora a este profesor metido a escritor. Moitas grazas pola visita, Carlos Negro!

Carlos Negro

Fai clic para ver máis fotos

A biblioteca sae ao recreo

Bibliorecreo 2015

27/05/2015

Hoxe pola mañá, aínda que o vento non quixo faltar un ano máis, puidemos sacar a nosa biblioteca ao recreo como vén sendo tradición no Feal.

Estade atent@s nos próximos días porque publicaremos o nome dos acertantes do cuestionario. Moita sorte a tod@s!

Gañador no concurso da Biblioteca sae ao recreo

Gabriel Pardo Buján

17/06/2014

Aquí temos por fin o gañador do cuestionario que fixemos cando sacamos a biblioteca ao patio: Gabriel Pardo Buján, de 1ºB de ESO.

En realidade, foi o único que completou correctamente todas as respostas... e iso que había un lote de participantes!

Merece a nosa noraboa de maneira moi especial, e tamén volvemos a agradecervos o entusiasmo e a participación nesta actividade un ano máis.

A Biblioteca sae ao recreo

A Biblioteca sae ao recreo 2014

Fai clic para ver máis fotos

03/06/2014

Por fin puidemos sacar a Biblioteca ao recreo! Este ano o tempo estivo mareándonos e xa non o tiñamos nada claro.

Hoxe non nos puidemos queixar e case todos vos achegastes ás nosas mesas cheas de libros, mentres dabades boa conta das mazás... e tamén das lambetadas con que agasallamos a aqueles que se animaron co cuestionario que propuxemos.

Estade atentos, porque nestes días comunicaremos o gañador entre os acertantes! Escollerao unha man inocente durante un dos próximos recreos.

Moita sorte e grazas pola colaboración de todos, en especial aos axudantes de Biblioteca!

 

A Biblioteca sae ao recreo 2014

Fai clic para ver máis fotos

Antonio Seijas na nosa Biblioteca

Antonio Seijas

02/06/2014

Esta semana tivemos na nosa biblioteca a visita de Antonio Seijas, ilustrador e autor de banda deseñada. Falounos entre outras cousas do seu libro Cartas de inverno, que partiu da novela de Agustín Fernández Paz.

As rapazas e rapaces de Primeiro de ESO participaron nesta actividade: coñeceron a súa obra, fixéronlle algunhas preguntiñas... e levaron unha dedicatoria moi especial (con debuxo incluído!) todos aqueles que se achegaron co seu exemplar.

Foi un pracer, Toni!

Antonio Seijas

23 de abril

23/04/2014

Máis fotos na Galería

Neste día tan especial para todos os que gozamos coa lectura, celébrase a o Día do Libro. Coincidindo con esta festa, no noso centro recibimos a visita dun escritor, Marcos Calveiro, que conversou cos alumnos de 5º e 6º de Primaria sobre o seu libro Palabras de auga, premio Merlín no ano 2012; e cos de 3º e 4º de ESO sobre O pintor do sombreiro de malvas, premio Lazarillo no 2009.

Contounos un montón de cousas sobre a creación destas dúas novelas e acompañou cada ponencia cunha presentación de imaxes relativas aos escenarios de cada historia. Explicounos que se sentía atraído por ambientes afastados e exóticos e de aí que non acostume a situar aos seus personaxes en Galicia. Comentounos como fora en cada caso a documentación previa á escrita; no caso de Palabras de auga, procurou datos sobre o suahili, para espallar esas palabriñas polos capítulos que nos achegan á historia dun neno dunha tribo africana. A inspiración na novela sobre os últimos meses de Van Gogh en Auvers naceu do catálogo dunha exposición sobre esta derradeira parte da vida do pintor; cada capítulo parte dun dos máis de 70 cadros que pintou nesa vila, e Marcos Calveiro foinos contando como lle foron servindo para a elaboración do fío argumental e a composición das distintas personaxes, reais ou ficticias.

Como sempre, unha boa experiencia a de compartir a visión que temos como lectores dunha obra co autor da mesma. Puidemos consultarlle as nosas dúbidas e tamén achegarnos a el para que nos asinase cada un dos nosos exemplares.

Libros de Calveiro

IV Concurso de declaracións de amor

IV Concurso de declaracións de amor

11/03/2014

Por fin temos os resultados do concurso! A gañadora é unha carta que escribiu Ainhoa Lechuga, de 3º B de ESO. Proximamente entregarémoslle un agasalliño como premio polo seu traballo. 

Podedes ver o seu texto exposto no taboleiro da Biblioteca de Secundaria. Noraboa á gañadora!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido