Formación
OBRADOIROS POLOS CREATIVOS E INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
Enviado por admin o Xov, 04/07/2024 - 10:36NESTE CURSO fixemos un traballo colaborativo moi interesante, despois dunha análise de fortalezas do noso alumnado centrado nas intelixencias múltiples. Con isto desenvolvemos obradorios realizados como proxectos de traballo, que implementamos usando materiais diversos de POLOS CREATIVOS. SE PINCHAS NA IMAXE PODERÁS VER TODO O QUE FIXEMOS
COMEZAMOS O CURSO 20-21
Enviado por Anónimo o Dom, 20/09/2020 - 00:03Este curso que comezamos non é un curso habitual, e por iso quixemos comezalo tamén dun xeito pouco habitual, por iso NAO fixo a presentación a tod@s @s nen@s da escola.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/09/19/nuevo-profesor-robot/0003_202009B19C2994.htm
Deixamos unha mostra do recollido na noticia no seguinte video :
2º PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS - XUNTA DE GALICIA
Enviado por admin o Lun, 02/03/2020 - 14:09
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, no que obtivemos o 2º PREMIO.
"A Consellería de Educación instaurou este Premio como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes", tal e como se recolle na páxina www.edu.xunta.gal.
A nosa memoria recollía 11 accións que se levaron a cabo no curso 18-19, grazas a un EQUIPO DOCENTE EXCEPCIONAL (aínda sendo certo que algunhas delas teñen unha traxectoria importante), onde a colaboración foi o eixo que sostivo este proxecto.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/a-pobra-do-caraminal/2020/02/28/xunta-premia-colegio-pobrense-pilar-maestu-proyecto-sobre-educacion-inclusiva/00031582899320641742305.htm?fbclid=IwAR3_mU-tfLC_UzCkisykXmEaD_3CTdJQEhW_QlKHTgu7NwqhO5Kets8JnZk#
CURSO V.E.C. - NIVEL 1 -LIDERADO INTRAPERSOAL
Enviado por admin o Mar, 28/01/2020 - 13:51Hoxe día 28-01-2020 comeza o prazo para inscribirse no curso V.EC - de Intelixencia emocional para profesorado e familias que ten como finalidade e a formación no nivel 1 acadando o certificado oficial de VEC.
Este curso está organizado por CEP Pilar Maestú Sierra, ANPA Cadreche e Emotional Network (Roberto Aguado Romo), e subvencionado parte do seu costo pola Deputación da Coruña.
Se pinchas na imaxe podes atopar toda a información que precisas para inscribirte:
Se pinchas no seguinte enlace poderás acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
PRAZAS LIMITADAS!!!!!
ROBERTO AGUADO UNHA VEZ MÁIS!!
Enviado por admin o Ven, 10/01/2020 - 14:24De novo o vindeiro luns día 13 de XANEIRO DE 2020 teremos na nosa escola durante todo o día a Roberto Aguado Romo , para desenvolver coa comunidade educativa do CEP PILAR MAESTÚ un traballo conxunto de cara á atopar as ferramentas axeitadas a diferentes situacións particulares que inflúen directamente na aprendizaxe de nenas e nenos. En palabras de Roberto Aguado, ferramentas que permitan que unha nena ou un neno pase do "sufrimento" á satisfacción, porque en realidade "somos o que sentimos".
Pola mañá traballaremos con nenas e nenos do centro, coa finalidade de poderlles axudar de forma individual e posteriormente poder xeralizar estas aprendizaxes para axudar a outros nenos e nenas.
Pola tarde o profesorado da escola (de 17:00 a 19:30) teremos unha formación relacionada co anterior coa finalidade de adquirir estas estratexias.
E para rematar unha sesión con familias, que comezará ás 19:30, e será na BIblioteca do centro. Unha charla para familias de Cadreche e para aquelas que forman parte de Escola de Familia no presente curso académico.
ERES O QUE SINTES- ROBERTO AGUADO (FORMACIÓN PROFESORADO)
Enviado por admin o Dom, 24/11/2019 - 17:00O xoves día 21 de Novembro, tivemos a grande sorte de ter na escola a Roberto Aguado Romo, (http://robertoaguado.com) que ven de publicar o seu último libro "ERES LO QUE SIENTES". Pola mañá estivemos traballando con nenos e nenas da escola coa finalidade de poder axudarlles. Destas sesións de intervención, saimos profesorado e alumnado con "trucos" e estratexias para a mellora de nenas e nenos.
Pola tarde asistimos a unha sesión de formación de dúas horas e media de duración onde traballamos sobre o perfil do docente do Século XXI, baseado no traballo das emocións, aprendendo a recoñecer estas e buscando as alternativas para poder chegar a unha resposta ao alumnado que lle permita desenvolverse de forma eficaz.
Todo isto so foi posible grazas á colaboración de ANPA CADRECHE, a través dunha subvención coa Deputación de Coruña.
ROBERTO AGUADO CON NÓS DE NOVO!!!
Enviado por admin o Ven, 08/11/2019 - 11:09O día 21 de Novembro de 2019, estará de novo con nós ROBERTO AGUADO. Pola mañá traballará na escola con nós e pola tarde teremos dúas sesións que non dubidamos que serán ben proveitosas. Unha sesión con profesorado, aberta a mestras e mestres que queiran asistir, e outra sesión para familias aberta tamén a todas aquelas que desexen participar.
Dita actividade so é posible grazas a colaboración total de ANPA CADRECHE, financiada pola Deputación da Coruña.
NON VOLO PERDADES!!!!
INNOVANDO PARA INCLUÍR 18-19
Enviado por admin o Lun, 04/03/2019 - 00:05Neste curso no centro estamos a desenvolver formación relacionada con AUTISMO (TEA) E METODOLOXÍAS ACTIVAS DE APRENDIZAXE.
Nomeadamente realizamos formación con GEY LAGAR, de patios e parques dinámicos. https://patiosyparquesdinamicos.com/patios-dinamicos/index
Podedes ver algunha formación deste no seguinte enlace: 2033991643374896