Novas da Biblioteca de Secundaria
A voaaaaaaaaarr!!!
19/02/2018
As mochilas viaxeiras de Secundaria xa están listas para voar. Nelas poderedes atopar libros e filmes para vós e tamén para compartir cos maiores e pequenos da familia. Achegádevos á Biblioteca para facer o préstamo!!
Xadrez no recreo
16/11/2017
Os xoves no recreo, vén xogar ao xadrez na Biblioteca de Secundaria!
Esta actividade forma parte do proxecto " Recreos Activos", do Plan Proxecta. Está organizado polo departamento de Educación Física.
Anímate!
Formación de Usuari@s na Biblioteca de Secundaria
16/11/2017
Estas semanas leváronse a cabo as sesións de "Formación de Usuari@s" para o alumnado de 1º de ESO. Os alumn@s aprenderon como está distribuído o espazo da Biblioteca, a atopar o material no catálogo online, ademais de divertirse cos xogos das etiquetas e de resolución de problemas.
Moitas grazas ao departamento de Lingua Castelá e Literatura pola súa participación na actividade.
Escritores e lectores
24/04/2017
O alumnado do Club de Lectura de 3º e 4º ESO reuniuse nesta ocasión para falar da obra Sin noticias de Gurb, do escritor Eduardo Mendoza, que vén de recibir o Premio Cervantes 2016.
Non podía faltar nesta xuntanza un recordo do autor do Quixote, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 abril).
Para rematar esta xornada literaria, recibimos a comunicación de que Noa Filgueira Piñeiro (2º de ESO - A) foi seleccionada entre as finalistas provinciais no Concurso de Relato Curto promovido por Coca Cola e apoiado pola R.A.E. Parabéns!!
Celebrando o 8 de marzo
08/03/2017
No marco da celebración do Día da Muller Traballadora, os estudantes de 4º B da ESO realizaron un mural onde expresan as súas opinións acerca da necesaria igualdade. Parabéns a tod@s os que propuxeron e participaron nesta iniciativa, aínda que non saian na foto.
E recordar a todo o alumnado que ata o venres poden participar no concurso de "Mulleres de ciencia" intentando conseguir o maior número de cartas de científicas, e así lograr un premio e coñecer moito mellor o traballo de tantas mulleres que ás veces queda oculto.
Premios no Concurso de Declaracións de Amor
07/03/2017
Este é o alumnado premiado no Concurso de Declaracións de Amor deste ano, e que recibiu os seus premios nun acto celebrado na Biblioteca de Secundaria:
- Noa Filgueira Piñeiro: primeiro premio na categoría de poesía en castelán.
- Hely José Puche Fuenmayor: segundo premio na categoría de poesía en castelán.
- Jennifer Fernández Cuéllar: terceiro premio na categoría de poesía en castelán.
- Andrea Silva Beceiro: premiada na categoría de carta.
- Jennifer Corral Calvo, Andrea Silva Beceiro e Zheng Xiang Liu premiados na categoría de mural.
Moitas grazas a todo o alumnado que participou nas actividades, e parabéns ao que resultou premiado!
Club de lectura
06/03/2017
A biblioteca de Secundaria ten en marcha dous clubs de lectura. Hoxe reuniuse o alumnado de 1º e 2º ESO para intercambiar impresións sobre a novela elixida este mes: Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr. Destacamos o entusiasmo e o xuízo crítico que amosan estes rapaces ante a actividade lectora.
Mensaxes de amor
14/02/2017
Un Cupido moi especial e a súa axudante percorreron esta mañá as aulas do Feal, repartindo mensaxes de amor.
En Memoria das Vítimas do Holocausto
18/01/2017
Desde hoxe, pódese visitar a exposición “Galegos en Mauthausen”, situada no corredor da Biblioteca de Secundaria do noso centro. A mostra está composta por un total de corenta imaxes nas que se fai referencia aos represaliados no campo de Mauthausen. Permanecerán expostas ata finais deste mes: fotografías desa localidade, do campo de concentración, dos represaliados, da escaleira da morte, das fábricas soterradas, e dos represaliados da comarca de Ferrolterra, entre outras.
Esta exposición foi organizada pola nosa profesora de Xeografía e Historia Eva Loureiro, en colaboración co Concello de Narón, con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.
A biblioteca volve ao recreo
28/10/2016
Vale, xa levamos varios anos facendo unha foto moi parecida da biblioteca saíndo ao recreo, pero a nosa creatividade está en decadencia. A ver se a próxima vez polo menos cambian as mesas de sitio
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com