Iniciar sesión: Acceso

IX CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

04/03/2021 00:34
Europe/Madrid

Xa van  DEZ anos do primeiro CERTAME LITERARIO ESTHER DOURADO, unha das actividades que se mantén na escola dende hai este tempo, aínda que pola situación de confinamento do curso pasado, non puideramos celebralo, así que....

ANÍMATE E PARTICIPA!!

Se queres consultar as bases pincha aquí

 

ADMISIÓN 2021-2022

*As solicitudes presentaránse na aplicación

                               edu.xunta.gal/admisionalumnado,  na Sede Electrónica  ou de maneira presencial no propio centro. Se queres podes descargar aquí o documento e cubrilo.

 

* Horario para a presentación de solicitudes

                              De Luns a Venres de 16’30 a 19’30 h. 

 

* Prazo: Do 1 ao 22 de marzo 

* As solicitudes serán resoltas polo consello escolar

* Aquelas solicitudes que non veñan acompañadas polos documentos abaixo citados poderán ser denegadas.

As listaxes provisionais de alumn@s admitid@s expoñeránse antes do día 25 de abril.

* As posibles reclamacións faránse na Dirección do Centro no mesmo horario anterior até o día 5 de Maio.

* Dende  o día 15 de maio expoñeránse as listaxes definitivas.

* A formalización da matrícula farase entre o 20 e o 30 de Xuño.

* Garantízase un posto escolar a tod@s @s alumn@s.

 

 

O ENTERRO DO FELIPIÑO 2021

Cando o tempo deu unha tregua, e saiu o sol, pensamos que xa podíamos enterrar como cada ano ao noso FELIPIÑO.

DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DO DÍA E MAIS UN VÍDEO.

Se pinchades nesta imaxe poderedes ver unha selección de fotos do día de onte.

Pincha na imaxe de abaixo para ver un vídeo do día!!!

 

PODES VER O NOSO DESFILE DE ENTROIDO. PASÁMOLO XENIAL!!!

SE QUERES VER UN VÍDEO DO NOSO DESFILE DE ENTROIDO PINCHA NA IMAXE!!!

E FÓMONOS DE ENTROIDO!!!!

13/02/2021 20:15
Europe/Madrid

E nada mellor que sacar a fora os nosos SUPERPODERES neste ano en que somos auténticos SUPERHÉROES E SUPERHEROÍNAS.

6º curso- SUPERPODER: CONTRA A VIOLENCIA E PARA A TOLERANCIA

5º curso- SUPERPODER: CONTRA O RACISMO

4º curso- SUPERPODER: CONTRA O MALTRATO ANIMAL

3º curso- SUPERPODER: CONTRA A COVID-19

 

 2º CURSO- SUPERPODER: CONTRA A POBREZA

1º CURSO- SUPERPODER: POLA AMIZADE

 

E COMO NON @S NEN@S QUE NON PODÍAN ESTAR NA ESCOLA TAMÉN TIVERON OS SEUS DISFRACES, E COMPARTIMOS ANACOS CON ELES POR VIDEOCONFERENCIA!!!! 

 

 

DÍA DE CASTELAO 2021

02/02/2021 14:01
Europe/Madrid

MIRA QUE ACTIVIDADE TAN BONITA FIXEMOS PARA CELEBRAR O DÍA DE CASTELAO!!!!

ASI DESPEDIMOS O 2020 EN CADRECHE!!!!

02/02/2021 10:35
Europe/Madrid

Para despedir o ano 2020, neste momento tan diferentes fixémolo a través de panxoliñas que anteriormente interpretaron as nenas e nenos da escola , así como un pasapalabra  (actividades que compartimos cos maiores da Residencia da Pobra). Deixamosvos aquí os excelentes traballos realizados:

 

 

E como non podía ser doutro xeito ao son dunhas badaladas moi especiais, celebramos o noso particular FIN DE ANO!!!

COMEZAMOS O CURSO 20-21

Este curso que comezamos non é un curso habitual, e por iso quixemos comezalo tamén dun xeito pouco habitual, por iso NAO fixo a presentación a tod@s @s nen@s da escola.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/09/19/nuevo-profesor-robot/0003_202009B19C2994.htm

Deixamos unha mostra do recollido na noticia no  seguinte video :

CURSO AULA VIRTUAL FAMILIAS

Como ben informamos nas reunións que tivemos, este curso precisamos poñernos ao día no funcionamento da AULA VIRTUAL. 

Sabemos que no curso pasado todas e todos fixemos grandes esforzos por formarnos e traballar , con algúns atrancos e dificultades pero con moito ESFORZO por parte de tod@s.

Agora toca aprender a usalo dunha forma máis eficiente e na que tentamos evitar as desigualdades que poden xurdir do descoñecemento ou da falta de recursos, por iso ORGANIZAMOS DENDE A ESCOLA  esta formación para TODAS AQUELAS FAMILIAS interesadas en aprender contidos relacionados co funcionamento da AULA VIRTUAL ou mesmo como enviar e recibir correos, ou tamén a realización dunha videoconferencia. Todo isto dende a PRÁCTICA.

Para iso farasevos chegar o formulario que deixamos aquí para que vos anotedes. ANIMADEVOS!!!!!!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfP-AEm0SWqnr4XynrDDZlWMjLzHsYxtXLIRy86HIPcdaZwRQ/viewform?usp=sf_link

 

ADAPTACIÓN PROTOCOLO COVID-19 PARA O CEP PILAR MAESTÚ SIERRA

08/09/2020 21:49
Europe/Madrid

O curso está a punto de comezar... e todo está case listo para emprender VOO nun momento cheo de incertidumes e de preocupacións pero con ILUSIÓN E  MOITA RESPONSABILIDADE. Estamos convencidos de que todo sairá ben. 

Presentamos e facemos público o noso Plan de Adaptación á COVID-19, despois de que fora presentado ás familias do centro en tres reunións presenciais exactamente iguais, pero onde estas puideron escoller o horario que mellor lles conviña , garantindo o aforo máximo permitido e coas medidas de seguridade e hixiene que eran necesarias. Temos que dar as GRAZAS  a toda a comunidade educativa polo altísimo nivel de participación que chegou ao 92%, o que permitiu responder a todas as cuestións plantexadas.

Ao longo destes días iremos colgando algunha infografía que permita ter un acercamento máis sinxelo ás medidas nas que tod@s somos partícipes.

O plan foi redactado polo Equipo Covid do centro coa participación de tres membros da directiva da ANPA.

VOEMOS XUNT@S!!!!

Preme na imaxe para poder leelo.

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930