ADAPTACIÓN PROTOCOLO COVID-19 PARA O CEP PILAR MAESTÚ SIERRA
O curso está a punto de comezar... e todo está case listo para emprender VOO nun momento cheo de incertidumes e de preocupacións pero con ILUSIÓN E MOITA RESPONSABILIDADE. Estamos convencidos de que todo sairá ben.
Presentamos e facemos público o noso Plan de Adaptación á COVID-19, despois de que fora presentado ás familias do centro en tres reunións presenciais exactamente iguais, pero onde estas puideron escoller o horario que mellor lles conviña , garantindo o aforo máximo permitido e coas medidas de seguridade e hixiene que eran necesarias. Temos que dar as GRAZAS a toda a comunidade educativa polo altísimo nivel de participación que chegou ao 92%, o que permitiu responder a todas as cuestións plantexadas.
Ao longo destes días iremos colgando algunha infografía que permita ter un acercamento máis sinxelo ás medidas nas que tod@s somos partícipes.
O plan foi redactado polo Equipo Covid do centro coa participación de tres membros da directiva da ANPA.
VOEMOS XUNT@S!!!!
Preme na imaxe para poder leelo.