XORNADAS DE FÚTBOL
XORNADAS DE FÚTBOL PARA E.I.
Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos de Infantil desfrutaron dunha xornada de fútbol da man do Erizana C.F.
Grazas a colaboración desinteresada do club, o noso alumnado gozou dunha actividade ao aire libre na que se promociona actividade física en horario lectivo.
O alumnado estivo acompañado en todo momento polas titoras e por monitores titulados do club que os fixeron participes en todo momento da actividade, sendo os protagonists da mesma.