Documentos
NOMEAMENTO TITOR@S T.E.I
Enviado por admin o Mér, 23/11/2022 - 21:15O luns día 21 de Novembro de 2022, fixemos de forma oficial o nomeamento d@s titor@s TEI. O alumnado de quinto titoriza ao alumnado de terceiro de Ed. primaria.
Non podemos deixar de agradecer de forma sincera a participación de Xosé Lois como Alcalde da Pobra do Caramiñal, xerando no alumnado moita admiración e mesmo puidemos cumplir o obxectivo de darlle o valor que ten o programa para a mellora da convivencia no centro.
PREVIR E RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA QUE SE PRODUZAN É O TRABALLO QUE SEGUIREMOS DESENVOLVENDO!!!
VII SEMANA DA ORIENTACIÓN
Enviado por admin o Dom, 23/05/2021 - 00:51Por SÉTIMO ano consecutivo, dende o Departamento de Orientación, e en colaboración co resto do profesorado e familias, celebramos a VII Semana da Orientación, con actividades dirixidas aos nenos e nenas da escola, para contribuir á sensibilización e concienciación de que somos diferentes, en definitiva, de que todas e todos somos capaces.
Neste ano o tema central son as Intelixencias Múltiples e as diferentes capacidades que cadaquén pode posuír. Para iso coñeceremos persoas relevantes, así como personaxes de debuxos animados, que tendo algunha dificultade souberon atopar aquilo no que son realmente bos.
Disfrutaremos das aprendizaxes que cada ano nos traen Asociacións do entorno, nesta ocasión contaremos coa colaboración de COGAMI, e como non cunha videoconferencia con ALEX VIDAL, campeón paralímpico de takewondo e que participará nos Xogos paralímpicos de Tokio.
GRAZAS A TODAS E TODOS @S QUE
O FACEDES POSIBLE!!!
ESCOLA DE FAMILIA 20-21
Enviado por admin o Mar, 02/02/2021 - 14:14BECAS MEC ALUMNADO CON NEE 2020-2021
Enviado por admin o Sáb, 15/08/2020 - 22:18O prazo para a solicitude das becas vai dende o 09 de Agosto ata o 30 DE SETEMBRO, así que aínda temos tempo!!!!
Se queres saber se tes dereito, ou a cuantía que che poden asignar, preme neste enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Para poder ver toda a información deixamosche aquí a información, premendo neste enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html
En SETEMBRO DENDE A ESCOLA AXUDÁMOSVOS A CUBRILAS E DEMAIS!!!
ROBERTO AGUADO CON NÓS DE NOVO!!!
Enviado por admin o Ven, 08/11/2019 - 11:09O día 21 de Novembro de 2019, estará de novo con nós ROBERTO AGUADO. Pola mañá traballará na escola con nós e pola tarde teremos dúas sesións que non dubidamos que serán ben proveitosas. Unha sesión con profesorado, aberta a mestras e mestres que queiran asistir, e outra sesión para familias aberta tamén a todas aquelas que desexen participar.
Dita actividade so é posible grazas a colaboración total de ANPA CADRECHE, financiada pola Deputación da Coruña.
NON VOLO PERDADES!!!!
RESUMO VI SEMANA DA ORIENTACIÓN
Enviado por admin o Mar, 28/05/2019 - 22:11Acabamos de rematar a VI Semana da Orientación na escola que tivo como finalidade traballar a IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES, e interrelacionado co traballo das INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.
Podedes ver un resumo do que foi pinchando no seguinte enlace:
CON XEITO, DIVERSIDADE NO ARTE!! - COLABORACIÓN CON ÁMBAR
Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 10:39O xoves. 07 de Marzo, recibimos a varios membros da Asociación ÁMbar cos que realizamos un TOTEM e unha escultura. Esta actividade que levaba por título "CON XEITO, DIVERSIDADE NO ARTE", foi desenvolvida en PORTO DO SON, con motivo da conmemoración do Dïa da DIVERSIDADE. Nela participamos todos os nenos e nenas da escola así como o profesorado, en colaboración cos artistas da Asociación, persoas con diversidade funcional. Visitamos a exposición coas súas obras e despois realizamos a actividade.