FONDO SOLIDARIO (3º, 4º, 5º e 6º), AXUDAS PARA LIBROS (1º e 2º) e AXUDAS MATERIAL ESCOLAR (todos os cursos).
FONDO DE LIBROS:
a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto como máximo.
b) Renda per cápita familiar entre 6.000 € e 10.000 €: 4 libros de texto.
AXUDAS LIBROS:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.
2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.
AXUDA PARA MATERIAL
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 50 €.
O prazo para presentar as solicitudes vai dende o día 20 de Maio até o día 19 de Xuño de 2020 incluído.
O formulario de solicitude pode recollerse na escola de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 h. ou no portal educativo en http://www.edu.xunta.gal.
Se non pode ser nese horario poñerse en contacto coa Dirección
Pode presentarse tamén na escola ou por via telemática na sede electrónica da xunta en https://sede.xunta.gal
Para mais información http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065