Magosto
MAGOSTO 2010
Enviado por admin o Lun, 15/11/2010 - 23:41Outro ano máis celebramos o magosto. Primeiro a competición que ano a ano vai gañando adeptos: concurso de bailar buxainas. Por primeira vez houbo competición para adultos: pais, nais, profesores/as e algún avó demostraron a súa mestría na materia. Despois degustamos as castañas que amablemente asou José, o noso conserxe. Rematamos co tradicional tisnado de caras. FESTA RACHADA, que diríamos. Queremos dar as grazas ás familias por participar activamente nesta celebración.
MAGOSTO 2009
Enviado por admin o Mar, 24/11/2009 - 16:47O 17 de novembro celebramos o Magosto. Fixemos realidade o refrán "Polo San Martiño, trompos ao camiño", cunha competición onde o alumnado fixo bailar os seus trompos. Os que aguantaron máis tempo bailando obtuviron un enorme peón de regalo. Tras isto, a tradicional degustación de castañas (asadas como non por José) e o tisnado de caras. Grazas ás familias por asistiren!