Exposición fotográfica PASEO POLAS NUBES. Día Meteorolóxico Mundial 23 marzo 2018
Con motivo do Día Meteorolóxico Mundial (23 de marzo) o alumnado de 4º de ESO da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual inaugurou a exposición temporal "PASEO POLAS NUBES".
Na exposición pódense observar distintas instantáneas de nubes tomadas polos propios alumnos/as de 4º de ESO de EPVA, na vila de Baiona.
Dita exposición foi organizada, supervisada e coordinada pola profesora de EPVA, Dona Elsa Liliana Vázquez Lorenzetti, e enmarcase no proxecto Meteoescolas, no que participa alumnado de catro niveis educativos (1º, 2º, 3º e 4º de ESO) e un equipo multidisciplinar de profesores/as do CPI de Cova Terreña.
A exposición estará dispoñible a público, na Oficina de Turismo de Baiona, do 23 de marzo ao 23 de abril de 2018.
Preme AQUÍ para acceder a máis información sobre o acto de inauguración oficial.
PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!