Xeral

Plan Estratéxico de Mellora: Cuestionario do alumnado

Queremos coñecer a túa opinión sobre o centro educativo.

Axúdanos completando esta enquisa que nos axudará a redactar o Plan Estratéxico de Mellora para o centro educativo.

Entre todxs contruímos o centro!

Obradoiro de stopmotion

 Queres aprender a elaborar un vídeo empregando a técnica "stopmotion"?

Ao abeiro do Proxecto Polos Creativos organizamos un obradoiro o vindeiro xoves 16 de marzo, de 16:30h a 18:30h, para aprender a confeccionar este tipo de vídeos. Será unha actividade de familia onde se traballará por parellas.

PRAZAS ESGOTADAS

Animádevos a participar en familia!!!

(PRAZAS LIMITADAS: Máximo 12 parellas e non é preciso traer material.)

Stop Motion Studio for iOS - What is a stop motion movie?

 

Calendario de exames de materias pendentes (2ª avaliación)

 Durante o curso escolar 2022-23 os exames de pendentes terán lugar polas tardes, para non interromper a xornada lectiva do resto do alumnado. O calendario de exames da 2ª avaliación de pendentes dos distintos departamentos é o seguinte:

 Cómpre recordar que as materias pendentes que non se superen iranse sumando ás do curso ordinario suspensas a efectos de promoción de curso e de titulación en 4º de ESO.

 As titorías entregarán o boletín de pendentes ao alumnado o luns 6 de marzo, ás 11:00h, nas súas aulas de referencia.

 

Entroido 2023 no Cova Terreña

O venres 17 de febreiro de 2023 celebrouse o Entroido no pavillón do CPI de Cova Terreña cun desfile de disfraces relacionados co lema do centro deste ano: "50 anos axudando a construír persoas".

Gomas de borrar, lapis de cores, atavíos dos anos 70... foron algúns dos disfraces escollidos polos niveis de Educación Infantil e Primaria, que desfilaban acompañados de música festiva, mentres o alumnado do centro ollaba a comitiva desde as bancadas.

A seguir, houbo actuacións dos grupos de Secundaria, algúns dos cales incluso animaron á participación de todo o alumnado nos seus bailes (ver vídeo adxunto).

 

Coa colaboración de todos e todas o alumnado do Cova Terreña puido gozar dun Entroido que había anos que non desfrutaba.

 

Formación: Xestión do dó con nenos

O centro en colaboración co CFR de Vigo ofrece unha charla coloquio á comunidade sobre como xestionar o dó, especialmente con nenos.

A formación terá lugar o martes 14, ás 17h, no salón de actos do centro cunha duración aproximada de 2horas.

Formación impartida por Dona Olegaria Mosqueda, psicóloga e orientadora.

O aforo é limitado e será precisa inscrición, dándolle prioridade ás familias de 1º e 4º Ed.Primaria e ao profesorado. Tamén está aberto a toda a veciñanza de haber prazas suficientes.

Aos asistentes confirmaráselles a praza por SMS.

Acto de dó

Este martes 7 de febreiro reunímonos nun acto de dó pola perda de Beatriz Lijó, vítima de violencia de xénero e que deixa a dous alumnos sen nai. Xuntos, todas e todos xuntos, debemos ofrecer todo o noso máximo apoio a estes nenos.

Neste centro son moitos os días en que nos xuntamos, mais hoxe gustaríanos non estar así de xuntos. Hai uns días celebrabamos o día da Paz con poesía e música, mais hoxe apenas podemos celebrar nada. E é que hoxe, todas e todos xuntos, temos que dirixir unha clara e rotunda mensaxe de condena a todos aqueles que nos rouban, que nos maltratan e que nos asasinan as nais, irmás, fillas e netas. E é que hoxe, todas e todos xuntos, temos que pensar que nos está a pasar como sociedade. A morte dunha muller, a morte de Beatriz aquí en Baiona, é unha bomba atómica que esnaquiza todo o que atopa ao seu paso:

Mutila a familia. Rompe a nosa convivencia. Secuestra a liberdade. Atormenta os corazóns. Liquida o noso futuro. 

A comunidade educativa estivo arroupada polo xefe territorial D. César A. Pérez Ares, o inspector D.Miguel Hernández Montes, o Concelleiro de Educación D. Óscar Carreño, a Concelleira de Igualdade Dona Yasmina Moreira, a directora do Centro de Información á Muller Dona Elena Otero, as directoras dos centros educativos, os representantes do Consello Escolar, os membros da ANPA, profesorado, persoal non docente, alumnado,... mesmo os centros educativos do concello secundaron o minuto de silencio dende  as súas respectivas sedes.

“Eu non quero arredar as miñas verbas de todos os que sofren neste mundo. E ti, vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Beatriz, doce mágoa, deitada rente ao mar.”

Mediador@s!!

O noso equipo de Mediador@s estase a presentar aos seus compañeiros e compañeiras para que os coñezan e poidan recurrir a eles e elas para unha resolución pacífica dos conflitos entre iguais.

Xa no primeiro trimestre recibiron a formación específica que os acredita como mediadores e mediadoras e agora reciben o seu distintivo e unha sudadeira que os identifica. 

Grazas rapazada pola vosa implicación!

22 de decembro, xornada de actividades e convivencia!

Este 1º trimestre do curso despedímolo cunha xornada de actividades e convivencia para todos e todas coa colaboración do alumnado de 4ºESO, a ANPA e o profesorado:

  • Obradoiro de maquillaxe para Ed.Infantil.
  • Obra de teatro, versión "Cuento de Navidad".
  • Discoteca con "badaladas fin de ano" e photocall.
  • Concerto do coro e de 5º e 6ºEd.Primaria.
  • Xincana deportiva para ESO e miniliguilla de fútbol e baloncesto.
  • Chocolatada a cargo da ANPA durante os recreos, tamén con biscoito!!

Coa implicación de todos e todas agardamos que o pasen moi ben!

Emisión en directo dos concertos e obra de teatro: 

https://eduxunta.webex.com/meet/isabel.cabaleiro

1ºPase: 09:40h Coro xuvenil, baile e teatro

2ºPase: 10:30h Teatro

3ºPase: 11:30h Coro xuvenil, baile e teatro

4ºPase: 12:20h Coro 5º e 6º Ed.Primaria, baile e teatro

 

XVIII Certame literario Dolores Agrelo

Un ano máis a ANPA do centro convoca o Certame literario Dolores Agrelo na procura de fomentar a creación literaria nas novas xeracións.

Este ano a temática terá relación co 50º aniversario do noso centro, tempo abondo para xurdir relatos sobre o medio siglo de existencia.

A resolución do xurado pódese consultar nos ficheiros adxuntos.

Proxectos no centro 2022/2023

Proxectos nos que participa o centro educativo no curso 2022/2023

Plan Proxecta

  • Aliméntate ben: Ed. Infantil

  • Proxectos de vida actia e deportiva (PVAD): ESO

  • Clases sen fume: 1º ESO

  • MeteoEscolas: Todas as etapas do centro

  • Quérote+: 3º ESO

  • Aprendo programando: 2ºESO Programación

  • Apuntámonos a non beber: 2º e 3º ESO

Contratos-Programa Innova

  • EDU Innova

  • EDU Saúde

  • EDU Sostibilidade

  • EDU Calidade

Contratos-Programa Inclúe

  • Iguála-T

  • Convive-T 

  • Inclúe-T 

PROA+ Apoio na aula para 6º Ed.Primaria e 1ºESO

CUALE Modalidade A1 - 3ºESO

Seccións Bilingües (con auxiliar de conversa)

  • Primaria: Educación Plástica (3º e 4º)

  • ESO: Proxecto Competencial, Relixión, Programación e Cultura Clásica

Polos Creativos Programa de Innovación Educativa

Spring Week Inmersión Lingüística en Inglés para 3ºESO

Inmersión Lingüística MºEducación para o alumnado de 2ºESO

PLAMBE Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares

E-Dixgal 5ºEd.Primaria a 4ºESO

Club de Lectura Alumnado e Adultos (pendente aprobación)

MAGOSTO EN CHAN DA LAGOA

Ola a todos:

O pasado venres 4 de novembro, despois de 4 anos, retomamos a nosa tradicional celebración do magosto en Chan da Lagoa.

Ata alí subiu todo o alumnado do centro. Uns en bus e outros a pé.

Tivemos actividades para todos: xincana, xogos cooperativos, construcción de cabanas, taller musical, degustación de castañas e outras lambonadas, entrega de premios e diplomas.

Colaboraron na organización das actividades:

O equipo de convivencia

O alumnado de 4º da ESO

O alumnado de 3ºC

O departamento de Educación Física

A ANPA

O equipo directivo

A coordinadora de actividades extraescolares e complementarias

E por suposto todo o profesorado.

 

Esta actividade forma parte dos seguintes programas: PVAD, Inclue-T, Convive-T, Iguala-T, EduSaúde.

 

 

 

MAGOSTO 2022

 

 

O NOSO MAGOSTO EN IMAXES

 

Grazas a toda a Comunidade Educativa pola súa colaboración e

participación nesta actividade. Foi un día fantástico!

 

Prema na imaxe para ver o vídeo

 

 

 

    ...

 

 

Trullada da castiñeira do alumnado de Ed.Primaria para TOD@S!!!

A rapazada de Ed. Primaria preparou unha trullada (canción típica galega) para toda a comunidade. Así íamos quentando motores para a celebración do Magosto!!!

 

Grazas á colaboración de Ana Rodríguez Dosouto, a nosa mestra de Música!.

Premios Innovagal, presentación de candidatura

O CPI de Cova Terreña presentou a súa candidatura aos Premios educativos Innovagal, premios convocados pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Univ. para o recoñecemento das prácticas innovadoras nos centros educativos en distintas liñas temáticas:

  • Ámbito lingüístico e social.
  • Ámbito cientifico-tecnolóxico e matemático.
  • Escolas saudables e abertas á contorna.

Unha vez feita a análise do centro, este destaca nas tres liñas temáticas cunha participación en proxectos de innovación e recoñecemento con premios que foi medrando ao longo dos últimos 6 cursos académicos nos que os premios poñen o foco.

Así pois, co respaldo do Consello Escolar, o centro presentou a súa candidatura co proxecto que se adxunta.

Sexamos recoñecidos ou non co premio, para nós o premio é ver o nivel de implicación de todo o profesorado e a mellora na calidade educativa que podemos ofertar ao noso alumnado. Unha ollada á memoria descritiva presentada e ao Anexo IV, no que se recolle a valoración do noso proxecto (que acada a máxima puntuación), é unha reflexión que era necesaria para ver con perspectiva todo o que se leva traballado... Ademáis presentouse un sinxelo vídeo que acompaña á nosa candidatura.



Grazas a todos e todas por sumarvos e participar e unha mención especial a Dona Patricia Blanco, impulsora da iniciativa.

Un saúdo,
O equipo directivo.

Realización do simulacro de evacuación

Unha vez recuperada a normalidade (respecto das incidencias COVID) é preciso facer un simulacro de evacuación no centro educativo por varias razóns.

  • En primeiro lugar pola seguridade do noso alumnado e persoal que deben estar entrenados e preparados ante unha eventual circunstancia.
  • En segundo lugar para dar cumplimento á normativa vixente a cal obriga á realiación dun simulacro de evacuación durante o 1º trimestre.
  • E por último, debido aos cambios organizativos dos espazos, aulas, modificacións de uso, ...

 


Queremos e debemos agradecer a colaboración do GES Val Miñor e da Policía Local do Concello de Baiona e o seu gran valor profesional e humano.

FESTIVAL FIN DE CURSO

FESTIVAL FIN DE CURSO

O pasado 22 de xuño tivemos no centro a xornada de fin de curso con diversas actividades organizadas pola ANPA e profesorado do centro.

Infantil:

O alumnado de Ed. Infantil gozou cuns obradoiros nas primeiras horas e despois coa discoteca no ximnasio.

Ed. Primaria:

O alumnado de 1º e 2º gozaron da discoteca nas primeiras sesións da mañá, e logo participaron nunha busqueda do tesouro polos patios escolares.

O alumnado de 3º e 4º Ed. Primaria realizaron unhas olimpiadas ademáis de pasalo "pipa" tamén na discoteca.

Ademáis durante toda a mañá o alumnado que o desexou, acudiu ao taller de pinta-caras organizado polo centro e levado a cabo coa colaboración de profesorado do mesmo; así ao longo da maña poidemos ver polos patios a diversos unicornios, batman, etc...

Esperamos que disfrutárades desta xornada festiva e que pasedes unhas moi boas e merecidas vacacións. 

Moitas grazas a ANPA pola sua implicación.

Vémonos en setembro!!!

Novidades editoriais biblioteca

Chegaron algunhas novidades á biblioteca que poden ser da vosa interese, todas elas están ao voso dispor nos carros de novidades editoriais.

Ciencias Naturais:

Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra, Claire llewellyn. (Libro ilustrado).

Os Bolechas, máis que mel, Pepe Carreiro (guía, caderno de actividades e guía de traballo para o profesorado).

Volcanes. Fuego y  vida, Jon Chad (banda deseñada).

O raposo Rufo e a maxia da horta, Dani Viéitez e Iria Iglesias (libro ilustrado).

O arrecife de coral, Radka Piro e Martin Sojdr (libro ilustrado).

Baixo a terra, Petra Bartíková e Marcel Králik (libro ilustrado).

A colmea, Petra Bartíková e Marcel Králik (libro ilustrado).

O formigueiro,  Petra Bartíková e Magdalena Takavová (libro ilustrado).

Inventario de dinosauros, Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel (libro ilustrado).

Inventario dos mares, Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel (libro ilustrado).

¿Qué se esconde dentro del mar?, Aina Bestard (libro ilustrado).

La historia de la Ciencia: un relato ilustrado, Jack Challoner (libro ilustrado).

E logo... por que? Virus e bacterias, Xerais básicos de Ciencias (libro ilustrado).

La Ciencia día a día, Caterina López Rigo (libro ilustrado).

Cogomelos, Marisa Castro (libro ilustrado).

17 mulleres Premios Nobel de Ciencias, Hélène Marle-Béral.

 

Medio Ambiente:

Plasticus maritimus, unha especie invasora, Ana Pêgo (libro ilustrado).

Adeus, plástico! Chaves para unha vida sen residuos, Elisa Nicoli e Chiara Spadaro.

A problemática ambiental en Galicia, Elvira Cienfuegos López.

A negrura do mar, Ramón Caride.

 

Física:

Cómo explicar física cuántica con un gato zombi, Bigvan.

La física de los Superhéroes, James Kakalios.

Brevísima historia del tiempo, Stephen Hawking y Leonard Mlodinow.

 

Matemáticas:

Inventando números, Gianni Rodari.

A guerra dos números, Juan Darién.

As mulleres nas Matemáticas, Matilde Ríos Fachal.

Apocalipsis M4t3mático, Eduardo Sáenz de Cabezón.

Números pares, impares e idiotas, Juan José Millás.

Matecuentos / Cuentamates 1, Joaquín Collantes Hernáez e Antonio Pérez Sanz.

Matecuentos / Cuentamates 2, Joaquín Collantes Hernáez e Antonio Pérez Sanz.

Matecuentos / Cuentamates 3, Joaquín Collantes Hernáez e Antonio Pérez Sanz.

 

Historia:

Historia da Galicia pequeniña, César Cequeliños e Jorge Campos.

 

Deporte:

Pioneiras do deporte en Galicia, Cristina López Villar.

 

Biblioteca inclusiva:

Bárbaras! Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes diversos (e non só), María Reimóndez.

Llamadme Nathan, Catherine Castro e Quentin Zuttion.

Piratrans carabarco: guía didáctica e caderno de actividades para la igualdad, A.T.A. Asociación transexuales de Andalucía e VVAA.

Transtornos da alimentación, Carmen Senra.

 

Banda deseñada:

Curuxa: a voz de Azazel, Fon.

Tam 1, Anémona de Río.

Tam 2, Anémona de Río.

Sorteo do gran premio do concurso "Á caza da gralla ortográfica"

Entre todos os participantes do concurso A caza da gralla ortográfica, proposto por Lentiña, Cova e Terreña, realizouse un sorteo o pasado luns 16 de maio. No mesmo, o gañador do gran premio foi David Pérez Balboa de 5ºA de Ed. Infantil, coa seguinte gralla:

Coa súa achega ao concurso, fíxose gañador dun marabilloso Ebook ao que seguro lle ha de sacar bo proveito. Parabéns!

 

LETRAS GALEGAS 2022

 


BIOGRAFÍA
FLORENCIO M. DELGADO GURRIARÁN


Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo e o máis pequeno de cinco irmáns.
Estudou primaria e bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.
En Valladolid fixo a carreira de Dereito e despois exerceu como avogado no Barco de Valdeorras.
Despois da Guerra marchou a México e alí casou con Celia, filla de emigrantes galegos e coa que tivo cinco fillos.
No ano 1934 editouse o seu libro de poemas Bebedeira, ao que lle seguiron Galicia infinda, Cantarenase O soño do Guieiro.
En México colaborou na revista Vieirose no programa radiofónico A Hora de Galicia, que estivo en antena todos os domingos durante case vinte anos.
Faleceu en Fair Oaks, California, o 14 de maio de 1987 cando visitaba a un dos seus cinco fillos.
Foi membro da Real Academia Galega e esta dedícalle o Día das Letras Galegas de 2022 pola súa contribución á defensa do noso idioma e da nosa cultura.

 

RECURSOS EDUCATIVOS:

- XOGOS EN LIÑA:

 https://view.genial.ly/623b73df9c032100134b0491

https://es.educaplay.com/juego/11855828-florencio_delgado_gurriagan.html

https://view.genial.ly/6246d3d8c10add0010ffc673/interactive-content-florencio-delgado-gurriagan

https://lecturaseandanzas.blogspot.com/2022/04/para-ir-conecendo-florencio-delgado.html

https://lecturaseandanzas.blogspot.com/2022/04/seguimos-conecendo-florencio-delgado-de.html

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2022/05/FlorencioDelgado-Xogo.pdf

https://view.genial.ly/627a823c82fcc60017f36a23/interactive-content-quiz-florencio-2022

https://view.genial.ly/624ed638bdc555001971d991/interactive-content-florencio-m-delgado-gurriaran

https://portaldaspalabras.gal/

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/mod/h5pactivity/view.php?id=6907

https://scratch.mit.edu/projects/679847198

- UNIDADES DIDÁCTICAS:

https://primaveradasletras.gal/

https://asletrasdeflorencio.gal/

http://seminariogalan.org/

http://engalego.es/conmemoracions/4/index.html

https://drive.google.com/file/d/1rAPbLkpMzQ-lVjIEHB9KXANIFV7W9i34/view

- ENLACES PARA TRABALLAR POEMAS DE GURRIARÁN:

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2022/05/Mundo-de-poemas-en-44-actividades.pdf

https://www.acalexandreboveda.gal/letras-galegas-2022-florencio-delgado/?fbclid=IwAR285sL4uD3M_adeZRyfS_hxe09zq4PcxreyrVnsNwhawk1KEezgcQ37mR0

- VÍDEOS:

https://www.youtube.com/watch?v=RXehgnCK4t4

https://www.youtube.com/watch?v=cr_oGY5Djqc

https://www.youtube.com/watch?v=9dhQt20U-Js

https://www.youtube.com/watch?v=J4W5JxWd0ds

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031