Iniciar sesión: Acceso

LISTAS DE ADMITIDOS FONDOLIBROS E VALES 22-23

Acaban de publicarse as listaxes  PROVISIONAIS de admitidos  para os préstamos de libros de texto, que no curso 22-23 so haberá nos cursos de 3º e 4º de Ed Prim., por ter solicitado e concedido para 5º e 6º de E.P. o EDIXGAL ( libros dixitais e ordenadores proporcionados pola Consellería).

Está publicada tamén a lista dos vales de material para todos os cursos e o vale de libros para 1º e 2º de Ed. Primaria.

 

Podedes consultar estas listas:

1.-Na aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), no apartado CIDADÁN, co DNI da persoa solicitante.

2.- No centro están expostas na porta da entrada. Para atoparse haberá que mirar as listas do curso d@ seu fill@, e o dni d@ solicitante (aparecen so os catro últimos díxitos e a letra)

 

As posibles reclamacións deberán facerse até o luns. Estaremos todos os días de 10:00 a 14:00 e pola tarde este xoves e o luns de 17:00 a 20:00

VIII SEMANA DA ORIENTACIÓN

ASÍ DESFRUTAMOS A IV ROMARÍA!!!

Se fas click na imaxe poderás ver o que desfrutamos dun día de Romaría na escola!!!

IV ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O MÉRCORES 18 DE MAIO DE 2022 , teremos na escola o celebración da IV ROMARIA das LETRAS GALEGAS.
Poderemos disfrutar de Obadoiros (Cociñando empanadillas para a Romaría, elaboración de colgantes de madeira, e baile galego). Teremos a actuación de PETER PUNK (https://charlatana.org/performer/peter-punk/) e disfrutaremos tamén coa realización de xogos populares, sen perdernos a merenda típica dunha romaría con rosquillas e .......

 

ADMISIÓN 2022


 

 

ENTERRO DO FELIPIÑO 2022

04/03/2022 21:37
Europe/Madrid

E hoxe 04 de marzo de 2022, vestímonos de loito para facer o enterro do Felipiño, que un ano máis nos deixa , despois de que poidamos ler o seu testamento. 

Se pinchades na imaxe podedes ver un vídeo do que vivimos no día de hoxe en CADRECHE!!!!

 

DÍA DE ROSALÍA

04/03/2022 21:28
Europe/Madrid

Tamén conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA. Hoxe o Concello fixo o sorteo para a  entrega dos agasallos aos nenos e nenas que participaron na actividade que propuxeron e que vos deixamos as imaxes do mesmo.

A celebración deste día culminará coa visita á casa de Rosalía en PAdrón , o vindeiro martes día 08 de marzo de 2022, da que agardamos desfrutar e aprender un montón.

 

ENTROIDO 2022

02/03/2022 00:07
Europe/Madrid

Asi celebramos este Entroido 2022 @s cadrechiñ@s. A verdade é que o pasamos ben e botamos de menos celébralo coas nosas familias. Deixámosvos ao final un vídeo como mostra do que nos divertimos!!!

 

Video:

 

X CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

14/02/2022 10:05
Europe/Madrid

Un ano máis e xa van 10 dende que escomezamos a desenvolver na escola o CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO".

Este ano quixemos abrir este certame á participación das familias. Así que agardamos contar con vós.

Para consultar as bases do mesmo, pincha AQUÍ.

ASÍ DESPEDIMOS O 2021 E RECIBIMOS O 2022!!!

Así despedimos o 2021 na escola, con algunhas ausencias por diferentes motivos, pero realizando actividades dentro do que a situación permitiu. 

Uns obradoiros: elaboración dun adorno para a árbore de nadal, bailamos e tamén un xogo de retos.

Despois ás doce saímos ao patio e comemos as uvas coas correspondentes campanadas e disfrutamos do baile dos de 1º curso. Tocaba xa comer o chocolate con churros para seguir disfrutando da festa. Faltaba o mellor, Papá Noel grazas a sempre excepcipnal colaboración da ANPA agasallou a cada nen@ cunha bolsa chea de cousas entre elas un libro.

Pasámolo moi ben e despedimos o 2021 co desexo de que o 2022 sexa un ano cheo de ILUSIÓN , ESFORZO, SOLIDARIEDADE E TRABALLO CONXUNTO!!!

Se pinchades na imaxe podedes ver un resumo da festa d@s CADRECHIÑ@S!!!

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930