O alumnado de 5º e 6º de primaria, acudirá a Carnota para levar a cabo unha actividade en MARDELIRA. Realizarase o día 5 de maio en sesión de mañá e tarde. O programa de actividades é o seguinte:
11:30-13:30 Roteiro do porto con visita á Caseta de Pepe do Cuco e explicación sobre o nacemento e desenvolvemento de Portocubelo; tendo en conta a explicación sobre a evolución das embarcacións e materiais dos mariñeiros ao longo do tempo. Farase unha poxa simulada na lonxa e levantamento dunha nasa.
<15:30-18:00 Roteiro dos naufraxios e taller de nudos: faremos un percorrido pola costa explicando os problemas para a navegación así coma os naufraxios. Levarase a cabo unha lectura dunha carta náutica e un buzo narraranos a súa experiencia.
Para máis información pinchar en mardelira
Ao rematar todo o anterior daremos unha volta polos hórreos de Lira e Carnota poñendo fin á nosa actividade sobre as 19:30 do serán.