RECOLLIDA DE MÁSCARAS
Aquelas familias do alumando de Educación primaria e secundaria que recibiran o vale de material escolar, xa poden pasar polo centro a recoller as máscaras. Horario de recollida: De 09:00h a 13:00h Para calquer dúbida poden poñerse en contacto coa secretaría do centro 881866778
|
RECOMENDACIÓNS PARA UNS HÁBITOS SAUDABLES
Como xa sabedes o noso centro està inmerso nun Programa-Contrato sobre a dinamización de hàbitos saúdables,
Consideramos que a actividade física é unha oportunidade para a prevención de enfermidades cardiovasculares, obesidade, diabetes etc Por outra banda, fortalece o osos e os músculos, mellora o estado anímico, disminue o estrès e mellora o rendemento acadèmico.
Un dos principais obxectivos que queremos conseguir e que noso alumnado incorpore a actividade física na súa vida cotià, camiñando, facendo deporte nos clubes deportivos ou pola súa conta nas rúas ou no campo, bailando, axudando nas tarefas domésticas, agrícolas, subindo e baixando escaleiras etc.
É por elo que dende o departamento de Educación Física de Secundaria aconsellamos ao alumnado que non posúa unha pulseira de actividade, a súa familia lle agasalle cunha, hai pulseiras que non teñen un coste elevado, entre 10 e 15 euros. De todas formas, no caso de non podelas mercar o departamento de Educación Física terá algunhas para prestar. Un adolescente activo, ten màis posibilidades de ser un adulto activo do futuro
Neste segundo Trimestre faremos o RETO DOS 10.000 PASOS AO DÍA é a recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS), que equivale a 7 Km
O FORTE NEWS
Xa podedes desfrutar da edición máis especial do Forte News, o noticiero máis cañero do noso colexio, na que poderedes coñecer un pouquiño máis de preto a algúns dos membros da nosa comunidade educativa. Premede no enlace e desfrutade do traballo dalgúns dos nosos cativos. |
CURSO PRIMEIROS AUXILIOS EN SECUNDARIA
Un ano máis o alumnado de secundaria aisitiu a un curso de primeiros auxilios organizado polo Departamento de Educación Física e impartido por Adrián, membro do Servizo de protección civil do Concello e ex alumno do noso centro. Grazas a estes cursos os alumnos e alumnas aprenden distintas manobras de primeiros auxilios como: |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Desde a biblioteca queremos presentarvos as nosas recomendacións para que desfrutedes deste Nadal cun bo libro na man.
Ademais queremos propoñervos que rematedes o ano escollendo a Palabra do Ano 2021. Para participar só tedes que premer na seguinte ligazón e votar por calquera das finalistas:
Animádevos a participar e pasade un moi BO NADAL!!
BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS
Desde a biblioteca queremos informarvos de que un ano máis o noso centro quedou adherido á iniciativa de "Voluntariado na biblioteca escolar", dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
O alumnado voluntario de Secundaria realizará unha serie de tarefas en relación coa biblioteca (deseño e realización de actividades, formación de usuarios...), por suposto axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe.
Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social e favorece actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida.
MÚSICA E MOVEMENTO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Premede nas seguintes ligazóns para poder desfrutar dos cativos e cativas de 4º e 5º e 6º de infantil activando o seu corpiño.
DÁMOSLLE A BENVIDA AO NADAL
O martes 21 de decembro o noso centro vístese de gala para despedir o primeiro trimestre deste ano académico e recibir o Nadal coa ledicia e ilusión que merece a ocasión. O noso alumnado participará en diversas actividades: - @s máis pequen@s recibirán unha visita moi especial dun dos personaxes emblemáticos destas festas e farán un ensaio da despedida do ano para ir quentando motores. - Os grupos de E.S.O. gozarán do xa tradicional "Concerto de alumn@s", organizado polo Departamento de Música. |
"HAI SAÍDA GRAZAS A TI" (3º E.S.O.)
O luns 13 de decembro o alumnado de 3º de ESO participou en "Hai saída grazas a ti", un encontro-debate sobre a abordaxe da violencia de xénero. Esta actividade vén proposta pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. |
SAÍDA DIDÁCTICA Á CONTORNA E OBRADOIRO SOBRE MINERAIS (2º e 4º E.S.O.)
O alumnado de 2º e 4º de ESO participou nas seguintes actividades organizadas polos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais e que se levaron a cabo o 13 e o 15 de decembro: - Visita ao Pico Sacro co xeólogo Fran Canosa que, ademais, impartiu un obradoiro sobre minerais no noso centro. - Visita ás instalacións da canteira de Serrabal. |
3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
"Sexamos capaces de crear un mundo para tod@s" O Equipo de actividades complementarias e extraescolares quere sensibilizar ao alumnado do noso CPI para que entendan o papel fundamental que xoga cada individuo á hora de crear un mundo máis xusto e no que todas as persoas nos sintamos aceptadas, integradas e exista igualdade de oportunidades para tod@s. Para isto, o venres 3 de decembro leváronse a cabo as actividades que se recollen nesta ligazón.
|
CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
A xunta de Galicia vén de publicar a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Entre o 25 de outubro e o 1 de decembro terán lugar unha serie de acontecementos que darán lugar á nova configuración do Consello Escolar. Premede no documento adxunto para poder acceder as datas máis salientables Xa podedes consultar as ACTAS cos resultados das votacións ao Consello Escolar dos distintos sectores. SECTOR DE PAIS/NAIS/TITORES/ACOLLEDORES/AS -Francisco Javier Granja Fernández entra a formar parte do Consello Escolar en substitución de Pedro Otero López que remata o seu período. Os outros tres candidatos fican como suplentes. SECTOR DE ALUMNADO -Fátima Liñares Rodríguez pasa a formar parte do Consello Escolar. O resto das alumnas fican como suplentes. SECTOR DE PROFESORES/AS Pasarán a formar parte do Consello Escolar as tres candidatas Juana Torres Soto, Noelia Garrido Otero E Belén Mourullo Míguez en substitución de Santiago Quiroga García, Albina Iglesias Martínez e Manuel Rodís Martínez. Este último permanecerá no consello Escolar como membro propio ao ser Xefe de estudos de secundaria. SECTOR DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS) Jose Manuel Barrio Pérez, pasa a formar parte do Consello Escolar en substitución de Mercedes González Aguiar |
AXUNTANZA DAS ARTES: OBRADOIRO DE CULTURA HIP HOP E RIMAS
OBRADOIRO DE CULTURA HIP HOP E RIMAS da man de GARCÍA MC Data: 1 de decembro Destinatarios: 4º ESO (09:50-10:40) 3º ESO (10:55-11:45) |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »