Saltar navegación.
Inicio

Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión

Soños no Bambán de Amorodo

14/01/2016

Desde o Departamento de Plástica, achegamos algúns dos proxectos audiovisuais feitos polo alumnado de 4º ESO do curso pasado, para animar aos nosos rapaces e rapazas que están facendo novos traballos durante este trimestre.

Aproveitamos para mandarlles recordos aos que participaron neles, e desexámoslles o mellor na súa nova andaina noutros centros e con outros profesores. Sabedes que sempre teredes un oco no Feal!

  • Participantes en "Strawberry Swing" (inspirado no vídeo-clip de Coldplay do mesmo título): Silvia Felpete, Andrea Ramos, Antón Martín, Alberto Casteleiro e Sonia Álvarez.
  • Participantes en "Soños" (non perdades o momento "Star Wars"): Aldara Castro, Adrián Castro, Belén Seoane, Alexia Iglesias, Carla Santalla e Sonia Álvarez.

Nova visita de Primaria ao noso laboratorio

Laboratorio 201613/01/2016

Continuamos coas xa tradicionais xornadas nas que o noso alumnado de 3º de ESO amosa o laboratorio ao de Primaria. A imaxe corresponde á visita de hoxe de 6º A.

O Faro do Feal

Faro do Feal

09/12/2015

Como moit@s saberedes, o calendario 2016 do Feal está dedicado aos faros galegos. Por esta razón, fíxose a proposta de construír un faro de máis de dous metros de altura ao alumnado de 4º de ESO B con Tecnoloxía. Finalmente, para poder rematar o exterior dentro do prazo fixado, botou unha man máis xente de todos os niveis da ESO e de 6º de Primaria. Hoxe, por fin, puidemos instalalo na rotonda de Infantil e Primaria, e quedamos contentos co resultado, tendo en conta o tempo e os recursos cos que contabamos. Moitísimas grazas a toda a xente que axudou a construír o Faro do Feal!!

Faro do Feal - 4º de ESO 2015Fai clic para ampliar a foto

Actualización do 16/12/2015: Engadimos unha imaxe dos faros en miniatura feitos en Primaria e o mural de Galicia feito en Secundaria.

Faros 2015Fai clic para ampliar a foto

O Feal volverá a Vigo

17/11/2015

Desde a "accidentada" visita a Vigo en 2008, que recolléramos na entón novísima web do Feal, pasarán case oito anos ata a próxima, que terá lugar o 31/3/2016. A Consellería de Educación acaba de admitir a nosa solicitude para visitar a factoría de Peugot-Citroën con 4º de ESO (CPI do Feal + IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol). Tivemos moita sorte, porque só había catorce datas durante este curso para todos os centros galegos de Secundaria.

Talvez poidamos aproveitar a tarde desa xornada para facer un vídeo de despedida con estes rapaces/as, pero evidentemente, non poderá quedar tan bonito como o que serve de ilustración a este artigo, onde se utilizou o efecto diorama, e Vigo parece unha cidade de xoguete.

Para moitos dos que vaian a Vigo, será un aperitivo dunha viaxe bastante máis longa que terá lugar pouco despois, entre o 18 e o 22 de abril: a París.

Inmersión lingüística en Estados Unidos e Canadá

New York

09/10/2015

Pensando no noso alumnado de 4º de ESO, informamos do Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega, para unha inmersión lingüística en Estados Unidos e Canadá en 1º de Bacharelato (durante o curso 2016/17). O prazo de entrega de solicitudes remata o próximo 12 de novembro ás 13:00.

As lámpadas de 3º de ESO

Lámpadas 2015Fai clic para ampliar a foto

18/06/2015

Aquí podedes ver algunha das fantásticas lámpadas que se fixeron este curso en 3º de ESO. O primeiro é que funcionen, pero ademais, tamén valoramos moito a parte artística do traballo.

Biscoito solar

Forno solar de 1º de ESO B

17/06/2015

Durante esta mañá, tivemos un biscoito facéndose dentro dun forno solar elaborado en 1º de ESO B. A construción do forno fixérase nas clases de Atención Educativa, co profesor Alberto Casal. Segundo contaban os construtores á última hora da mañá, o biscoito estaba ben rico, aínda que non tiña a consistencia que lle dá un forno normal.

O noso alumnado de Secundaria volve a amosar o noso laboratorio ao de Primaria

3º de ESO

02/06/2015

Esta mañá, un pequeno equipo de 3º de ESO estivo axudando ao noso alumnado de 6º de Primaria a realizar algunhas actividades co microscopio, para que tivesen un primeiro contacto co noso laboratorio.

Os grupos de 6º de Primaria queren expresar aquí o seu agradecemento á profesora María Varela e aos seus alumnos/as.

Laboratorio do Feal

De paso, aproveitamos para publicar unha simpática imaxe de parte deste equipo da ESO que recollemos hai uns días:

28 de maio de 2015

Cousas de 3º B

4º de ESO traballando coa estrutura do ADN no noso laboratorio

30/06/2015

Primeiro dos catro retos da OlimpiADN: un proxecto destinado a mellorar o coñecemento da estrutura, funcionamento e aplicacións do ADN, organizado por educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié.

Día do libro 2015

 

Día do Libro 2015

23/04/2015

Deixamos aquí unhas pequenas mostras das actividades que realizou hoxe o alumnado de 1º e 2º de ESO para conmemorar o Día do Libro.

Día do Libro 2015

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido