OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE

O pasado venres 11 de marzo, visitáronnos dende a Escola Galega de Consumo para darnos uns Obradoiros sobre consumo responsable.

Estiveron en todas as etapas, dende infantil ata 4º de ESO, traballando aspectos como: a compra responsable, o etiquetado alimentario, a pirámide dos alimentos, a publicidade no punto de venta, así como analizando as técnicas comerciais que se usan para incentivar o consumo.

A idea é aprender a mercar dun modo informado e crítico.

Velaiquí tedes os documentos gráficos do que deu de sí a xornada

GAÑADORES/AS DO CONCURSO "QUEN É ELA?"

Tagged:  

Aquí tedes aos flamantes gañadores/as do concurso "Quen é ela?":

Ángela Liñares (3º ESO)

Lara Couto (1º ESO)

Miguel Ángel Neira (1º ESO)

A entrega de premios terá lugar na biblioteca de Secundaria este luns, 14 de marzo, durante o segundo recreo.

O resto de participantes pasádevos tamén porque teremos un detalliño para vós, non o perdades!

Noraboa!

CAMPAÑA SOLIDARIA A FAVOR DE UCRAÍNA

Como tristemente por todos é sabido, o conflito desatado no leste de Europa está a xerar millóns de refuxiados que necesitan da nosa solidaridade.

Tal e como se recolle no Comunicado emitido pola Xunta de Galicia xunto coas principais ONG con estrutura na zona, o recomendable é canalizar a axuda a través de doazóns económicas. (ligado tedes o documento cos medios para facelo)

Dende o centro puxémonos en contacto coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína) e comunicáronnos que seguen recollendo material de primeira necesidade que almacenan no almacén central de Santiago de Compostela na Cidade da Cultura.

Por este motivo o noso centro vai iniciar unha campaña de recollida.  Os cativos e cativas levarán a casa no día de hoxe unha nota informativa co que máis se precisa.

O recollido irase depositando nos lugares habilitados a tal fin nos edificios de infantil, primaria e secundaria.

DATA ENTREGA PRODUTOS:  A partir do luns 14 de marzo

LUGAR: Edificios de primaria e secundaria (canalizado a través dos conserxes)

TODOS SOMOS UCRAÍNA!!!

4 DE MARZO. DÍA MUNDIAL CONTRA A OBESIDADE

Co gallo da celebración do Día Mundial contra a Obesidade o CPI  Antonio Orza Couto sumouse á proposta realizada pola Fundación Gasol.

                                                    

Dentro destas actividades:

- Firmouse o manifesto TodoElMundoTieneQueActuar como mostra do noso apoio e compromiso coa saúde infantil.

- Colocouse nun espazo visible un mural feito polo alumnado con mensaxes saudables que fan referencia aos piares clave da saúde infantil.

- Creouse un lipdub que recolle todo este traballo.  Premede neste enlace para poder ver o video que fixemos 

NON É O PESO QUE PERDES, É A VIDA QUE GAÑAS.

Verónica de Bourg,

Nutricionista deportivo.

Especialista en obesidade.

CONCURSO "QUEN É ELA?" PARA CELEBRAR O 8M

Tagged:  

Celebramos este 8 de marzo visibilizando a mulleres que destacan en todo tipo de ámbitos. 

Mira as descricións que hai colgadas diante da biblioteca de Secundaria e intenta unilas coas imaxes e os nomes que tedes polos corredores para descubrir quen se agocha tras cada descrición.

Pide a túa plantilla na biblioteca e despois de cubrila entrégalla á persoa que estea de garda na biblioteca. 

Tedes ata o xoves 10 de marzo e os tres primeiros terán premio, así que apurade! 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Tagged:  
08.03.2022
Europe/Madrid

     O 8 de marzo é unha data sinalada para visualizar a desigualdade de xénero que, por desgraza, aínda existe na actualidade. Tamén é unha boa ocasión para reivindicar a loita pola igualdade efectiva de dereitos para as mulleres en tódolos ámbitos.

     Os equipos de dinamización do noso centro súmanse a esta reivindicación organizando diversas actividades que permitan concienciar ao noso alumnado sobre este tema.

     "Feminista é toda persoa que recoñece a igualdade e a plena humanidade de mulleres e homes" (Gloria Steinem, xornalista e escritora estadounidense)

22º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA. CONCELLO DE VEDRA

O Departamento de cultura de Vedra vén de publicar a Acta de resolución do 22º concurso de pintura infantil da Camelia no que unha alumna do noso centro, Alexia Teixeira Iglesias,  gañou o terceiro premio na categoría de 3 a 6 anos.

Aquí tedes o debuxo premiado

Parabéns Alexia!!!

ENTROIDO 2022

Tagged:  
25.02.2022
Europe/Madrid

O venres 25 de febreiro festexamos o Entroido no noso CPI!!

En Infantil e Primaria os disfraces peregrinaron polo centro e a troula estivo asegurada.

En Secundaria recuperamos o tradicional Festival, que se celebrou nas dúas últimas sesións da mañá; foi unha boa ocasión para que o noso alumnado puidese mostrar a súa creatividade e as súas dotes artísticas. 

Velaquí tedes o vídeo para que gocedes duns momentos alegres e divertidos!

VÍDEO

DÍA DE ROSALÍA

Tagged:  

Desde a biblio queremos celebrar o Día de Rosalía como se merece. Mirade que decoración tan fabulosa na sección de Infantil e Primaria!

 








En Secundaria tamén temos unha decoración especial e uns poemas creados polo alumnado baseados na obra de Rosalía. 

 
Pasade a descubrilos!
 







DÍA DOS NAMORADOS

Ainda que cun pouco de retraso, querémosvos facer partícipes da xornada de exaltación da amizade que vivimos o pasado 14 de febreiro, día dos namorados.

Unhas marabillosas carteiras (grazas Uxía e María por prestarvos a todo) repartiron as cartas que durante a semana previa todos os membros do centro tivemos a posibilidade de depositar no buzón da amizade habilitado no edificio de secundaria, para adicar unhas verbas a aquela persoa que consideramos especial.

Un gran día!!!

"Nunca por riba de ti, nunca por debaixo de tí, sempre ao teu carón"

                                    Walter Winchell       

          

añldkfjalkdjfñlaksdjfñlkadsjflñakalkdfkhdfñlakdjfñlakjsdflka

ja´gjáñlkjgáfkjgájfgáñlkjdf                                         dfñlakjdfñlkajdflkjadlfkjalkdjfalkjdflkajsdflñkajflñkadsjfñla             

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

Á hora de xerar unha educación afectivo sexual recollemos valores de moitos escearios da nosa vida, entre eles a escola.

A educación afectivo sexual representa un pilar básico na educación dos xóvenes formando parte da súa formación integral.

Por iso, dende o centro queremos pór o noso grao de area organizando, dentro do Plan de acción titorial,  obradoiros destinados á educación secundaria impartidos en 2 sesións dunha hora cada unha.

DATAS

3º e 4º de ESO: Venres 11 e 18 de febreiro de 2022

1º e 2º de ESO: mércores 16 e 23 de febreiro de 2022

Serán impartidos polos psicólogos:

Belén Montesa Lou

Juan Carlos Permuy Bermúdez

O CPI NO PROGRAMA BOS DÍAS DA TVG

Entrevista del programa "Bos Días" en Televisión de Galicia al director de  la Fundación Traslatio — Fundación Traslatio Estimadas familias:

Hoxe tivemos a visita da TVG para facer unha reportaxe sobre o uso da máscara nos centros educativos. No seguinte enlace podedes ver a intervención no programa Bos días. 

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-9-00-5515745?t=1845 

30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Tagged:  
28.01.2022
Europe/Madrid

   O venres 28 de xaneiro levamos a cabo diversas actividades para conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz, entre as que destacamos as seguintes:

  • Murais en Primaria e Secundaria.
  • Cadea de favores.
  • Coreografía conxunta.

 Velaquí un pequeno vídeo que resume esta conmemoración.

     Por un Mundo máis xusto e harmonioso!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013