Renovación Consello Escolar: Candidaturas e votacións
A renovación do Consello Escolar está en marcha. No ficheiro adxunto podedes ver a listaxe de candidatos e candidatas.
As votacións terán lugar os seguintes días:
Alumnado: Luns, 22 de novembro, de 16:10h a 17:50h
Profesorado: Mércores, 24 de novembro, en reunión de Claustro
Familias: Martes, 23 de novembro, en tres franxas horarias para facilitar as votacións aínda que non se poida entrar durante os recreos:
- De 8h a 10h
- De 12:30h a 14:30h
- De 16h a 18h
Para exercer o dereito ao voto é preciso traer unha identificación: DNI, carnet de conducir, tarxeta identificativa,...
As papeletas están dispoñibles no centro educativo e podedes velas tamén nos documentos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CE_ListaxeCandidatos.pdf | 42.5 KB |
Papeletas.pdf | 2.28 MB |
VotacionsConselloEscolar.jpeg | 175.84 KB |