Histórico de actividades

Saída do 1º Ciclo de educación Primaria a Santiago

00.00.
Array

Os alumnos/as do 1º ciclo de Educación Primaria  sairemos de excursión a Santiago o 5 de maio.

Visitaremos o Mupega onde poderemos ver recreacións das aulas escolares de Galicia en diferentes epocas. Os espazos, o mobiliario, os materiais escolares, fotografías...  e mesmo os xogos dos nosos avós que se mostran neste museo.

Pasearemos polas rúas composteláns e prazas que rodean a Catedral.

A comida farémola no  autoservizo do Comedor Universitario Monte da Condesa.

Antes de voltar relaxaremonos no Parque do Auditorio.

Unha nova forma de comunicación: a linguaxe de signos

00.00.
Array

  O vindeiro venres 8 de maio o alumnado de Infantil, 1º e 2º ciclo de Primaria coñecerán unha nova cultura: a cultura das persoas xordas. Para iso contamos coa asistencia da Federación de Persoas Xordas de Galicia que darán unha charla en 2º ciclo de Primaria e un contacontos en Infantil e 1º ciclo.

Seguro que será moi interesante!

 

Concurso de Fotografía Matemática

O Departamento de Matemáticas convoca o "Concurso de Fotografía Matemática", coas seguintes bases:

  • A fotografía deberá estar relacionada con algunha disciplina das matemáticas.
  • A fotografía será orixinal e deberá levar un título.
  • Os traballos entregaránse ao profesor/a de aula en formato dixital, ou enviaranse (co asunto "Fotografía Matemática") ao e-mail cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.es .
  • Acomparanse dos seguintes datos: Nome e curso do/a alumno/a.
  • A data máxima de recepción será o día 3 de maio de 2009.
Coas fotografías seleccionadas farase unha exposición pública.

 

CARTEO CON OXFORD

00.00.
Array

O alumnado de 3º ciclo de primaria, está levando a cabo desde o departamento de inglés,  un intercambio de cartas con alumnas do colexio St Helen & St katherine. O obxectivo fundamental deste intercambio é a práctica do inglés por parte dos nosos alumnos e do castelán no outro colexio.

É unha experiencia moi positiva tanto dende o punto de vista do coñecemento do idioma como dende o nivel de participación e motivación do alumnado.

Se queredes obter máis datos sobre o colexio participante no intercambio podedes consultar na seguinte dirección: Oxford

 

Reunión do profesorado cos pais, nais e titores dos alumnos de 2º da ESO

00.00.
Array

A reunión terá lugar o xoves 23 na biblioteca do centro para tratar os seguintes temas:

                                                                         - Rendemento académico.

                                                                         - Desmotivación do alumnado.

                                                                         - Propostas de intervención.

Reunión do profesorado cos pais, nais ou titores dos alumnos de 1º da ESO

00.00.
Array

A reunión terá lugar o mércores 22 na biblioteca do centro para tratar os seguintes temas:

                                                                         - Rendemento académico.

                                                                         - Desmotivación do alumnado.

                                                                         - Propostas de intervención.

Saída á Central Hidroeléctrica do Tambre

00.00.
Array

Saída cos alumnos de 2º e 3º da ESO, organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais.

   

                   

 

Reunión do profesorado cos pais/nais ou titores dos alumnos de 3º da ESO

00.00.
Array

A reunión terá lugar o mércores 29 na biblioteca do centro para tratar os seguintes temas:

                                                                         - Rendemento académico.

                                                                         - Desmotivación do alumnado.

                                                                         - Propostas de intervención.

1º CLAVE DO XOGO "BIBLIOLABIRINTO"

00.00.
Array

Dá comezo o xogo "BIBLIOLABIRINTO"coa publicación da 1ª clave do xogo


¡ANIMO E BOA SORTE A TODOS OS EQUIPOS!


SE QUEREDES IMPRIMIR OU VER A CLAVE (pincha aquí)

SAÍDA DIDÁCTICA DO 3º CICLO DE PRIMARIA A CARNOTA

00.00.
Array

O alumnado de 5º e 6º de primaria, acudirá a Carnota para levar a cabo unha actividade en MARDELIRA. Realizarase o día 5 de maio en sesión de mañá e tarde. O programa de actividades é o seguinte:

11:30-13:30 Roteiro do porto con visita á Caseta de Pepe do Cuco e explicación sobre o nacemento e desenvolvemento de Portocubelo; tendo en conta a explicación sobre a evolución das embarcacións e materiais dos mariñeiros ao longo do tempo. Farase unha poxa simulada na lonxa e levantamento dunha nasa.

<15:30-18:00 Roteiro dos naufraxios e taller de nudos: faremos un percorrido pola costa explicando os problemas para a navegación así coma os naufraxios. Levarase a cabo unha lectura dunha carta náutica e un buzo narraranos a súa experiencia.

Para máis información pinchar en mardelira 

Ao rematar todo o anterior daremos unha volta polos hórreos de Lira e Carnota poñendo fin á nosa actividade sobre as 19:30 do serán.

REPRESENTACIÓN TEATRAL "MARCO POLO" PARA O 3º CICLO DE PRIMARIA

00.00.
Array

 

O vindeiro mércores, 29 de abril, o alumnado de 5º e 6º de primaria  acudirá a Santiago de Compostela a unha representación teatral titulada "Marco Polo".

 

Esta representación terá lugar no Pazo de Congresos e está patrocinada pola fundación Caixa Nova.

 

Maratón de lectura

Próximo maratón de lectura. Fartura de aventuras. Vacina contra o soño e o aburrimento. Apúntate

Obra de teatro en inglés: "Hansel y Gretel"

00.00.
Array

O evento terá lugar no colexio La Salle de Santiago de Compostela. Acudirán primeiro e segundo ciclo de primaria

Poderá obter máis información pinchar no enlace: recursos educativos

">

O MAGO TETO

00.00.
Array

O MAGO TETO ACTUARÁ NO NOSO CENTRO PARA TODOS OS CURSOS.

PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA:PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

00.00.
Array

Os alumnos de 6º de Primaria e toda a Secundaria participarán o día 2 de abril nas actividades planificadas dende o PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA sobre PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS ,  desenvoltas pola GARDA CIVIL  en coordinación coa Consellería de Educación.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013