ACTIVIDADES DE ENTROIDO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

O Entroido, festa tradicional galega, está próximo e aínda que, nesta ocasión, estará marcado polas restricións impostas pola Covid-19, dende o equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) queremos que toda a comunidade educativa participe en dúas actividades:


1. Caracterización de personaxes famosos.
Se vos animades a “ disfrazarvos” dalgún personaxe famoso/coñecido, podedes enviar dúas fotos: a do personaxe orixinal e a da vosa caracterización ao enderezo electrónico: covaengalego@gmail.com


Publicarémolas na páxina web do Centro e premiaremos a máis orixinal e creativa.


Data límite para envialas: 17/02/2021.


*O envío das fotografías significa que se acepta a publicación das mesmas na páxina web.


2. Receitario de Entroido.


Durante todo o mes de febreiro podedes enviarnos receitas típicas do Entroido, as que teñades por costume facer nesta festa. Se nos mandades a receita (ingredientes e preparación) escrita en galego, acompañada dunha fotografía do produto final, darémoslle publicidade na web para que todos e todas poidamos cociñala e degustala.


O enderezo electrónico é o mencionado anteriormente:
covaengalego@gmail.com

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031