Tarefas LGeLIT semana 16-20 marzo

Bo día, envíovos as tarefas calculadas para as tres sesións -ou algo máis-, desta semana. En cada unha das tarefas indico se hai que facelas no caderno para correxirmos na volta ás aulas ou ben entregar por correo electrónico. Neste caso, para comodidade de edición, corrección e revisión dos textos que entreguedes por correo, recoméndovos que abrades un documento de texto en Drive e compartades con iagoclase@gmail.com, activando o permiso de edición. Tamén podedes envialo como arquivo adxunto a ese enderezo.

Un saúdo, Iago.

*ORTOGRAFÍA: lectura normas S/X PX 115 E EXERCICIOS 1-2-3 NO CADERNO.

*OBRADOIRO DE CANTIGAS: o traballo de podcast que estabades realizando en equipos queda postergado, pero para non perder a vosa habilidade versificadora, solicítovos que compartades un documento en DRIVE con TRES CANTIGAS, unha de cada xénero, onde respectedes os recursos e temáticas propias de AMIGO / AMOR / ESCARNIO E MALDIZER pero cunha temática actual. Existe a posibilidade dunha PUNTUACIÓN EXTRA  a xeito de traballo voluntario: gravarvos co móbil recitando as vosas creacións e compartir o arquivo de audio. Animádevos, trobadores e xograres do Cova Terreña!

*Lectura páxina 129 -A EXPOSICIÓN- e o texto da páxina 130 sobre "A doazón". Exercicios 1-4 (px 130) NO CADERNO

*Lectura  px 131: Elaborar un traballo monográfico. Cómpre ler todos os pasos (do 1 ao 5) para elaborar este traballo. O tema proposto no libro son "As redes sociais", mais é só unha opción. Propóñovos que cadaquén escolla o tema sobre o que quere profundizar, pero cumprindo coa estrutura e requisitos formais que se indican no libro. En canto a extensión, tedes completar UNHA PÁXINA de documento de texto con tamaño 12 (letra Times, Arial ou semellante) e interliñado 1,5. Se vos excedes un chisco non pasa nada. Recomendo compartir doc en Drive. Se non é posible, enviar como documento adxunto.

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031