A Regueifa chegou ao Cova Terreña

A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país da secular arte popular da improvisación oral en verso, e este curso chegou ata o CPI Cova Terreña.

Duns anos a esta parte estase a recuperar esta mostra de literatura popular -que ten variantes en case que todas as culturas e que está na orixe de estilos musicais modernos coma o rap e o hip-hop- grazas ao traballo da asociación ORAL DE GALICIA.

O 14 de febreiro tivo lugar o primeiro obradoiro con todo o alumnado de 2º da ESO. Tivemos a sorte de contar cun dos mellores regueifeiros do reino da palabra, Luís O Caruncho, que coa súa zanfona nos explicou a orixe da tradición, como se improvisan as coplas e... axiña foi que nos puxo a regueifar na aula de música!

 Para a segunda sesión do obradoiro O Caruncho traballou co alumnado que máis rápido colleu o ritmo e se botou a regueifar na sesión inicial. Aí foi cando traballou a reo a improvisación con distintos tipos de copla. Foi moi divertido e vimos como da timidez inicial pasamos a ser capaces de improvisar con todo tipo de palabras e situacións.

    

Malia que nesta ocasión non fomos seleccionados para a final do certame provincial, desde o Departamento de Lingua Galega e o EDLG pensamos que estes Obradoiros foron unha actividade estupenda para dar a coñecer a regueifa entre a nosa rapazada, e ao tempo, achegármonos o uso da lingua oral dun xeito máis musical, vivaz e lúdico. Medre a regueifa! 

 

 

AdxuntoTamaño
IMG_2468.JPG227.34 KB
EDDLG principal.png54.77 KB
IMG_2481.JPG230.97 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930