Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión
Apagha iso!!
25/09/2019
Nada, non hai quentamento global que valga: no Feal seguimos tirando enerxía eléctrica ao lixo como se fósemos certo alcalde en Nadal. Cantas veces se falará de ecoloxía nas nosas aulas!... pero hai poucos practicantes (non importa a idade).
Así que retomamos a campaña que protagonizara un grupo de 4º de ESO con TIC a finais de 2018 (Desirée, Diego, Gabriel, Marco, Adrián, Alba, Hely e Gustavo).
Por ecoloxía, por economía, por mantemento, por seguridade... deixa todo apagado.
Excursión de 2º de ESO pola Ría de Vigo - 2019
01/07/2019
O pasado 20 de xuño, o alumnado de 2º de ESO pasou o día pola Ría de Vigo (cos profes Ángel, Montse e Pilar Casal). Este foi o plan:
- Ruta en barco pola Ría con paradas para coñecer diversas técnicas de exploración submarina
- Visita guiada pola Illa de San Simón (e San Antón)
- Descanso no centro de Vigo
- Visita á fortaleza do Monte do Castro
Ademais do pequeno vídeo que subimos a YouTube en 4K, tamén hai un álbum chamado "Vigo 2019" na nosa Galería (con menor resolución).
Visita ao Centro de Interpretación de Caldoval
07/06/2019
O pasado 6 de xuño, o alumnado de 1º de ESO, acompañado por Luisa Agulló, Cristina Meitín e Pedro Abeal, realizou unha visita ao Centro de interpretación de Caldoval (Mugardos).
Enhorabuena, Irene!!
03/06/2019
Irene Navidad Chas, alumna de 2º de ESO - C, resultó premiada en la 59ª edición del Concurso de Relato Corto promovido por la Fundación Coca Cola y respaldado por la RAE. Se trata de un concurso nacional de redacción, dirigido al alumnado de 2º ESO.
Este año, tan solo en Galicia se presentaron seiscientos participantes y de ellos, 21 fueron seleccionados como finalistas, distribuidos en siete sectores geográficos.
El pasado viernes 31 de mayo se celebró la Gala de Entrega de Premios, en el incomparable marco de las islas Cíes. Allí estuvo Irene para recoger su galardón como segunda clasificada del sector Ferrolterra. Además de la entrega de premios, todos los participantes, sus familias y profesores disfrutaron de una comida y de diversas actividades en la isla.
Enhorabuena, Irene y gracias por tu pasión por la literatura!
Nota: Se puede ver alguna foto adicional de las Cíes en el álbum "Lingua Castelá 2019" de nuestra Galería.
Visita do escritor Héctor Cajaraville
29/05/2019
O pasado xoves 25 de abril, o noso alumnado de 3º e 2º da ESO recibiu a visita do escritor Héctor Cajaraville, para falar do libro que leron ao longo destes últimos meses: “A caixiña dos rancores”.
Visita do escritor Abraham Carreiro
29/05/2019
O pasado 27 de marzo, o alumnado de 1º da ESO, despois de ler “Xoeliki, Os ordenadores secuestrados”, participou nunha charla - coloquio con Abraham Carreiro.
Ademais de gozar cos seus debuxos, o autor deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.
Obradoiro de regueifas
29/05/2019
O 20 e o 21 de marzo, o alumnado de 1º da ESO asistiu a un obradoiro de regueifas impartido pola regueifeira Lupe Blanco.
Os volcáns do Feal
Infantil - 3 anos
27/05/2019
O pasado mércores 22 de maio, o alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía desenvolveu un "Obradoiro de erupción de volcáns" na aula de Infantil de 3 anos, no que os máis pequenos aprenderon un pouco sobre os volcáns, e viron unha erupción a pequena escala.
Parabéns!!
07/05/2019
Hai varias semanas que informabamos da participación de seis alumnos de 2º ESO no concurso de Relato Curto promovido pola empresa Coca Cola e apoiado pola RAE.
Pois ben, acabamos de coñecer que Irene Navidad Chas, alumna de 2º C, quedou seleccionada entre os tres alumnos que representan a comarca de Ferrolterra. A finais de mes, esta apaixonada da literatura, recollerá o seu premio nunha gala provincial e saberá se tamén está elixida como representante autonómica deste concurso nacional que leva xa 59 edicións. Parabéns a Irene e grazas ao resto do alumnado participante.
Por que se celebra o Día da Muller o 8 de marzo?
Fai clic para ver máis fotos de 1º de ESO cos carteis de mulleres destacadas
03/04/2019
Probablemente te preguntes por que se celebra o 8 de marzo o Día da Muller. A data non foi elixida ao azar; escolleuse este día para conmemorar un terrible suceso que se produciu en 1911: un incendio nunha fábrica de Nueva York que acabou coa vida de máis de 140 traballadores, a maioría deles, mulleres.
A primeira celebración do Día Internacional da Muller realizouse o 19 de marzo de 1911 en Europa, especificamente nos países de Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza, e a súa conmemoración foise estendendo, dende entón, a outros países e continentes.
As Nacións Unidas en 1975 declararon o Día Internacional da Muller e, en 1977, invitaron a todos os Estados a declarar, conforme as súas tradicións históricas e costumes nacionais, un día como DÍA INTERNACIONAL POLOS DEREITOS DA MULLER E A PAZ MUNDIAL.
Nós cremos que a día de hoxe séguese celebrando o Día da Muller porque as condicións e os dereitos delas aínda non están á altura dos dos homes, así que realízanse manifestacións para loitar por eses dereitos.
Alumnado de 1º de ESO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com