Samaín
SAMAIN 2022
Enviado por admin o Dom, 30/10/2022 - 21:12CADRECHIÑ@S CELEBRANDO O SAMAIN!!!
Deoxámosvos un resumo do que foi a nosa festa de Samáin neste 2022, cun vídeo representativo (pincha na imaxe se queres velo):
Tamén desfrutamos de comidas terroríficas:
E esta foi a nosa exposición de cabazas, que un ano máis voltou a ser XENIAL. GRAZAS FAMILIAS POR TANTA AXUDA E TANTO TRABALLO. Se pinchas na imaxe podes ver a exposición.
SAMAIN 2021
Enviado por admin o Mér, 03/11/2021 - 01:15Un ano máis celebramos o Samaín. Así comezaba o día.....
AS nosas cabazas estaban moi bonitas, coa temática da Biblio deste ano: OS XOGOS DE MESA
Fixemos moitos xogos e entre eles un photocall animado do que vos deixamos mostras gráficas do ben que o pasamos.
SAMAÍN 2017-2018
Enviado por admin o Mar, 24/07/2018 - 10:33Neste curso tamén celebramos o Samaín, coa exposición de cabazas e o visionado dalgún conto de medo. Ao final da sesión quiemamos os nosos medos.
SAMAÍN 2010
Enviado por admin o Sáb, 06/11/2010 - 10:41O 2 de novembro celebramos o Samaín no colexio. As cabazas previamente decoradas polo alumnado, iluminaban a noite coas súas candeas. Na biblioteca asistimos a unha terrorífica sesión a cargo da profesora Teresa. Trala sesión, degustáronse unhas sobremesas que metían medo. Estas foran feitas polo alumnado do segundo ciclo, seguindo as instrucións das súas mestras.
samain-10 - presentacion imagenes
SAMAÍN 2010
Enviado por admin o Lun, 01/11/2010 - 18:04Mañá martes 2 de novembro celebraremos o Samaín no colexio. O alumnado trouxo as cabazas e decorounas. Fixemos unha exposición. Mañá ás 19:30 teremos acendido de cabazas e sesión de contacontos. Haberá degustación de comidas e bebidas terroríficas.
O Samaín. Celebrámolo cun druída.
Enviado por admin o Mar, 10/11/2009 - 17:07O mércores anterior ao día do Samaín, celebrámolo no colexio ás 8 da noite: acendemos cabazas con candeas na escuridade, un druída enfeitizounos e, para rematar, comemos e bebemos cousas terroríficas.