IV XORNADA POÉTICA
IV Xornada Poética, Cando leo... soño versos.
O alumnado de 6ºA e 6ºB de EP está inmerso nun proxecto moi especial. Despois de varios cursos sen poder realizala, o vindeiro martes 14 de xuño, celebraremos a nosa Xornada Poética.
Nesta ocasión contaremos coa presenza dunha importante escritora , Eva Mejuto, e tamén estará con nós a ilustradora da que xa sabemos tanto... Bea Gregores!
Un luxo!
Durante o evento presentaremos a súa obra: Cando leo.
CARTA DE BEA GREGORES
Chegounos unha tenra carta de Bea, en resposta da que lle enviamos, onde nos confirma que tanto ela coma Eva estarán con nós o martes 14.
Fíxonos moita ilusión que viñese ilustrada!
Como xa coñecemos un pouquiño a súa obra descubrimos axiña o paxariño que a acompaña nos seus traballos. Gracias Bea!
No ficheiro adxunto a carta/nota que nos mandou.
XA TEMOS INVITACIÓNS e CARTEIS!
Dun intenso traballo individual e en grupo, saíron as propostas coas que finalmente se elaboraron os carteis publicitarios e as invitacións para o evento.
Parabéns a todo o alumnado!
Felicitar tamén á copistería Duplicolor polo fermoso acabado e a agarimosa presentación.
ENSAIAMOS!
Preparamos un recunchiño ao carón das aulas para practicar un pouco antes do gran día.
Estos son algúns dos primeiros recitados. Clicar nos nomes dos autores/as.
Anxo recita dous: Anxo6ºA Anxo 6ºA
PARABÉNS pola actitude amosada!
Seguiremos practicando.
AGROMAN FERMOSAS OBRAS
Medra a biblioteca.
Paseniño, paseniño...
vai medrando de novo a colección de libros nas aulas.
Volvemos ter marabillosos compañeiros/as de pupitre!
Acompáñannos nas sesións diarias de " hora de ler",
axúdannos a desenvolver distintos proxectos,
reláxannos en moitos momentos e, sobre todo,
motívannos a seguir medrando coa lectura.
UNHA XORNADA PARA AS NOSAS LEMBRANZAS.
Enlace da nova:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Bea Gregores Carta.pdf | 256.25 KB |