Educación Física

 

Ola familias, nenos e nenas:

Espero que sigades todos ben e que esteades a disfrutar deses paseos, saidas en bici, etc, tan necesarios para poder levar de mellor maneira este estado de alarma por mor do Coronavirus.

Como xa sabedes a partires de hoxe luns 25 de maio xa estaremos na Fase 2 da desescalada e xa podremos ir a praia e bañarnos, pero ollo temos que ter moito sentidiño e facer o que nos mandan as autoridades sanitarias.

 Recordade que é moi importante dedicar un tempo cada día ao exercicio físico e despois asearnos moi ben. Os hábitos de hixiene son moi importantes e non debemos esquecelos. Mirade neste conto o que lle pasou a esta nena...

 https://www.youtube.com/watch?v=4daujO3f3Vs

 Aquí vos deixo dúas sesións de exercicios para que as fagades.

Se algún quere, pode gravar un pequeno video (10 ou 15 segundos ) facendo o exercicio e logo mo mandades como xa ficho algún de vos.

Coidadevos moito e un abrazo virtual para todos e todas

https://www.youtube.com/watch?v=h3Xrtm0IVnY

 

https://www.youtube.com/watch?v=pizI7eNVSg8

 

 

 

 

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031