Paz
DÍA DA PAZ 2023
Enviado por admin o Xov, 02/02/2023 - 22:04Para conmemorar o día da PAZ ,escribimos os nosos compromisos de PAZ:
EN 1º comprometémonos a tratar as persoas con cariño
EN 2º A estar en calma para solucionar problemas sen dicir ou facer cousas que molesten e lastimen aos demais. Isto nos axudará a convivir mellor.
En 3º a promover o bo trato e a igualdade.
EN 4º a xogar con tod@s sen excluír pola apariencia física ou a forma de ser.
En 5º a ser optimistas. Non falar mal dos compañeir@s. Controlar os nsoos enfados. Non discriminar nin excluir a ninguén.
En 6º a respectar as decisións dos demais.
E como NINGUÉN É MAIS FORTE QUE TODOS XUNT@S, por iso rematamos cunha foto todos xuntos cantando APERTAS QUE VOAN!!
SE PECHAS OS OLLOS E PENSAS NA PALABRA "PAZ", QUE VES?
Enviado por admin o Xov, 04/03/2021 - 11:38Así conmemoramos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA na nosa escola , neste 2021.
Se pinchas na imaxe podes ver mellor a actividade que realizamos.
DÍA DA PAZ, 2017
Enviado por admin o Lun, 06/02/2017 - 18:53Para celebrar o Día da Paz, cada alumnado decorou un corazón para facer un gran mural coa totalidade destes. O propio día tivo lugar unha xuntanza onde o alumnado veu unha Prezi sobre a vida e pensamento de Gandhi, unha explicación sobre o problema do albinismo en África e unha exposición sobre o TEI a cargo do alumnado de 3º e 5º, participante en dito programa.
DÍA DA PAZ 2011
Enviado por admin o Xov, 03/02/2011 - 12:18O alumnado fixo pombas con mensaxes pacifistas e paxaros de papel. Colgáronse nunha árbore e do teito. Dende a Biblioteca fixeron unha exposición de libros con temática pacifista. Na aula de inglés fixeron unha pomba coas plumas con forma de mans, que incluían mensaxes.