Encontro literario con Anxo Fariña
O 30 de abril visitounos Anxo Fariña par conversar co alumnado de 1º da ESO sobre os Megatoxos, colección que escribiu e ilustrou el mesmo.
Falounos sobre o proceso da escrita e sobre como facer debuxos a partir de elementos sinxelos, como as letras. Desta maneira, a rapazada foi quen de realizar debuxos tal e como fai o mesmo Anxo Fariña!
Esta actividade foi financiada polo Ministerio de Cultura a través do Proxecto Encontros Literarios.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
VisitaAnxoFariña (1).jpg | 370.67 KB |
VisitaAnxoFariña (1).jpeg | 300.36 KB |
VisitaAnxoFariña (2).jpeg | 306.16 KB |
logo-cultura-dg.jpg | 59.54 KB |
logo-LecturaInfinita_blanco.jpg | 66.98 KB |