Formación sobre hixiene menstrual e outros conceptos da sexualidade
Dende o Departamento de Orientación organizouse unha formación para o alumnado de 1º ESO a cargo do colectivo Alborada. Ao longo de dúas sesións, alumnos e alumnas tiveron a ocasión de comprender pormenorizadamente os cambios físicos propios da adolescencia que están a experimentar. Relacionado con isto, aprenderon sobre a hixiene menstrual, tanto nenos coma nenas. Os distintos tipos de relacións tamén foron tratadas, promovendo unha actitude aberta e de respecto.
Alumnado de 1º ESO A durante o obradoiro de María, do colectivo Alborada.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Charla Alborada 1º ESO A.jpg | 280.08 KB |