1ºESO
1º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA
Hola a tod@s!
Deixovos o enlace do documental "Iberia, solar de pueblos", para que o vexades, pois está relacionado co tema que estamos vendo (pobos celtas, íberos, fenicios, etc).
https://www.youtube.com/watch?v=58W_d1BhYus
Un saúdo!
TAREFA: PARKOUR
Na páxina de Edixgal, tedes unha tarefa sobre parkour.
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue
ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO. REFORZO Lingua Castelá e Literatura. 1º ESO A/B
O alumnado do grupo de reforzo de Lingua Castelá e Literatura de 1º ESO A/B xa ten dispoñibles as actividades para esta semana. Podedes descargala no ficheiro adxunto, na aula virtual e en E-Dixgal, nas que creei unha sección específica.
Os medios de envío das actividades e as comunicacións coas familias seguen sendo os mesmos.
Un forte abrazo!
Gonzalo.
Tarefas matemáticas 1º ESO: semana 2
As tarefas de Matemáticas para 1º de ESO para a semana do 23 ao 27 de marzo están colgadas na plataforma EVA/Edixgal, na sección "7. Iniciación al álgebra. Ecuaciones", e tamén como ficheiro adxunto.
Creáronse cursos na aula virtual para alumnado con reforzo, ao que xa se matriculou neles. Aqueles que atopen que teñen dispoñible o curso "Matemáticas reforzo" tamén deberán facer as tarefas que se indican nel.
Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)
1º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES
Hola a tod@s!
Espero que estedes levando ben este periodo de confinamento!
Tamén espero que estedes mirando o tema 11 (O territorio de España e de Galiciana Antigüidade) e facendo as actividades comprendideas entre as páxinas 258 e 267.
Cando as rematedes, enviádelas ó meu correo electrónico, que é inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso nome e apelidos e o curso 2º).
O último día para envialas será o próximo venres 27 de marzo.
Un saudo!
ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º ESO (23-27 marzo, segunda semana.)
Xa están dispoñibles as actividades para a segunda semana. As indicacións están no documento adxunto e os medios de envío e de comunicación seguen sendo os mesmos.
AVISO: Prestade atención ás indicacións correspondentes e lede as mensaxes que deixo en E-Dixgal.
Así mesmo, o alumnado que ten adaptación curricular individualizada ten nos ficheiros adxuntos as súas correspondentes actividades, ademais de estar colgadas nas diferentes plataformas.
Un forte abrazo!
Actividades Relixión
Ola!
Imos ter que traballar na casa e propóñovos un par de tarefas para que non vos deixedes levar polo sofá.
O correo de contacto é: cpireligando@gmail.com
Tede moito coidado, sede responsables e pensade no Ben Común.
Moito ánimo e apertas telemáticas.
Ata pronto!
Marga
1º ESO A + B
Queridos discentes,
Só un alumno me mandou as actividades. E os demáis? Aínda estades a tempo, pero se non as recibo rápido, teredes que traballar o dobre porque estes días subirei máis cousas á Aula Virtual
Lembrade que non estades de vacacións e que tod@s estamos a traballar. ¡Coidádevos e aproveitade o tempo!
acmparamo@gmail.com // amaside@edu.xunta.es
Tarefas matemáticas 1º ESO (ACI): ata o 27 de marzo
Subidas á aula virtual as actividades para o alumnado con ACI. Poden consultarse no ficheiro adxunto, e tamén na sección Reforzo da plataforma EVA/Edixgal.
Podedes consultar as vosas dúbidas a través do Foro de dúbidas que se atopa na sección "Xeral" ou a través da mensaxería.
Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)
Afondamento
Dear students,
Esperamos que esteades ben e levedes o mellor posible esta situación.
Durante o illamento, traballaremos a través da aula virtual creada. Cada mércores atoparedes novas instrucións e tarefas. Se tedes algunha dúbida, escribídenos a analeyenda.english@gmail.com ou maria.dolores.ros.belmonte@gmail.com
Best wishes and take care,
Ana Leyenda y María Dolores Ros
XEOGRAFÍA E HISTORIA 1º ESO
Bos días!
Podedes ver este documental, relacionado co tema que nos ocupa. Titúlase: El legado celta de Galicia ,podedes atopalo aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=6YXmBIMTqds
Saúdos, rapaces, e ánimo!
- blogue de
- APIs de Blogue
Ciencias da Natureza. Tarefas 16 a 27 de marzo de 2020
Na seguinte ligazón podedes atopar as tarefas do 16 ao 27 de marzo 2020
Ciencias da Natureza. Tarefas 16 a 27 de marzo de 2020
No documento adxunto atópase a planificación das tarefas do 16 ao 27 de marzo 2020
2ª LEF- FRANCÉS
Bonjour!
Ya tenéis las instrucciones para realizar la clase virtual de 1º ESO correspondiente a la primera clase virtual de francés y las tareas correspondientes a esta semana en la Unité 3 de EDIXGAL.
Conectaros cada día que os toque tener clase de francés para poder hacer las actividades que le toca a cada día y que aparecerán explicadas en un documento que colgaré siempre al inicio del bloque de la Unidad en la que estemos trabajando.
Si tenéis cualquier duda, me podéis contactar por mensaje EDIXGAL o en el correo:
deptfrances@gmail.com
Activities 1ºESO A+B
Ola a tod@s!
É hora de ser responsáble e permancer na casa. Sabemos que estades aburridos pero é momento de aproveitarse da situación e sacar o máximo partido.
En cada arquivo que tendes subido á Aula Virtual tendes as instrucións do que debedes facer. De tódolos xeitos, gustaríame que se tendes algunha dúbida ou queredes que revise o voso traballo mo enviedes a unha das seguintes direccións: acmparamo@gmail.com // amaside@edu.xunta.es
Coidaros moito e imos a por todas! Sempre a vosa disposicion.
ACTIVIDADES XEOGRAFÍA E HISTORIA 1º ESO
Bos días!
Saúdos a todos, espero que estedes pasando estes días da mellor forma posible,
Para continuar co temario que correspondería, podedes ir mirando o último tema de historia que veremos durante este curso, é dicir, o tema 11: O territorio de España e de Galicia na Antigüidade, e podedes ir facendo tamén as actividades correspondentes.
Un saúdo e moito ánimo!
Tarefas matemáticas 1º ESO: semana 1
As tarefas de Matemáticas para 1º de ESO para a semana do 16 ao 20 de marzo están colgadas na plataforma EVA/Edixgal, na sección "7. Iniciación al álgebra. Ecuaciones".
As tarefas tamén están indicadas na Axenda da aula virtual.
Para as actividades que teñades que facer no caderno, habilitarei cada día tarefas para que podades subir imaxes escaneadas ou fotografías dos exercicios se queredes que os revise.
Por outra banda, os que non entregárades a ficha de reforzo de proporcionalidade o venres pasado, podedes facelo a través dunha tarefa que está dispoñible na sección "6. Proporcionalidad y porcentajes". Esta tarefa estará aberta durante esta semana.
Podedes consultar as vosas dúbidas a través do Foro de dúbidas que se atopa na sección "Xeral" ou a través da mensaxería.
Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)
ACTIVIDADES DO ALUMNADO LINGUA GALEGA E LITERATURA
O alumnado de 1º ESO ten á súa disposición desde o venres pasado todas as actividades que ten que realiazar. Estas atópanse tanto na aula virutal do centro como en Edixgal en forma de ficheiros, e tamén as poden descargar desde a páxina do centro (ficheiros adxuntos). No documento que leva por título ACTIVIDADES 1º ESO están todas as indicacións pertinentes e as tarefas que hai que realizar.
As comunicacións con ambos os grupos faranse a través de Edixgal a través do cal se resolverán todas as dúbidas relacionadas coas tarefas así como tamén contan cun enderezo electrónico ao cal se poden remitir: traballogalego1920@gmail.com. Por outra banda, as comunicacións coas familias establécese a través de Abalar Móbil tal e como estamos facendo ata o día de hoxe.
O alumnado con adaptación curricular individualizada (ACI) dispón en Edixgal dunha sección propia dentro da materia de Lingua Galega e Literatura na cal poden atopar as actividades que han de realizar estes días.
Por outra banda, para os discentes que teñen activado algún tipo de protocolo farase un seguimento individualizado, secuenciando as tarefas e mantendo un contacto máis pormenorizado con eles e coas súas familias.
Finalmente, queremos sinalar que as actividades que agora mesmo están dispoñibles están deseñadas en función das horas lectivas, neste caso 4 horas semanais polo que este sería o traballo que levariamos a cabo desde hoxe, 16 de marzo, ata o venres 20 de marzo. No momento en que se suban novas actividades, seredes debidamente informados e informadas a través dos recursos mencionados anteriormente.
N.B: Recordade que non estamos de vacacións polo que é fundamental que sigades traballando na materia como se estivésemos no centro. E por favor, sigan todas as instrucións das autoridades sanitarias e queden na casa.
TAREFAS BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º B
Clica na ligazón para atopar as tarefas para o día 16/03/2020
8-M: Pintado do mural e inauguración do mesmo
O noso alumnado de 1ºESO colaborou na elaboración do mural "Guías na igualdade", deseñado pola artista Dona Irene Silva.
Entre todos e todas "construíron" esta representación do papel da muller no seu día a día, onde todas temos cabida. Nunha xornada de traballo no centro, en colaboración co Departamento de Debuxo a cargo de D.Tobías Díez, o noso alumnado e a artista deronlle vida ao gran mural de 8metros de longo por 1,60metros de ancho cunha gran implicación e entusiasmo.
O venres 6 de marzo inaugurouse o mural coa presenza dalgún do alumnado participante que puido firmar a obra xunto coa artista Dona Irene Silva.
Grazas á Concellería de Igualdade e ao Centro de Información á Muller por contar con nós para esta actividade que forma parte da programación para a conmemoración do Día da Muller no centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »