Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión
Concurso "Ciencia, Mulleres e Entroido"
05/02/2018
Para conmemorar o Día das Mulleres e Nenas na Ciencia, o 11 de febreiro, e posto que ese día é domingo de Entroido, dende o departamento de Bioloxía e Xeoloxía proponse un concurso de fotos e disfraces onde as mulleres de ciencia son as protagonistas. O concurso está dirixido ao alumnado de Secundaria. Aquí tedes as bases e os carteis que vos invitan a participar.
Os Recreos Activos da ESO seguen gañando participantes en 2018
29/01/2018
Quédase pequeno o pavillón. GRAZAS pola vosa participación!!
Álex López coa súa guitarra
22/12/2017
O noso alumno de 4º de ESO Alejandro López Yáñez, trouxo onte a súa guitarra eléctrica co seu ampli, e estivo tocando para os seus compañéir@s na aula de Música. No vídeo, podedes velo cunha peza de Sleeping with sirens ("If I'm James Dean, you're Audrey Hepburn"). Se no fondo só aparecen dúas compañeiras, é porque o resto prefería non verse en Internet. Moitas grazas a Álex pola súa iniciativa!
Primeiros auxilios na ESO
12/12/2017
Durante esta semana e a seguinte, o alumnado de Secundaria experimentará unha unidade didáctica onde se abordarán diferentes protocolos de actuación ante situacións de emerxencia, como por exemplo as manobras de reanimación cardiopulmonar. Estes contidos forman parte das programacións de Educación Física ao longo desta etapa.
A gañadora do concurso de fotos de natureza
29/11/2017
Xa temos foto gañadora do concurso de fotos da natureza! É a titulada “Praia de Doniños”, feita pola alumna Sara Caro de 2º de ESO A. Parabéns, Sara!
Grazas a tod@s os alumn@s paraticipantes: Adrián Garrote, Tania Vilela, Raquel Villar, Sara Caro, Antón González, Irene Mas, Mónica Meizoso, Jenifer Fernández, Noa Filgueira, Estefanía Silva, Cristina Camacho e Nerea Muíño. Grazas tamén a todo o alumnado e profesorado que participou na votación.
Os resultados poden verse na aula virtual, no sitio do concurso de fotos. As fotos estarán expostas ata Nadal na entrada do centro, co nome de cada autor/a.
Xa temos impresora 3D no Feal
17/11/2017
Hoxe levamos a agradable sorpresa de recibir unha impresora 3D León que instalaremos no taller de Tecnoloxía. O pasado curso, a Consellería de Educación enviara impresoras 3D a todos os institutos galegos, e agora tócalle o turno aos CPI. Acompañando á impresora, tamén chegaron kits de placas Arduino e Raspberry Pi para controlar circuitos electrónicos.
Necesitamos tempo para analizar todo o material, pero esperamos poder utilizalo durtante este curso polo menos cos maiores da ESO.
Vota no noso concurso de fotografía de natureza
14/11/2017
Lembra que podes votar á túa foto de natureza favorita, de entre as presentadas ao noso concurso, na nosa Aula Virtual ata o 22 de novembro.
Os Recreos Activos van a máis
14/11/2017
Pouco a pouco, os Recreos Activos que está organizando o departamento de Educación Física da ESO este curso, están gañando popularidade. Nos últimos días, está notándose especialmente a subida de participación feminina.
En novembro e decembro haberá xogos e deportes de cancha dividida (fútbol-tenis e voleibol no pavillón, e brilé na pista), baile (luns, mércores e venres) e xadrez na biblioteca (xoves).
Grazas polo apoio á iniciativa, e seguimos subindo fotos...
Recreos Activos
25/10/2017
O pasado luns 23 de outubro, comezaron os Recreos Activos, unha iniciativa incluída no Proxecto Deportivo de Centro e que se enmarca dentro do Plan Proxecta. O alumnado de Secundaria terá, ao longo do curso, unha variedade de actividades físicas, deportivas e rítmicas a desenvolver durante o recreo. A finalidade de dito proxecto será a de aumentar o tempo de práctica de actividade física dentro do período lectivo.
Deportes de raqueta, baloncesto 3x3 e xadrez inician esta proposta. As actividades ofertadas modificaranse cada mes.
Moitas grazas a Sara Caro López (de 2º de ESO A) polas súas fotos do día 24 no pavillón. Iremos subindo unha selección de imaxes desta iniciativa ao seguinte álbum da nosa Galería: Educación Física 2017.
Concurso de Fotografía da Natureza
25/10/2017
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía convoca un concurso de Fotografía da Natureza para o alumnado de Secundaria. A participación é a través da nosa Aula Virtual, e o prazo remata o 31 de outubro. O premio para os gañadores/as será de dúas entradas de cine.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com