ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24
Solicitude de Reserva
Novas:
No taboleiro de secretaría, pódese consultar:
* Todo o alumnado que fixo reserva de praza no CEP Plurilingüe Pedro Caselles, está admitido.
Tendes a relación de alumnado do CRA Mestre Manuel Garcés que solicitou reserva de praza no taboleiro de secretaria do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán.
* Relación de alumnado do noso centro que solicitou reserva de praza no IES Antón Alonso Ríos (Tomiño).
do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023
O 16 de xaneiro comeza o proceso para escoller centro educativo para o curso 2023/24.
Este proceso poderase seguir nesta páxina, que iremos modificando conforme avance o calendario.
A aplicación admisionalumnado permitirá realizar distintas actuacións relacionadas co proceso, e tamén nela hai axudas para resolver dúbidas.
O primeiro paso: reserva no centro de adscrición
Os alumnos e alumnas do noso centro que rematan curso este ano (os de 6º), deberán confirmar, se o desexan, a reserva no seu centro de adscrición: o IES Antón Alonso Ríos. Isto garantizaralles a praza por pleno dereito nese centro.
Para iso debedes cubrir o documento de reserva, que poderedes facelo por tres métodos, tal como se explica nesa páxina, e presentar no noso colexio (non tedes que ir ao IES Antón Alonso a solicitalo). O prazo para realizar este procedemento comeza o día 16de xaneiro e remata o 6 de febreiro.
Modelo de reserva de praza
Que ocurre se non fago a reserva?
Posteriormente poderei solicitar praza nese centro, pero xa terei que presentala alí, e a adxudicación de praza dependerá das vacantes disponibles.
E para o resto do alumnado, se non quero cambiar de centro, teño que facer reserva?
Non. Se o voso fillo ou filla vai continuar no CEP P. Pedro Caselles, non tedes que facer nada, a renovación é automática.
Solicitude de admisión
Do 1 ao 20 de marzo de 2023
Cando podo facer o proceso de Admisión? Do 1 ao 20 de marzo
Quen pode facelo? Quen non fixo reserva de praza noutro centro.
Modelo de solicitude de admisión
Normativa legal de referencia:
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.