I CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA.

A nosa alumna Iria Ludeña, de 2ºESO-A, gañou o primeiro primeiro na súa modalidade no I Certame de Poesía Beatriz da Serra co micropoema "Unha gaiola de cincuenta paxaros" Este concurso estivo organizado polos Equipos de Dinaminación da Lingua Galega dos IES Escolas Proval de Nigrán e Terra de Turonio de Gondomar. 

Ademais de gañar o primeiro premio, o xurado tivo unha mención especial para os outros dous poemas que presentou Iria ao certame. Lede estas marabillas: 

 

UNHA GAIOLA DE CINCUENTA PAXAROS

Pasan, corren, voan

as piadosas horas,

pero dentro dunha gaiola

pesan máis do que voan.

 

Pasan, corren, voan…

Acaso esgótaselles o tempo?

Pero aquí dentro podo dicir:

 “As horas dormen, e non voan”.

 

Atentamente, eu.

Quixera eu dicirlle, señor mariñeiro,

que a triste mociña do porto será a súa perdición,

mais serán as súas mans delicadas e a súa pel de porcelana

a cura ás súas terribles correntes salgadas.

 

Quixera eu dicirlle, señor mariñeiro,

que gardarei con puño de ferro o seu acérrimo corazón,

ese que eu, a súa mociña triste do porto,

 gañou. Quixera vostede, ou quixera eu?

 

Abismo.

Nesa morea de cabelos,

negros como a prácida noite,

revoltos coma as escuras augas

dun río e as súas correntes....

 

Nesa morea de cabelos,

onde se enredan as estrelas,

desaparecen poderosos ventos.

 É alí onde se perde a miña mirada.

 

Tal e como recollen as bases, os organizadores van preparar unha edición impresa dos poemas e organizar un acto para a entrega dos premios do que seremos avisados en canto se concreten as medidas oportunas.

Nos documentos adxuntos podedes ler a resolución do xurado e os poemas gañadores nas diferentes modalidades. 

 

Moitas felicidades, Iria!! 

 

AdxuntoTamaño
ACTA DO XURADO 1º CERTAME BEATRIZ DA SERRA.pdf77.33 KB
POEMAS PREMIADOS.docx_.pdf132.67 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031