Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión
A nosa auxiliar de conversación en inglés en La Voz de Galicia
16/04/2018
Laura González Ladicani, que é a auxiliar de conversación en inglés que temos este curso no Feal, apareceu en La Voz de Galicia do 15/04/2018 (xunto con outra compañeira que traballa noutro centro). Sen dúbida, a súa axuda fai que o noso alumnado teña unha educación máis completa.
Participación do CPI do Feal no programa Erasmus +
08/03/2018
As profesoras de Ensino Secundario Mar González e Montse Lorenzo están esta semana na cidade francesa de Burdeos participando no programa Erasmus +.
Neste proxecto, participan diferentes centros de Primaria e Secundaria da provincia de A Coruña coa finalidade de aprender linguas estranxeiras e coñecer as ferramentas pedagóxicas empregadas noutros sistemas educativos, para enriquecer o noso labor docente.
La belle et la bête
05/03/2018
O alumnado de 3º e 4º ESO que cursa a materia de Francés, asistiu o pasado venres á representación da coñecida obra francesa La belle et la bête, no colexio Santa Xoana de Lestonnac.
A obra foi adaptada do texto orixinal do século XVIII por parte da compañía teatral La Bohème, que ofreceu un bonito espectáculo fusionando o teatro con elementos visuais e musicais.
Tralo espectáculo, os actores mantiveron un coloquio co público sobre diversos aspectos da representación.
Fin da viaxe a Andorra de 4º e 3º de ESO
04/03/2018
O sábado ás 11:00 da mañá chegabamos ao centro despois de viaxar toda a noite. Rematabamos así unha semana de días na montaña, de telecadeiras e teleféricos, de nevaradas e sol, de diversión, de novas aprendizaxes... Viñemos moi contentos con todo o grupo esquiando e sen lesións. Esperamos que a viaxe se convirta nunha experiencia inesquecible para todas as participantes. Grazas polo voso comportamento exemplar!!
Sonia e Carlos
Nota: Xa temos un álbum na nosa Galería chamado "Andorra 2018" (grazas especiais a Estefanía Silva Beceiro).
Quinta crónica desde Andorra
01/03/2018
Hoxe (penúltimo día), ao chegar ao aparcamento do bus tivemos que esperar a retirada da neve da saída, momento que aproveitamos para facer esta foto. Chegamos xustas para coller o material (que gardamos cada día nunha gaiola na propia estación) e comezar o curso.
Despois de dous días sen poder facelo, a nosa compañeira Alba Rey recibiu un curso personalizado de esquí da man dos nosos profes Sonia e Carlos, para recuperar o tempo perdido.
Pola tarde, mentres un grupo seguía a esquiar no sector do Tarter, outro composto por rapazas de Xove, do noso centro e os profes Rodrigo e Carlos, baixamos unha das pistas que máis nos gusta (Gall de Bosc). Mañá esperamos despedirnos con bo tempo.
Laura Corral e July Villadóniga
Cuarta crónica desde Andorra
28/02/2018
Hoxe sorprendeunos o cambio de tempo, a nevada que facía que as telecadeiras se movesen máis do habitual. Aínda así, o tempo permitiunos esquiar en novas pistas azuis, como a Gall de Bosc, unha das máis compricadas que baixamos ata agora. Debido ao cansazo e o mal tempo, decidimos voltar antes a Escaldes para ter un pouco máis de tempo libre e tamén poder ir de tendas.
Lucía Gómez e Lara Beceiro
Terceira crónica desde Andorra
27/02/2018
Segundo día de esquí rematado con algún pequeno susto, pero preparadas para esquiar mañá (xa vedes como vai mellorando a habilidade no breve vídeo de adianto).
Para recuperar o corpo do esforzo e pasar dúas horas de forma divertida, agora toca visita ao Spa Caldea. Non todo vai ser esquí.
Segunda crónica desde Andorra
26/02/2018
Hoxe tivemos o primeiro curso de esquí (de dúas horas de duración) no sector El Tarter, cos monitores Álex e Iván. Antes e despois de xantar esquiamos por grupos. Sobre as 18:00 volvimos ao hotel, deixamos as cousas e tivemos tempo libre ata a hora de cear. Sol sen vento e boa temperatura. O día foi espectacular!
- Crónica: Ariadna Ramos, Antía Rodríguez e Alba Romero
- Fotos: Estefanía Silva e Sonia Álvarez
Primeira crónica desde Andorra de 4º e 3º de ESO
25/02/2018
Xa estamos preparadas para o primeiro día de esquí. Hoxe domingo sobre ás tres da tarde chegabamos a Andorra. Compartindo autobús con alumnado do IES Illa de Sarón (de Xove), realizamos tres paradas (Villafranca del Bierzo, Burgos e Alfajarín) ata completar unhas longas quince horas de viaxe. Despois de instalarnos no Hotel Cassany, o seguinte destino é a estación Grandvalira - El Tarter, onde mañá comezaremos as clases de esquí.
Alba Fachal e María Rodríguez
Visita á biblioteca municipal
23/02/2018
O pasado mércores, o grupo de 1ºESO-A acudiu á Biblioteca Municipal de Narón, acompañado pola súa profesora de Lingua Castelá. Esta actividade forma parte das propostas que fai o Concello para apoiar os recursos educativos.
A coordinadora da Biblioteca ensinoulles as instalacións e explicou con detalle o funcionamento e organización da mesma. Ademais tiveron a oportunidade de visitar o Depósito de Fondos Bibliográficos. O alumnado amosou moito interese e participou activamente ante as preguntas da bibliotecaria. Puideron observar como ten cambiado a transmisión de información nos últimos vinte anos: dende as rudimentarias enciclopedias en papel, pasando por documentos que xa non se imprimen como o D.O.G.A, ata chegar á moderna tecnoloxía da que gozan neste momento do século XXI, onde todo está a golpe de tecla.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com