Iniciar sesión: Acceso

BECAS MEC ALUMNADO CON NEE 2020-2021

O prazo para a solicitude das becas vai dende o 09 de Agosto ata o 30 DE SETEMBRO, así que aínda temos tempo!!!!

Se queres saber se tes dereito, ou a cuantía que che poden asignar,  preme neste enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 Para poder ver toda a información deixamosche aquí a información, premendo neste enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

 

En SETEMBRO DENDE A ESCOLA AXUDÁMOSVOS A CUBRILAS E DEMAIS!!!

 

LIBROS DE TEXTO 20-21

07/08/2020 00:31
Europe/Madrid

FONDO SOLIDARIO (3º, 4º, 5º e 6º), AXUDAS PARA LIBROS (1º e 2º) e AXUDAS MATERIAL ESCOLAR (todos os cursos).

22/05/2020 15:43
Europe/Madrid

FONDO DE LIBROS:

a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto como máximo.

b) Renda per cápita familiar entre 6.000 € e 10.000 €: 4 libros de texto.

AXUDAS LIBROS:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

AXUDA PARA MATERIAL 

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 50 €.

O prazo para presentar as solicitudes vai dende o día 20 de Maio até o día 19 de Xuño de 2020 incluído.

O formulario de solicitude pode recollerse na escola de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 h. ou no portal educativo en http://www.edu.xunta.gal.

Se non pode ser nese horario poñerse en contacto coa Dirección

Pode presentarse tamén na escola ou por via telemática na sede electrónica da xunta en https://sede.xunta.gal

Para mais información       http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS.

06/05/2020 19:08
Europe/Madrid

 

 A presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, comezará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

  Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

 ● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 ● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

 HORARIO:    10:00 a 14:00 horas.

 Se non é posible neste horario pórse en contacto coa Dirección.

 

 

 

RECURSOS VARIOS

24/03/2020 00:50
Europe/Madrid

Ningúen é experto en resolución de situacións como estas pero sabemos que temos boas intencións, sobre todo a de axudar a pasar o tempo dunha forma cando menos que sirva para " aprender", por iso preparamos esta páxina que recolle recursos para as familias, para o alumnado de infantil, primaria e tamén para aqueles nenos e nenas que teñen máis dificultades, algúns videos para as familias (que pretende substituir a "escola de familia" ) e tamén uns cortos de valores e de mellora da convivencia que vos permitan reflexionar xuntos.
Dende o Claustro do CEP PILAR MAESTÚ SIERRA , achegamos esta páxina de recursos:

https://sites.google.com/view/orientasilviapobra-do/

 

2º PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS - XUNTA DE GALICIA

02/03/2020 13:51
Europe/Madrid

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, no que obtivemos o 2º PREMIO.

"A Consellería de Educación instaurou este Premio como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes", tal e como se recolle na páxina www.edu.xunta.gal.

A nosa memoria recollía 11 accións que se levaron a cabo no curso 18-19, grazas a un EQUIPO DOCENTE EXCEPCIONAL (aínda sendo certo que algunhas delas teñen unha traxectoria importante), onde a colaboración foi o eixo que sostivo este proxecto.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/a-pobra-do-caraminal/2020/02/28/xunta-premia-colegio-pobrense-pilar-maestu-proyecto-sobre-educacion-inclusiva/00031582899320641742305.htm?fbclid=IwAR3_mU-tfLC_UzCkisykXmEaD_3CTdJQEhW_QlKHTgu7NwqhO5Kets8JnZk#

 

 

 

SEGUNDO ACERCAMENTO Á APRENDIZAXE CON NAO

06/02/2020 19:09
Europe/Madrid

Hoxe tivemos na escola o segundo acercamento á aprendizaxe con NAO. Sen dúbida, a motivación aumenta cando traballamos con recursos como estes. De momento so foi como un xogo, un acercamento paulatino, xa que @s mestr@s aínda temos moito que aprender.

NAO pode ofrecernos xogos de mímica, xogos para practicar o inglés por exemplo, ou tamén podemos ir aprendendo a nomear emocións...., pero o que máis chamou a atención ás nenas e nenos foi que XA APRENDEU A FALAR GALEGO!!!!

SEGUIREMOS APRENDENDO.... GRAZAS NOE, GRAZAS ANPA POR ESTA OPORTUNIDADE!!!

 

.

IX CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

06/02/2020 16:37
06/02/2020 16:37
Europe/Madrid

Xa van nove anos do primeiro CERTAME LITERARIO ESTHER DOURADO, unha das actividades que se mantén na escola dende hai este tempo, por iso ;

O CEP Pilar Maestú Sierra co obxecto de fomentar a creación literaria entre as nenas e os nenos d’A Pobra, organiza o IX Certame Literario “Esther Dourado” nas modalidades de DEBUXO e NARRACIÓN. Con esta denominación preténdese salientar a figura desta mestra, amante da lectura e da literatura, que adicou 22 anos da súa vida a formar a distintas xeracións deste centro.

2.- Poderá concorrer o alumnado dos centros de educación infantil e primaria do Concello d’A Pobra, así como o ex-alumnado do noso centro que curse ESO en calquera centro.

3.- As obras estarán escritas en lingua galega, serán inéditas e de tema libre. 

4.- Cada participante poderá presentar un único traballo.

5.- Categorías e modalidades

 

 

DEBUXO(poderá levar un breve texto):

 

       CATEGORÍA A: ALUMNADO DE INFANTIL

 Modalidade  debuxo: tamaño  máximo  DIN  A4  ou similar,  calquera técnica.

 

NARRATIVA:

 

CATEGORÍA B: 1º E 2º DE PRIMARIA

Modalidade conto: máximo 2 folios. Pode levar ilustracións.

 

      CATEGORÍA C: 3º E 4º DE PRIMARIA

      Modalidade conto: máximo 3 folios.

 

CATEGORÍA D: 5º E 6º DE PRIMARIA

Modalidade conto: máximo 5 folios.

 

       CATEGORÍA E: 1º,2º, 3º, 4º DE ESO 

       Modalidade relato: máximo 10 folios

 

SE QUERES ACCEDER ÁS BASES DO CERTAME PINCHA NA IMAXE

CURSO V.E.C. - NIVEL 1 -LIDERADO INTRAPERSOAL

28/01/2020 13:32
Europe/Madrid

Hoxe día 28-01-2020 comeza o prazo para inscribirse no curso V.EC - de Intelixencia emocional para profesorado e familias que ten como finalidade e a formación no nivel 1 acadando o certificado oficial de VEC.

Este curso está organizado por CEP Pilar Maestú Sierra, ANPA Cadreche e Emotional Network (Roberto Aguado Romo), e subvencionado parte do seu costo pola Deputación da Coruña.

Se pinchas na imaxe podes atopar toda a información que precisas para inscribirte:

 

Se pinchas no seguinte enlace  poderás acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSceZKGQhwZANuDNgBLPXFgan5L-Ll2DVVNiM312UAbbgPONXA/viewform?usp=sf_link

 

PRAZAS LIMITADAS!!!!!

 

 

 

 

COÑÉCEMOS A NAO

28/01/2020 11:44
Europe/Madrid

O día 22 de Xaneiro na escola foi un día ben especial. Coñecemos por fin a NAO, un robot que nos fará aprender dunha forma máis agradable pero tamén pdoeremos aprender a programar un robot.... Queda moito por aprender!!!

A Voz de Galicia fixo unha reportaxe no noso cole ese día. Aquí queda o enlace á mesma:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/01/24/nuevo-alumno-c...

 Tamén a COPE se fai eco da noticia:

https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticia...

 

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930