Visita aos bosques atlánticos do CUVI
O alumnado de 1º ESO visitou o 16 de abril o campus universitario de Lagoas-Marcosende, pertencente á Universidade de Vigo, cunha extensión de 100 Ha. Nel, dende hai máis de 30 anos, a Oficina de Medio Ambiente está a levar un labor de reforestación con especies autóctonas, erradicando ao mesmo tempo as especies invasoras e foráneas (eucalipto, acacia negra e piñeiro). No seu lugar, hai zonas nas que se plantaron árbores como abruñeiros, maceiras bravas, castiñeiros ou bidueiros.
Con esta medida, xa se aprecia en moitas zonas a recuperación dos bosques. Pouco a pouco, as especies arbóreas vanse espallando e, con elas, van aparecendo especies de aves, insectos e outros animais que estaban desaparecidos na rexión.
Ademais do innegable factor ambiental destas actuacións, achégase á cidadanía un modelo de xestión sostible do medio natural que pode ser copiado noutros lugares.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BosquesCUVI1.jpg | 446.66 KB |
BosquesCUVI2.jpg | 506.9 KB |
BosquesCUVI3.jpg | 618.19 KB |
BosquesCUVI4.jpg | 486.51 KB |