Saltar navegación.
Inicio

Día Internacional do Libro

Día do Libro 2023Preme para ver máis fotos

28/04/2023

O 23 de abril é a data proposta pola UNESCO para celebrar o Día Internacional do Libro, co que se busca o fomento da lectura e se fai un recoñecemento aos autores e ao mundo editorial. A elección dese día é un recordatorio do momento no que faleceron, en 1616, dous grandes xenios da Literatura: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Esta semana, a Biblioteca de Secundaria organizou diversas actividades para celebrar tan emblemático día: no taboleiro da biblioteca expuxéronse recensións de novelas galegas, feitas polo alumnado de 1º e 3º ESO. 

Por outra banda, na entrada do centro colocouse un mural cunha grande árbore na que cada un podía aportar a súa "folla", expresando a razón que lle leva a ler (atopamos motivos moi convincentes). Esa árbore foi deseñada e pintada polas alumnas Sofía Martínez e Antía Picos (1º ESO-B), coa colaboración de Carla Hermida e Aroa Montero.

En cada corredor do colexio colocamos sonadas frases, escritas en diferentes linguas, que están a disposición de todos para agasallar cunha reflexión literaria.

Tivemos tamén a un grupo de alumnos e alumnas convertidos en reporteiros: realizaron unha enquisa sobre os libros favoritos. As respostas conseguidas estarán expostas na biblioteca de Secundaria e pode ser moi interesante esa lista das recomendacións que aportan os diferentes entrevistados. Estaremos ante un novo grupo de influencers?

Como reto, varios alumnos posaron como modelos de fotografía: de corpo enteiro e o rostro cuberto pola portada dun libro co que se identifican. O simpático resultado está subido no noso instagram, onde podes unirte a ese reto, etiquetando a túa foto.

Todas estas actividades continuarán a vindeira semana, así que animádevos a participar en calquera delas.

Agradecemos a implicación de toda a comunidade educativa nestas propostas e, principalmente, do noso equipo de voluntarios.

E, xa sabedes, LER SEMPRE É UN PRACER.

Instagram @bibliodofealPreme para ver o Instagram da Biblioteca de Secundaria

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com