Enlaces
CONSELLO DO ALUMNADO 19-20
Enviado por admin o Dom, 24/11/2019 - 16:43O pasado mércores , día 20 de Novembro, con motivo da celebración do 30 aniversario da CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO, consituiuse na nosa escola o CONSELLO DO ALUMNADO. Esta iniciativa parte da proposta que dende APFRATO, e do libro "Manual de Guerrilla Urbana", de Francesco Tonucci, baseada nunha obra anterior titulada " A cidade dos nenos".
O Consello do Alumnado estará formado por un número limitado de nenas e nenos , neste caso 12 nenas e nenos de 1º a 6º de Primaria, de forma que todas e todos poden dar a súa opinión sobre os temas que se discutan. @s conselleir@s foron elexidos dentro da escola , permitindo que representen a todas as aulas e totalmente ao azar, para evitar así liderazgos predefinidos e que todas e todos teñan as mesmas oportunidades.
As nenas e nenos que neste curso forman parte do Consello do Alumnado, presidido pola Dirección do centro (Vicente Vázquez) son: