VII SEMANA DA ORIENTACIÓN
Por SÉTIMO ano consecutivo, dende o Departamento de Orientación, e en colaboración co resto do profesorado e familias, celebramos a VII Semana da Orientación, con actividades dirixidas aos nenos e nenas da escola, para contribuir á sensibilización e concienciación de que somos diferentes, en definitiva, de que todas e todos somos capaces.
Neste ano o tema central son as Intelixencias Múltiples e as diferentes capacidades que cadaquén pode posuír. Para iso coñeceremos persoas relevantes, así como personaxes de debuxos animados, que tendo algunha dificultade souberon atopar aquilo no que son realmente bos.
Disfrutaremos das aprendizaxes que cada ano nos traen Asociacións do entorno, nesta ocasión contaremos coa colaboración de COGAMI, e como non cunha videoconferencia con ALEX VIDAL, campeón paralímpico de takewondo e que participará nos Xogos paralímpicos de Tokio.
GRAZAS A TODAS E TODOS @S QUE
O FACEDES POSIBLE!!!