Histórico de actividades

Magosto no centro

00.00.
Array
   Haberá xogos populares (carrilanas, chave, birlos, zancos, aros, peóns, petanca e ra)

Exposición de cabazas para o Halloween -Samaín

00.00.
Array
  Como tódolos anos a semana do 26 ao 30 de outubro celebramos o Halloween no colexio tanto en primaria como en secundaria.O alumnado deberá traer as súas cabazas entre o luns e o martes e a exposición estará lista os días restantes.Animádevos a participar e HAPPY HALLOWEEN  

Saída ao Pico Sacro en 1º da ESO

Actividade interconcellos con Touro, Vedra e Boqueixón realizada o 25 de outubro.

 
   

Saída a Beire (Navarra) en 6º de Primaria

00.00.
Array

Programa de inmersión lingüística que organiza a Consellería de Educación e o MEC. As profesoras acompañantes serán Cristina Sánchez e Carmen Midón. Aloxaranse no centro de turismo rural de Beire

.

Saída a Coruña en 1º da ESO

00.00.
Array
Saída ao   
  Acuario 

SAÍDA DIDÁCTICA DO 3º CICLO DE PRIMARIA A SANTA TEGRA-BAIONA

00.00.
Array

O vindeiro martes, 26 de maio, o alumnado de 5º e 6º de primaria, acompañados dos seus profesores, levarán a cabo unha interesante saída ó suroeste de Galicia. Os lugares  concretos que se visitarán serán os seguintes:

  • Castelo de SOUTOMAIOR en Arcade.                             
  • O monte SANTA TEGRA na Guarda.                               
  • Baiona (visita á VIRXE DA ROCA e CARABELA DE COLÓN)

A saída será ás 10:00 da mañá e voltaremos  arredor das 21:00 do serán.

As instruccións máis concretas daránselle ao alumnado nos días previos.

 Ficheiro:IMGP1211.JPG  Ficheiro:Soutomaior, castelo de.jpg
 Vista preliminar do Castro.   Castelo de Soutomaior

  

I CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO "SENTIR EN GALEGO"

Velaquí os gañadores da Categoría A (1º, 2º e 3º de Educación Primaria)

Noraboa ós dous, e moitas grazas a tódolos participantes!

 

1º PREMIO:   Iván Martínez Vigo (2ºA - E.P.)

 

 

2º PREMIO:  Pablo Tembra Aldonza (1º E.P.)

Proxección da película "Pradolongo"

00.00.
Array

A proxección farase no salón de actos para toda a ESO.

Actividades deportivas na ESO

00.00.
Array

Actividades deportivas como futbol ou floorball.

Saída de 3º, 4º e PDC da ESO á Escola Galega de Consumo

00.00.
Array

Trataranse os obradoiros:

- Merchandasing.

- Seguridade dos produtos.

- Consumo responsable.

Saída de 2º da ESO á Escola Galega de Consumo

00.00.
Array

Trataranse os obradoiros:

- Linguaxe publicitaria.

- Etiquetado alimentario.

- Videoxogos.

Saída de 1º da ESO á Escola Galega de Consumo

00.00.
Array

Trataranse os obradoiros:

- Teléfonos móbiles.

- Consumo responsable.

- Ocio e consumo.

3ª CLAVE DO XOGO "BIBLIOLABIRINTO"



05/11/2009 - 12:30

05/18/2009 - 12:50



Continúa o xogo "BIBLIOLABIRINTO"coa publicación da 3ª clave do xogo


¡ANIMO E BOA SORTE A TODOS OS EQUIPOS!


SE QUEREDES IMPRIMIR OU VER A CLAVE (pincha aquí)

Visita á factoría PSA-Citröen e ao porto de Vigo

00.00.
Array

Os alumnos de 4º da ESO e PDC irán a factoría que Citröen ten na cidade de Vigo, visitando as instalacións da planta de producción. Posteriormente farase unha visita guiada ao porto de Vigo.

Preme no seguinte debuxo para ver unha animación flash sobre o proceso de fabricación

I CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO "SENTIR EN GALEGO"

(Organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do C.P.I. Antonio Orza Couto - Boqueixón)

BASES DO CONCURSO:
Poderán participar @s alumn@s do CPI Antonio Orza Couto, segundo as seguintes categorías:

CATEGORÍA INFANTIL:

Participación grupal coa supervisión das súas titoras.

Agasallo de participación: un lote de libros para a biblioteca.

CATEGORÍA A - (1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA) Participación individual.

Cada alumno poderá presentar un poema (mínimo 4 versos / máximo 12 versos) ou un relato curto (mínimo 5 liñas / máximo 20 liñas).

CATEGORÍA B - (4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA) Participación individual.

Cada alumno poderá presentar un poema (mínimo 8 versos / máximo 20 versos) ou un relato curto (mínimo 10 liñas / máximo 30 liñas).

CATEGORÍA C - (1º E 2º DE E.S.O.) Participación individual.

Cada alumno poderá presentar un poema (mínimo 12 versos / máximo 32 versos) ou un relato curto (mínimo 20 liñas / máximo 40 liñas).

CATEGORÍA D - (3º E 4º DE E.S.O.) Participación individual.

Cada alumno poderá presentar un poema (mínimo 16 versos / máximo 40 versos) ou un relato curto (mínimo 30 liñas / máximo 60 liñas).

TEMÁTICA:

Para tódalas categorías, a temática é libre.

FORMATO:

Os traballos poderán ser presentados escritos a man ou a ordenador (folio en posición vertical). Valorarase a boa presentación.

O idioma empregado debe ser o galego.

O nome completo e o curso d@ participante deberá figurar no reverso do traballo presentado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

A data límite de presentación é o venres 22 de maio de 2009.

@s alumn@s entregarán os traballos ós/ás titores/-as; unha vez rematado o prazo de presentación, os/as titores/-as entregarán o material recollido a algún dos membros do profesorado que forman parte do ENDL (Fina, Bea ou Eva), que farán chegar os poemas e os relatos curtos presentados a concurso ó xurado encargado de valorar ditos traballos.

PREMIOS:

Haberá dous premios por categoría (Categorías A, B, C e D):

1º premio: lote de 3 libros.

2º premio: lote de 2 libros.

EXPOSICIÓN:

Os traballos serán expostos nun taboleiro (tanto os premiados como aqueles que o xurado considere oportunos)

Deixade voar esas almas de escritores que levades no interior...

Agardamos a vosa participación!

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013