8-M: Día da Muller, Actividades no centro
Co gallo da conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o centro intensificou as súas actividades de posta en relevo do papel da muller na nosa sociedade e nos distintos ámbitos da mesma.
Así pois, e coa colaboración da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, desenroláronse actividades onde o alumnado foi parte activa:
- Contacontos para o alumnado de 1ºPrimaria sobre a "sexualización das profesións".
- Presentación da programación da "Primavera Lila" da Concellería de Igualdade no centro educativo.
- Obradoiros de sensibilización "A túa palabra conta" coa artista Irene Silva coa participación do alumnado de 1ºESO.
- Intervención educativa "O amor non mata" co alumnado de 4ºESO.
Asemade, o centro realizou varias exposicións sobre a temática que se traballa ao longo do curso e dende diferentes materias.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PresentacionPrimaveraLila.jpeg | 295.65 KB |
Contacontos1Primaria.png | 166.01 KB |
Obradoiros1ESOIreneSilva.png | 437.79 KB |
Obradoiro1ESOIreneSilva_2.jpeg | 405.33 KB |
Obradoiro4ESO_OsAmoresNonMatan.jpeg | 280.44 KB |
CovaTerrenaPrimaveraLila.mp4 | 84.84 MB |