ACTIVIDADES NO DÍA DA PAZ
O 30 de Xaneiro conmemorouse o día da Paz.
O equipo de convivencia organizou diferentes actividades para todas as etapas:
- ESO: no pavillón municipal, o alumnado de 4º da ESO colaborou na xestión de xogos cooperativos para toda a etapa.
- PRIMARIA: no pavillón municipal, o profesorado regulou diferentes xogos polos que todo o alumnado foi rotando.
- INFANTIL: nunha das salas do pavillón municipal este alumnado desfrutou de diferentes retos físicos organizados polo profesorado.
A xornada concluíu cunhas intervencións e lecturas referidas ao día da Paz e unhas pezas musicais do coro e conxunto instrumental do centro.
Agradecemos a todo o profesorado implicado a súa colaboración e esforzo.
Esta actividade está integrada en diferentes proxectos do centro: INCLÚE-T, CONVÍVE-T, EMOCIÓNA-T, IGUÁLA-T e PVAD
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue
PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS curso 2024-25
PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS curso 2024-25
O alumnado matriculado en 4º ESO neste centro pode exercitar o seu dereito á reserva de praza para continuar os seus estudos no IES Primeiro de Marzo presentando a correspondente solicitude.
Prazo de presentación de solicitudes abranguerá:
do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024
Forma de presentación:
Cubrir o modelo ED550A (reserva) e os respectivos anexos. Xunto coa solicitude e o anexo I-bis, deberá achegar o resto de documentación que fose precisa (libro de familia, ...). Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo I-bis.
-
Presentación electrónica: é preciso dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.
O modelo e os anexos estarán dispoñibles na aplicación AdmisionAlumnado
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
Cubrir o modelo anexo I-bis (comprobación de datos e consentimento), imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.
A aplicación xerará un xustificante, que indica a data de presentación.
-
Presentación presencial: no centro docente en que estea matriculado actualmente o alumnado. Na conserxería do centro facilitarase unha copia en papel ás persoas interesadas que o soliciten.
A solicitude de reserva é única para cada alumno/a, e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
Data de publicación do alumnado con posto reservado:
22 febreiro
O xurado do CPI de Cova Terreña falla o II Concurso de Postais en Lingua Galega
O xurado composto polos departamentos de Artes Plásticas e Visuais, Lingua e Literatura Galegas e Portugués, e mais o equipo de Biblioteca e de Dinamización Lingüística, fallaron na tarde do pasado luns 18 de decembro o II Concurso de Postais en Lingua Galega do CPI de Cova Terreña.
Todos os premiados e premiadas foron homenaxeados no Festival de Nadal que tivo lugar nesta quinta feira (xoves). Recibiron coma galardóns libros de lectura en lingua galega, pinturas de cores, bolsas e maletíns e chaveiros conmemorativos do 50 aniversario do CPI de Cova Terreña.
Un ano máis, o xurado quixo resaltar na súa acta a extraordinaria participación do alumnado de todos os niveis, amais da alta creatividade tanto para as composicións poéticas como para os deseños presentados.
Nos ficheiros adxuntos, amais dalgunhas imaxes, axúntase a acta do xurado.
- blogue de anxorajo
- APIs de Blogue
Festival de Nadal
O xoves 21 de decembro despedimos o 1º trimestre do curso e o ano 2023.
Dende o equipo de convivencia e o grupo de teatro planificaron unha xornada con actividades para todas as etapas.
Dentro das actividades tamén celebraremos as badaladas de "fin de ano"; o alumnado pode vir vestido para a ocasión e traer 12 unidades de uvas, olivas, bombóns, gusanitos...
Agardamos que o pasen moi ben!!
O noso centro recibe a medalla de ouro do Concello de Baiona
O xoves 14 de decembro o CPI de Cova Terreña recibiu a medalla de ouro do Excmo. Concello de Baiona nun acto institucional, ao mesmo tempo que emotivo, que se celebrou na praza do concello, a cal se quedou pequena para acoller a todas as persoas vencelladas ao centro que se sumaron ao evento.
O noso centro foi recoñecido con este galardón, o de maior rango posible, pola súa actividade educativa, social e cultural ao longo dos seus 50 anos de vida.
No acto fíxose referencia a como "vive" o centro o alumnado a través das palabras de Leo Álvarez, representante no Consello Escolar e alumno de 2º ESO. |
A concelleira de Educación deu lectura á "meritoria" presentada pola anterior corporación que motivou a concesión da devandita medalla. O concelleiro de Cultura certificou o outorgamento do galardón ao centro que lle foi entregado á directora, Dna. Isabel Martínez Cabaleiro, de mans do actual alcalde, D. Jesús Vázquez Almuíña.
No acto estiveron presentes o xefe territorial de Educación, D. César Pérez Ares, o inspector do centro, D. Gustavo Lorenzo Prozzo, a corporación municipal, ex-directores, membros do Consello escolar e representantes da ANPA, aos que se sumaron centos de baioneses e baionesas.
Ao longo da tarde visualizáronse fotografías históricas do centro, proxectouse o vídeo elaborado polo 50 aniversario e puidemos gozar da música do coro xuvenil e conxunto instrumental do centro ao que se sumou o alumnado de 5º e 6º Ed. Primaria, concluíndo con panxoliñas unha tarde memorable.
Recomendacións de lectura de Nadal
O equipo de biblioteca preparou unha guía de recomendacións de lecturas para este Nadal, organizada por niveis educativos. O seu obxectivo é achegar diferentes novidades literarias para fomentar a lectura entre a rapazada. Agardamos que a escolla de libros realizada guste tanto a grandes coma a pequenos.
Acto de entrega da Medalla de Ouro ao centro educativo
Este xoves 14 de decembro, ás 19:30h, terá lugar o acto de entrega da Medalla de Ouro ao centro educativo, acto ao que convidamos a participar a toda a comunidade educativa.
O acto celebrarase na praza do concello e a continuación actuará o coro xuvenil.
Renovación das Ondas de Infantíl.
Esta mañá o alumnado de Educación Infantil viu como o valado do seu parque infantil quedaba vestido de azul. Isto débese á renovación das ondas do mar que actúan como cortaventos nesa zona. Os máis pequenos xa poderán gozar do seu parque infantil sen as molestias do vento.
Dende a dirección do centro seguimos traballando para que todo o noso alumnado se sinta confortable nas instalacións do centro.
- blogue de maruchi
- APIs de Blogue
DigitalWeek, tecnoloxía e inglés para o alumnado de 1ºESO
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organiza o programa formativo Digitalweek e o noso centro acadou a participación para 25 dos nosos alumnos e alumnas de 1ºESO.
Tras aplicar os criterios de selección, 25 deles xa están desfrutando dun campamento en réxime de internado onde se estimulará a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados cara á mellora da comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa co obxectivo da mellora da competencia en lingua inglesa a través de actividades dixitais, así como actividades complementarias que promovan a actividade física e a socialización.
Simulacro de evacuación 2023
Vimos de celebrar o simulacro de evacuación do CPI de Cova Terreña.
Nun centro ao que asisten 451 alumnos e alumnas, 51 profesores e profesoras e 8 persoas do persoal de servizos, é máis que necesario estar preparados para calquera incidencia, ademais de dar cumprimento á normativa vixente.
En 3 minutos todas as persoas tiñan abandonado o recinto escolar en orde e seguindo as directrices fixadas polo plan de autoprotección e evacuación.
Nesta ocasión puidemos contar coa colaboración da Policía Local e do GES, quen pese aos limitados recursos persoais de que dispoñen atenderon ao noso alumnado. Moitas grazas!!!
22 de decembro, xornada de actividades e convivencia!
Este 1º trimestre do curso despedímolo cunha xornada de actividades e convivencia para todos e todas coa colaboración do alumnado de 4ºESO, a ANPA e o profesorado:
- Obradoiro de maquillaxe para Ed.Infantil.
- Obra de teatro, versión "Cuento de Navidad".
- Discoteca con "badaladas fin de ano" e photocall.
- Concerto do coro e de 5º e 6ºEd.Primaria.
- Xincana deportiva para ESO e miniliguilla de fútbol e baloncesto.
- Chocolatada a cargo da ANPA durante os recreos, tamén con biscoito!!
Coa implicación de todos e todas agardamos que o pasen moi ben!
Emisión en directo dos concertos e obra de teatro:
https://eduxunta.webex.com/meet/isabel.cabaleiro
1ºPase: 09:40h Coro xuvenil, baile e teatro
2ºPase: 10:30h Teatro
3ºPase: 11:30h Coro xuvenil, baile e teatro
4ºPase: 12:20h Coro 5º e 6º Ed.Primaria, baile e teatro
25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres
O CPI Cova Terreña súmase ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Este venres 25 de novembro, o alumnado de todos os cursos de Educación Secundaria Obrigatoria participou no encontro "Canteira de Mulleres", organizado pola Deputación de Pontevedra e coordinado polo grupo de traballo Iguála-T do noso centro educativo. Durante as dúas sesións que se celebraron á mañá, os e as estudantes debateron abertamente a respecto dos conceptos de feminismo, igualdade e a nova masculinidade, un debate que deixou claro o rexeitamento de todo o noso centro contra calquera tipo de violencia que se exerza contra ninguén, nomeadamente contra as mulleres.
Ao comezo do acto, o alumnado de 3º ESO C representou unha performance de homenaxe a todas as mulleres que levan sufrindo violencia de xénero.
Jorge A., Saray B., Adrián C., Adrián G., Adrián G., Cecilia P. e Nathaldo R. converteron este día nunha xornada inesquecíbel.
- blogue de anxorajo
- APIs de Blogue
Proxectos no centro 2022/2023
Proxectos nos que participa o centro educativo no curso 2022/2023
Plan Proxecta
-
Aliméntate ben: Ed. Infantil
-
Proxectos de vida actia e deportiva (PVAD): ESO
-
Clases sen fume: 1º ESO
-
MeteoEscolas: Todas as etapas do centro
-
Quérote+: 3º ESO
-
Aprendo programando: 2ºESO Programación
-
Apuntámonos a non beber: 2º e 3º ESO
Contratos-Programa Innova
-
EDU Innova
-
EDU Saúde
-
EDU Sostibilidade
-
EDU Calidade
Contratos-Programa Inclúe
-
Iguála-T
-
Convive-T
-
Inclúe-T
PROA+ Apoio na aula para 6º Ed.Primaria e 1ºESO
CUALE Modalidade A1 - 3ºESO
Seccións Bilingües (con auxiliar de conversa)
-
Primaria: Educación Plástica (3º e 4º)
-
ESO: Proxecto Competencial, Relixión, Programación e Cultura Clásica
Polos Creativos Programa de Innovación Educativa
Spring Week Inmersión Lingüística en Inglés para 3ºESO
Inmersión Lingüística MºEducación para o alumnado de 2ºESO
PLAMBE Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares
E-Dixgal 5ºEd.Primaria a 4ºESO
Club de Lectura Alumnado e Adultos (pendente aprobación)
MAGOSTO 2022
O NOSO MAGOSTO EN IMAXES
Grazas a toda a Comunidade Educativa pola súa colaboración e participación nesta actividade. Foi un día fantástico!
Prema na imaxe para ver o vídeo
...
|
Trullada da castiñeira do alumnado de Ed.Primaria para TOD@S!!!
A rapazada de Ed. Primaria preparou unha trullada (canción típica galega) para toda a comunidade. Así íamos quentando motores para a celebración do Magosto!!!
Grazas á colaboración de Ana Rodríguez Dosouto, a nosa mestra de Música!.
Premios Innovagal, presentación de candidatura
O CPI de Cova Terreña presentou a súa candidatura aos Premios educativos Innovagal, premios convocados pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Univ. para o recoñecemento das prácticas innovadoras nos centros educativos en distintas liñas temáticas:
- Ámbito lingüístico e social.
- Ámbito cientifico-tecnolóxico e matemático.
- Escolas saudables e abertas á contorna.
Unha vez feita a análise do centro, este destaca nas tres liñas temáticas cunha participación en proxectos de innovación e recoñecemento con premios que foi medrando ao longo dos últimos 6 cursos académicos nos que os premios poñen o foco.
Así pois, co respaldo do Consello Escolar, o centro presentou a súa candidatura co proxecto que se adxunta.
Sexamos recoñecidos ou non co premio, para nós o premio é ver o nivel de implicación de todo o profesorado e a mellora na calidade educativa que podemos ofertar ao noso alumnado. Unha ollada á memoria descritiva presentada e ao Anexo IV, no que se recolle a valoración do noso proxecto (que acada a máxima puntuación), é unha reflexión que era necesaria para ver con perspectiva todo o que se leva traballado... Ademáis presentouse un sinxelo vídeo que acompaña á nosa candidatura.
Grazas a todos e todas por sumarvos e participar e unha mención especial a Dona Patricia Blanco, impulsora da iniciativa.
Un saúdo,
O equipo directivo.
Realización do simulacro de evacuación
Unha vez recuperada a normalidade (respecto das incidencias COVID) é preciso facer un simulacro de evacuación no centro educativo por varias razóns.
- En primeiro lugar pola seguridade do noso alumnado e persoal que deben estar entrenados e preparados ante unha eventual circunstancia.
- En segundo lugar para dar cumplimento á normativa vixente a cal obriga á realiación dun simulacro de evacuación durante o 1º trimestre.
- E por último, debido aos cambios organizativos dos espazos, aulas, modificacións de uso, ...
Queremos e debemos agradecer a colaboración do GES Val Miñor e da Policía Local do Concello de Baiona e o seu gran valor profesional e humano.
Conexión entre edificios e pista deportiva arranxados
O centro segue a mellorar: agora os dous edificios están mellor conectados e a pista exterior está renovada.
Grazas ao Concello de Baiona por asumir esta obra tan necesaria para o centro.
O Cova Xornal
Xornal, xornal!!
O alumnado do centro preparou o seu xornal, resultado do traballo realizado pola conmemoración da Semana da Prensa.
- APIs de Blogue